jueves, 29 de enero de 2009

Presentación da candidatura do PSdeG-PSOE de Ourense


Hoxe tocounos/as os membros (e membras) da candidatura do PSdeG-PSOE de Ourense presentarnos todos xuntiños ante os/as xornalistas para que nos fixeran a típica foto de familia. E ahí nos vedes na imaxe atendendo ós medios de comunicación.

Hai uns días xa vos adiantaba quenes iamos formar parte da candidatura socialista pola provincia de Ourense, hoxe voulle poñer cara a todos eses nombres que compoñemos ese equipo.



Na fila de arriba, e de esquerda a dereita: Miguel Solla, Teté Taboada, Mari Carmen Álvarez Sierra, Amancio Díaz, Alva Dorado, Mariló Cubillo, Sandra Álvarez, Juan Quintas e Pepa García, ademias falta por ahí Alfonso Vilachá, que non sei porque non saiu na segunda foto, pero na primeira podédelo ver o segundo pola dereita na fila de arriba.

Na fila de abaixo, e de esquerda a dereita: Eladio Osorio Montenegro (eu), Esperanza Fernández Soto, María Quintas, Pablo López, Pachi Vázquez, Laura Seara, Macu Acuña, Juan Carlos Francisco e Diego Álvarez.

Agora tócavos falar a vós o día 1 de marzo.


Trinta e tres porteiros para dúas portas

Hoxe podedes ver en calquera medio de comunicación a rolda de prensa que organizou onte o Grupo Socialista da deputación de Ourense denunciando as prácticas nespóticas e clientelares das que fai gala José Luis Baltar, presidente do PP de Ourense e da Deputación.

En só dous anos foi quen de contartar na Deputación a 560 persoas, a maiores dos 800 funcionarios e laborais fixo que xa traballan na entidade provincial.

Dase a casualidade de que a gran maioría de traballadores ten vínculos directos co PP: alcaldes, concelleiros, fillos, maridos, esposas, cuñados, noras, sogros, axentes electorais, etc... todo un entramado caciquil para tratar de perdurar ó longo dos anos á fronte da Deputación de Ourense.

Pero hai casos que case dan a risa, como o de Baltar tivo en nómina entre 2007 e 2008 a 33 porteiros para atender o Centro Cultural Simeón que só dispón de dúas portas. Outro caso curioso é que no Teatro Principal que é famoso pola súa minguada programación cultural haxa traballando 16 limpadores/as a maiores dos fixos.

Mentres esto sucede, Núñez Feijóo e Rajoy paseanse pola provincia da súa man. E como di o refrán o que cala, outorga.

Tamén son cómplices todos aqueles deputados/as que pleno tras pleno levantan a man ó son do que diga o sheriff do Partido Popular de Ourense

martes, 27 de enero de 2009

¿Quen é o candidato do PP á Xunta de Galicia?

Necesito axuda, estou feito un lío, xa non sei quen é o candidato do PP á Presidencia da Xunta de Galicia. Pero, ¿a Fraga non o xubilaran?
De verdade, non entendo nada. O PP anunciara a bombo e platillo unha campaña na que o seu axente 009, o encargado de recargarse Galicia ía ser o único protagonista, pero xa vedes, volven a sacra ó Fragasaurio do armario.
Agora nos carteis dos autobuses arxentinos (fotografía tomada "prestada" do blog de Blas García) lucen xuntos o que se cargou Galicia e o que a quere recargar.
Xa vedes, no PP todo son aires de modernidadee aposta polo futuro do noso País, un partido político comprometido coa nosa terra e a xente nova.

lunes, 26 de enero de 2009

Perdendo a "virxinidade"

Eeehhhh, eeehhhh, non asustarse, que non vou agora a comezar a facer pornopost.  O caso é que ocorreuseme que podía ser o mellor título para poñerlle a esta entrada.

Estes días facemos como a orquesta Paris de Noia recorrendo todos os concellos da provincia con mítines, reunións, etc... O pasado martes andivemos por Cortegada. Alá falou o noso cabeza de candidatura e Conselleiro de Medio Ambiente "Pachi" Vázquez, o alcalde, Avelino e un bo amigo e compañeiro, Diego.

Diego é concelleiro en Cortegada e desta vez foi elexido polo PSOE para ir no posto número 10 da candidatura socialista pola nosa provincia. Ese día tocoulle a dura labor de ter que abrir o mitin, e era a súa primeira vez.

A min recordoume a primeira vez que me tuven que poñer diante dun micro e falarlle os/as meus veciños, e as veces que teño visto a outras persoas, con maior ou menor éxito.

O caso é que non quería desaproveitar esta ocasión para adicarlle un post á perda da "virxinidade" mitineira de Diego.


jueves, 22 de enero de 2009

Espías & Detectives do PP S.L.

Remata a edición número 10 de Gran Hermano en Telecinco, pero que non se preocupen os/as siareiros/as deste "realiti-chou", xa acaba de anunciar que a Comunidade de Madrid se fai cargo da edición número 11.
E así Esperanza Aguirre, a través do seu Conselleiro de Interior, Francisco Granados, xa anunciou que eles corren con todos os gastos das cámaras ocultas e demais trebellos que fagan falla para ter vixiados ós/ás concursantes.

Parece ser que como eles son os que montan este novo programa invitarán ós concursantes que queiran, e sorpresa... van convidar a membros da Comuninade de Madrid, Concello de Madrid, Caja Madrid, etc...

E agora xa en clave máis seria dicir que este equipo a lo Mortadelo e Filemón montado por membros do Partido Popular madrileño é un vértice máis desa guerra fraticida que están a levar a cabo os dirixentes da dereita española na Comunidade de Madrid.

É escandaloso que tanto Aguirre como Rajoy non tomaran xa cartas no asunto para destituir do seu cargo ou expulsar do PP ós implicados na trama.

No caso de Esperanza Aguirre todo apunta a que ela algunha cousiña debía saber cando respalda ó principal sospeitoso deste caso de espionaxe. No que respecta a Rajoy, este parece actuar coma sempre, escondendo a cabeza e mirando cara outro lado mentres no seu partido se pasan a coitela uns ós/ás outros/as.

Si esto o chega a facer outro partido político quen vería ós do PP.
Viñeta de Leandro para La Voz de Galicia


miércoles, 21 de enero de 2009

Satisfación total coa candidatura do PP



Teño que confesar que nunca estivera tan contento ó saber dunha candidatura do PP. A verdade é que eu estou tremendamente satisfeito co equipo (¿?) que acaba de construir non sei quen.

E digo non sei quen, porque esta lista está feita por varios. Núnez Feijóo mete algúns del en contra do criterio de Baltar, baltar mete a outros en contra de Núñez, incluso Bermello tamén coloca a algunha, e por riba de todos poñen a un extraterrestre que nin é de Ourense nin vive en Ourense. pero todo esto dá igual, Luis Carrera, o número un deste equipazo xa dixo que el ía a facer política en Ourense desde Vigo e por internet.

A calquera ourensano/a se lle pode falar dos cabeza de lista do PSdeG ou do BNG, porque practicamente son coñecidos por todos/as. Pero este Luis Carrera só é coñecido polos empleados de Caixanova.

E eu convido a calquera a que entre nunha oficina desta entidade e pregunte polo tal crack. Todos/as absolutamente todos/as os/as empregados/as botan pestes contra el. Este home foi quen entregou a antiga Caixa Ourense á caixa viguesa.

Do resto da lista que comentar, que Núñez cepíllase a metade dos de Baltar, e este último intenta salvar da queima como pode a seu fillo (tamén moi querido entre a militancia da dereita ourensana, non hai máis que preguntar) pasando do número dous ó seis. Santalices vai de oito co cal o vai a ter imposible, menudo pao para el. E Poli, o alcalde máis breve da cidade, pasa de ser deputado provincial a optar a unha acta no Parlamento de Galicia. Vou facer de pitonisa, esta xogada baltariana de patada no cú cara arriba cheirame a chamusquina. Explícome, o reserva número un para entrar na deputación suprindo a Poli é o seu fillo. Non lle estará preparando xa a sucesión ó gran amado polas bases "populares" JM Baltar.

Por outra banda o PP, firme defensor da igualdade e dos dereitos das mulleres, fai gala delo ó presentar esta candidatura, xa que pervertindo dita lei só coloca a dúas mulleres entre os oito primeiros.

Pois nada, ó dito, que no PP estamos tremendamente contestos con este grupo que presentan os partidos de Baltar e de Núñez Feijóo. Imos ver canto duran xuntos.

Fotografía de Galicia-Hoxe.

lunes, 19 de enero de 2009

Os deberes feitos, agora é o turno da cidadanía


Os partidos políticos veñen de presentar todos o planten de candidatos co que acudirán á vindeira cita coas urnas. Todos están presentando estes días ás persoas que liderarán os seus proxectos. Bueno..., todos, todos  non.... Ó PP estalle costando bastante eso de intentar meter ós amigos/as de cada familia política, e sobre todo en Ourense. Baltar quere a uns, Feijóo a outros, Cabezas os seus, Poli anda intentando que o seu peso se note, etc...

O certo é que tanto o PSdeG como o BNG presentan como cabeza de lista a dous pesos pesados, duas persoas moi coñecidas, para ben ou para mal, pero dúas persoas que teñen unha xestión no goberno que os avala.

Pola contra o PP presenta a unha persoa que nin é nativa de Ourense, nin tan sequera vive na provincia. Un verdadeiro descoñecido para a xente da miña xeración. Pero a verdade é que quenes o coñecen moi ben son persoas maiores ca min e sobre todo ligadas ó PP. E teño que dicir que nin un só me ten falado ben del.

Luis Carrera é a aposta de Feijóo para cortarlle o paso a Baltar e os seus. Este home estivo en Caixa Ourense varios anos e é coñecido por ser un dos artífices da entrega sen condicións da caixa ourensana a Caixa Vigo. Todo un punto a ter en conta para este home e para o PP.

Dende logo no PSdeG estamos moi contentos por tan magnífica elección do Partido Popular. Pero o mesmo pasa noutras provincias, Feijóo non ten de onde tirar e saca coellos da chisteira como noutros tempos facía Baltar.

Pero eu hoxe quero falarvos da candidatura socialista por Ourense. Eu sabía dela dende hai uns días por ser membro do Comité Galego de Listas, ese órgano onde se lle dá o visto bó a todas as candidaturas antes de ser presentadas á Executiva e ó Comité Nacional.

As persoas que formamos parte da candidatura somos:

Manuel "Pachi" Vázquez Fernández, Laura Seara Sobrado, Pablo López Vidal, Carmen Acuña Docampo, María Quintas Álvarez, Juan Carlos Francisco Ribera, Esperanza Fernández Soto, Eladio Osorio Montenegro, Alba Dorado Álvarez, Diego Álvarez Fernández, Mariló Cubillo Conde, Amancio Díaz Jiménez, Sandra Álvarez Rodríguez y Juan Manuel Quintas Lorenzo. 

Quero destacar que entre os reservas vai un compañeiro da comarca de Caldelas, o concelleiro da Teixeira, Miguel Solla.

A partir de agora os partidos políticos presentas as súas propostas e é o turno de que a cidadanía diga quen quere que forme parte do vindeiro goberno galego.

Eu creo que o PP, o partido do "non á todo" o teu moi difícil e que se contamos coa mobilización do electorado que quere un goberno serio, Emilio Pérez Touriño volverá a repetir como próximo Presidente da Xunta de Galicia.

Verémolo o día 2 de marzo

miércoles, 14 de enero de 2009

Faltan 5 días


Non vos esquezades, o vindeiro luns 19 ás 19:00 horas terá lugar en Castro Caldelas a Festa dos Fachós.

A festa do lume, a festa máis enxebre e espectacular que se celebra en Galicia estaravos esperándo. Alá nos vemos.


Balance positivo

Son ducias e ducias os actos que un Comité de Electoral dun partido político ten que organizar ó longo dunha campaña. Pero sempre hai un deles que marca un punto de inflexión na mesma, e no caso de Ourense este acto foi o do pasado domingo.



A verdade é que nunca empezaramos a este ritmo. Nas tres últimas citas electorais Zapatero estivo con nós en Ourense, pero esta vez foi moi distinto. Nas outras ocasións xa estabamos máis metidos en campaña. Desta vez entre que cuadrou á volta de Navidades, co cal a xente parece que está máis fría, ademais por parte do PP e do BNG practicamente non existen as eleccións, non se sabe onde están, non se moven. E pola nosa banda a candidatura aínda está sen rematar, os días claves van a ser este venres e este sábado.


Pero o acto foi todo un éxito, seis mil persoas no Pavillón dos Remediosnun día frío, moi frío. Domigo pola mañá, pero aínda así a xente acudiu dende todos os rincóns da provincia.

Como responsable provincial dos actos no Comité Electoral é normal que os días previos un estea algo nervioso xa que son mil cousas as que poden fallar. Pero entre a xente de Madrid, os de Santiago e un xenial grupo de Ourense que o dan todopara que o acto saia a pedir de boca, non se pode pedir máis.

É moita a xente que se deixa a pel na organización, pero hai un deles ó que lle habería que facer un monumento. Lalo G. Rosales está de sol a sol dandoo todo para que todos/as os asistentes non noten nin un só fallo (que algúns cometemos ;) )



Como sempre hai anécdotas teño que contarvos unha. A víspera á noite preguntámoslle a Lalo si falara cos do Pavillón para que ó limparan todo antes do día do mitin pola mañá. El respostou textualmete "Si, xa ven alguén do pavillón a limpar todo..........................creo".

E poño eses puntos suspensivos porque hai prodúxose un longo silencio seguido do "creo". Ó cabo dun pouco e en ton de broma Blas e Eva vaticinaron que aínda ía ter que limpar eu o pavillón.

O caso é que nos fomos a cear e logo a durmir. Ás oito da mañá do domingo chegamos Lalo e máis eu o pavillón, e este estaba sen limpar, e non había posibilidade de que o limpase ninguén.

Pois escoba en man, os dous, toucos limpar toda a pista antes de que entrara ninguén. E nos alí con trinta policías e os cadelos buscando explosivos a facer a faena.

Esas son as pequenas cousas que non se ven, pero que ó ver o ben que sae todo merece a pena facer e rirse delas.

sábado, 10 de enero de 2009

O día 11 Zapatero en Ourense

Estes días tiven un blog algo abandoado. Entre que aproveitei o nadal para escapar uns días a Barcelona, logo organizamos unha quedada facebook en Castro Caldelas, máis a tradicional cea de Reis dos amigos/as do Castro,... e agora xa metidos de cheo na precampaña electoral.

E a verdade é que foi rematar o nadal e poñerse a cen a preparar as cousas, porque en Ourense comezamos esta etapa por todo o alto.

O domingo día 11 de xaneiro estarán ás 12 da mañá no Pavillón dos Remedios dous Presidentes: o Presidente Zapatero e o Presidente Touriño.

Xa comezamos a andar algo estresados todos/as os/as que andamos na organización. Xa comezamos a berrarnos e a faltarnos o respecto, ;)

Fora bromas, a verdade é que somos unha piña e estamos moi compenetrados. Ahí estamos Miguel, Lalo, Bea, Conchi, María Quintas, e ducias e ducias máis de compañeiros/as que sería moi longo de relatar.

Xa están traballando tamén todos os de Madrid con Luismi, Rocío, Jose, etc... De Santiago, coma sempre, Blas e Eva á cabeza, pero logo un montón de xente con eles.

Estiven botando contas e entre uns e outros somos case 200 persoas as poñemos o noso grao de area para que o acto saia bordado.

Vémonos no Pavillón dos Remedios e o rematar xa falamos de como saiu todo. Espérovos.