Mostrando entradas con la etiqueta BNG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BNG. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de enero de 2009

Os deberes feitos, agora é o turno da cidadanía


Os partidos políticos veñen de presentar todos o planten de candidatos co que acudirán á vindeira cita coas urnas. Todos están presentando estes días ás persoas que liderarán os seus proxectos. Bueno..., todos, todos  non.... Ó PP estalle costando bastante eso de intentar meter ós amigos/as de cada familia política, e sobre todo en Ourense. Baltar quere a uns, Feijóo a outros, Cabezas os seus, Poli anda intentando que o seu peso se note, etc...

O certo é que tanto o PSdeG como o BNG presentan como cabeza de lista a dous pesos pesados, duas persoas moi coñecidas, para ben ou para mal, pero dúas persoas que teñen unha xestión no goberno que os avala.

Pola contra o PP presenta a unha persoa que nin é nativa de Ourense, nin tan sequera vive na provincia. Un verdadeiro descoñecido para a xente da miña xeración. Pero a verdade é que quenes o coñecen moi ben son persoas maiores ca min e sobre todo ligadas ó PP. E teño que dicir que nin un só me ten falado ben del.

Luis Carrera é a aposta de Feijóo para cortarlle o paso a Baltar e os seus. Este home estivo en Caixa Ourense varios anos e é coñecido por ser un dos artífices da entrega sen condicións da caixa ourensana a Caixa Vigo. Todo un punto a ter en conta para este home e para o PP.

Dende logo no PSdeG estamos moi contentos por tan magnífica elección do Partido Popular. Pero o mesmo pasa noutras provincias, Feijóo non ten de onde tirar e saca coellos da chisteira como noutros tempos facía Baltar.

Pero eu hoxe quero falarvos da candidatura socialista por Ourense. Eu sabía dela dende hai uns días por ser membro do Comité Galego de Listas, ese órgano onde se lle dá o visto bó a todas as candidaturas antes de ser presentadas á Executiva e ó Comité Nacional.

As persoas que formamos parte da candidatura somos:

Manuel "Pachi" Vázquez Fernández, Laura Seara Sobrado, Pablo López Vidal, Carmen Acuña Docampo, María Quintas Álvarez, Juan Carlos Francisco Ribera, Esperanza Fernández Soto, Eladio Osorio Montenegro, Alba Dorado Álvarez, Diego Álvarez Fernández, Mariló Cubillo Conde, Amancio Díaz Jiménez, Sandra Álvarez Rodríguez y Juan Manuel Quintas Lorenzo. 

Quero destacar que entre os reservas vai un compañeiro da comarca de Caldelas, o concelleiro da Teixeira, Miguel Solla.

A partir de agora os partidos políticos presentas as súas propostas e é o turno de que a cidadanía diga quen quere que forme parte do vindeiro goberno galego.

Eu creo que o PP, o partido do "non á todo" o teu moi difícil e que se contamos coa mobilización do electorado que quere un goberno serio, Emilio Pérez Touriño volverá a repetir como próximo Presidente da Xunta de Galicia.

Verémolo o día 2 de marzo

miércoles, 22 de octubre de 2008

Quo vadis, BNG?

Logotipo tomado da web de Xaime.net

Reproduzo literalmente artigo publicado hoxe no xornal, La Voz de Galicia, edicción de Ourense na sección Entre Puentes:

"El BNG de la capital (¡qué diferencia de proceder con el de otros concellos ourensanos en los que gobierna!) pretende llevar a cabo una concesión pública, por 40 años, otorgada sin concurso ni publicidad previa, a una empresa que no tiene oficina, que nunca trabajó en el sector y que se constituyó meses antes de esta operación. ¿Es esta la defensa de lo público que predica el BNG?"

E que conste que esto non o digo eu, díceo La Voz de Galicia. Eu o que si que digo é que lle comezo a ver algo extrano ó logotipo do BNG...

Se queredes saber máis do tema entrade aquí.

martes, 16 de septiembre de 2008

O PP pretende usar ó BNG

Hoxe o xornal La Voz de Galicia publica, a páxina enteira, un artigo referente a un informe interno do PP de Galicia no que se aposta por utilizar ó BNG para facer fronte ó ascenso do PSdeG.
O informe non ten desperdicio e fala de "ideoloxizar", de facer unha "palanca electoral", de "afastar ó PSdeG do centro político", e de "vender o producto".
Aquí vos deixo catro enlaces referentes a esta nova: 1, 2, 3, 4.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Alcalde de Ourense só hai un

Alcalde de Ourense só hai un.

Esta afirmación que pode parecer unha obviedade tivo quer poñela estes días de manifesto Paco Rodríguez, alcalde de Ourense ante unha pregunta formulada polos representantes do PP co Concello da capital provincial.

Para os/as que non coñezades a realidade da política municipal de Ourense teño que contarvos que o tenente de alcalde, Alex Sánchez, non só exerce o seu cargo, é dicir, representar ó Concello cando non está o primeiro rexedor. Sánchez Vidal representa ó Concello en todos aqueles actos que teñen que ver coas concellerias que xestiona o BNG.

O alcalde e o secretario, cun informe, veñen a dicir ó que todos sabemos en política municipal: alcalde só hai un; o tenente-alcalde sustitúe ó alcalde cando este non estea e delegue nel; cada concelleiro/a é o delegado/a na súa área mediante un decreto da alcaldía; por riba dos/as concelleiros/as só está o alcalde.

E esto é así aquí e en Pontevedra, onde a alcaldía é do BNG e a tencia de alcaldía do PSOE.

Non existe a figura do bialcalde e alcalde só hai un


jueves, 28 de agosto de 2008

Diagnose: Trastorno de incontinencia verborreica severa

Onte quedei coa boca aberta máis de cinco minutos o ler un titular de prensa que dicía: Quintana reprocha al Gobierno que "robe a Galicia" el dinero de las multas de tráfico.

Só a un insensato e a un irresponsable se lle ocorrería que pola súa boca salise tal sandez. Que diga esto un catalán ou un madrileño, que de todos/as é sabido que aportan moito máis do que reciben das arcas do Estado, pode ser comprensible. Pero que esta afirmación a faga un político galego, que aínda por riba ten responsabilidades de goberno, non ten nin pes nin cabeza.

Nótase que estamos en período pre-electoral e que Angelito (Quin para os amigos) ten que seguir coa súa estratexia de ocupar cantas máis portadas mellor.

El que siga así e de chocolatadas e bailoteos cos/as maiores polas romerías que lle vai ir ben. Canto se fartou de criticar a Fraga para que agora faga o mesmo... ou pior.


martes, 22 de julio de 2008

O BNG maniféstase no "estranxeiro"

Aquí o teñen, donas e cabaleiros. O señor don Ángel Quintana, antes Quin, organizando unha manifestación no estranxeiro. O home de Allariz, falto de fotos estes días, tivo que organizar unha titiritada en Lubián (provincia de Zamora) para que o AVE chegue a Galicia moito antes. Creo que logo da manifestación-paparota o AVE comprometeuse a chegar dez días antes a Galicia gracias a Don Quin.Será todo o que lle teñamos que agradecer ós/ás do BNG respecto ó AVE, porque outra cousas por el non fixeron.

A manifestación seica foi un éxito. 300 persoas segundo ós/ás organizadores/as. 112 persoas, contando ós gaiteiros,veciños de Lubián, fotógrafos e reporteiros segundo me conta xente que estivo alí. Non foron nin todos os seus cargos, xa que moitos tiñan "citas inexcusables" (Isabel Pérez dixit) como unha comunión do fillo dunha amiga, ir a praia cuns curmáns, cortar ó céspede no xardín ou ir pasear os cadelos.

Imos esperar uns días e a ver con que nova titiritada nos sorprende don Quin. Estou seguro que algo chamativo si que será. E unha cousa si que vos podo asegurar, estará acompañada con polbo, empanada, gaiteiros e baile. Xusto todo aquelo que criticaba de Fraga.

Pero, que lle imos facer, Quin é así.


lunes, 16 de junio de 2008

Quintana, quen te viu e quen te ve.

Non é de extranar a que a moita xente do BNG coa que de cando en vez comparto tertulia se lle remexan as tripas ó ver fotos coma esta.
Aquí está o señor Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta de Galicia. O que antes era Quin a secas.
Moito se fartou de criticar os bailes do PP, a empanada, o polbo a feira, a queimada e os gaiteiros que Fraga levaba a todos os lados.
E agora aquí o tedes, intentando camelar ós maiores cuns bailes e chocolate con churros.
Vós erades os que estabades por riba do ben e do mal cando erades oposición. Agora que sodes goberno pola mañá e oposición pola tarde non hai máis que ver as vosas actitudes en vicepresidencia, cultura e sobre todo medio rural, para dicir: quen vos viu, e quen vos ve.

lunes, 19 de noviembre de 2007

Ogallá saias desta, amigo


Hoxe atragantouseme o almorzo. Ó pouco de chegar ó traballo deronme por teléfono unha terrible nova: Toño, o novo alcalde de Manzaneda, sofrera un derramo cerebral.

José Antonio Núñez Domínguez concorreu a estas eleccións como cabeza de lista do BNG e saiu elexido alcalde cos tres votos nacionalistas e os dous dos socialistas, con Herminio Cereijo á cabeza.

Onte, logo de vir dun incendio, atopouse mal (pensaron que era unha conxestión), pero ingresáronno no Hospital de Valdeorras, e logotrasladárono ó Complexo Hospitalario de Ourense.

Tiven a oportunidade de coñecer a José Antonio nestas eleccións e falamos varias ocasións despois da toma de posesión.

Teño que dicir que é unha persona con moitas ganas de traballar polo seu concello e con gans de mudar o tipo de política que viña facendo por Manzaneda. Tamén teño que dicir que foi o alcalde nacionalista que máis me gustou polo seu trato humano e amable.

José Antio, ogallá te recuperes, porque Manzaneda precisa de xente coma ti. Unha forte aperta.

miércoles, 24 de octubre de 2007

Segue a xira


A nosa particular xira segue sen parar por todas as comarcas de Ourense. Hoxe tocounos O Ribeiro. Fixemos un acto de partido para analizar a situación comarcal e as vindeiras eleccións xerais entre outras moitas cousas.
A actividade desenvolveuse no Pazo Abadía Caldaria de Arnoia. Como recibimento o alcalde encheu o camiño dende o pobo ata a abadía de carteis en contra do parque ambiental. Rogelio Martínez tennos acostumados a este tipo de manifestacións moi propias do sur de Italia. É o Martínez "El facha" particular desta provincia.
Por certo, o domingo vólvense a celebrar eleccións municipais na Arnoia logo de que a Xustiza o ordenase debido as irregularidades levadas a cabo por este elemento do PP sobre o voto emigrante.
Sabemos que está moi difícil mellorar os resultados, pero eu aposto a que aínda gañamos un concelleiro máis. O domingo saberémolo. Ánimo Jorge.

domingo, 12 de agosto de 2007

Detectadas graves irregularidades polo Consello de Contas nos Concellos de Montederramo e Manzaneda



O Consello de Contas de Galicia é un ente imparcial e fiscalizador das contas e da xestión económico-financeira do sector público galego. Cada ano realiza, entre outros, uns informes dalgúns concellos galegos.

Hai uns días saíron á luz pública os informes de dous Concellos da miña comarca, Manzaneda e de Montederramo, entre outros, referidos ó exercicio 2003-2004. Houbo varios medios de comunicación que se fixeron eco destas auditorías: La Voz de Galicia sobre Manzaneda e Montederramo, e Ourensedixital sobre Manzaneda e Montederramo.


De todos os xeitos se queredes ver os informes completos en formato pdf a través do Consello de Contas, podédelos ver dende aquí: Montederramo e Manzaneda.

Por facervos un resumen das tropelías que se detectaron, comentarvos que en Montederramo acusan ó alcalde e a varios concelleiros de cobrar dietas irregulares, e de contratar "a dedo" a catro traballadores. Todos os soldos do alcalde foron cobrados sen acordo plenario e Antonio Rodríguez recibiu máis de 7000 € en concepto de locomoción e manitención habendo só mandamento de pago pola metade. O informe tamén salpica, por cobros irregulares, o tenente-alcalde e a unha concelleira. Podedes ler o informe completo, porque o único calificativo que merece é o de ESCÁNDALOSO. Lembrarvos que o alcalde tivo que deixar o cargo antes das eleccións porque estba inhabilitado pola Xustiza, aínda así volveu a ganar nestas eleccións, nas que xa se podía volver a presentar, por menos dunha ducia de votos.

En Manzaneda non lle andiveron moi lonxe. Inflaron o superávit do Concello e o remanente de tesourería. Detectáronse demoras nos prazos de presentación e falta de expedientes en modificacións de crédito. Así mesmo o Concello non dispón de libro de resolucións da alcaldía e o libro de actas do Concello está sen actualizar dende 2001.O secretario estivo de baixa varios meses e seguiu cobrando complementos de productividade, o igual que unha funcionaria de xeito non xustificado. O alcalde cobrou dietas e non están documentadas. Esto é só parte das tropelías, lede o informe porque o desaguisado é dun calado enorme. Este alcalde, nas pasadas eleccións, pasou á oposición e hoxe goberna o BNG co apoio do PSdeG-PSOE.

sábado, 11 de agosto de 2007

Os despropósitos do PP. Cómo ter un castelo por menos de 3 € ó día


A nova corporación municipal de Maceda (Ourense) BNG + PSOE acaba de iniciar ó proceso para rescindir ouguer do castelo municipal. O anterior alcalde do PP fixo que se lle comprara a un particular o castelo do pobo, a Xunta de Galicia invirtiu na súa recuperación 8 millóns de euros, convertírono en restaurante e casa de turismo rural, cunha zona amplia habilitada para residir os seus novos donos, y logo o concello alugóullo a un alto cargo dol PP por 1000 euros ó ano, é dicir por 456 pesetas diarias. Agora a nova corporación quere rescindir o contrato. O certo é que á poxa non acudiu ningunha empresa máis (segundo parece), pero eso non é motivo como para "regalar" un ben tan preciado para os macedáns. Tamén compre dicir que a xestión do castelo sempre foi nefasta e dende o concello nunca se fixo nada ata o de agora. Se queredes máis información entrade neste enlace do Menéame.
Nestes días ded vacacións prométovos contar moitas máis cousiñas que sei sobre escándalos do PP na nosa comarca

miércoles, 6 de junio de 2007

A hora de rendir contas sobre a porra comarcal



Bueno, logo duns días de merecido descanso, creo eu, aquí volvo a escribir. Unha das últimas entradas que fixen antes do día das eleccións locais do 27 de maio foi unha porra comarcal na que facía pública a miña aposta sobre os resultados elecctorais da comarca.

Houbo algunhas persoas que nas súas entradas deixaron ver que non eran tan optimistas coma min, pero xa vedes ahí está os resultados.

Por certo cando fixen a aposta esquecinme de poñer o concello de Vilariño de Conso que aínda que non é da comarca de Trives propiamente dito, a efecetos meus si que o computo xa que son o secretario comarcal de Trives-Caldelas, e Vilariño de Conso entra nesta comarca.

Pero ó que ía, antes do 27-M esta bisbarra estaba gobernada por un alcalde independiente, un alcalde socialista e sete alcaldes do Partido Popular. A verdade é que parecía case imposible gobernar nalgún outro concello, pero aí están os resultados. Se todos os pactos se resolven como deberan o PSOE gobernará en catro Concellos (en dous co apoio do BLoque), os independentes en un (co apoio do PSOE), o BNG en outro (tamén co apoio do PSOE) e o PP en tres. Imos a ver de un en un.

Vilariño de Conso: Teño que pedir disculpas por esquecerme na porra del. O resultado anterior era PP 5, PSOE 1, BNG 1. Teño que ser sinceiro e dicir que a miña aposta houbese sido un 4-2-1, tendo 2 o PSOE. Pero o resultado foi 3-2-2, sendo a forza máis votada o PP e empatando en concelleiros PSOE e BNG. Se se leva a cabo un pacto de goberno o alcalde sería o número un do PSOE por ter sido máis votado co BNG. Dende aquí quero mandarlle unha aperta ó futuro alcalde de Vilariño de Conso: Arcadio, que fora meu profesor de Lingua Española no Instituto de Trives.

Manzaneda: Eu apostara pola perda da maioría do PP e que o PSOE quedaría por diante do BNG. Acertei a medias, o PP perdeu a maioría absoluta (aínda que ande intentando ganala nos despachos, pero esto dará para outra entrada) pero o Bloque superou o PSOE por 16 votos. O alcalde pasaría a ser Toño da chacinera do BNG e o tenente-alcalde Herminio da ferretería. Os meus parabéns para os dous.

Chandrexa de Queixa: Eu vaticinei que o resultado sería PP 6, BNG 1 e PSOE 0. E o resultado foi así. O PSOE ten en Chandrexa o seu talón de Aquiles comarcal. As urnas deixaron a composición do concello tal como estaba.

San Xoán de Río: Apostei por PP 3, PSOE 3, BNG 1. O resultado foi un concelleiro máis para o BNG e un menos para o PSOE, de todos os xeitos o goberno estará igualmente conformado por socialistas e nacionalistas. O alcalde será Dario da Caixa e o tenente-alcalde será Miguel de Freixo, antigo compañeiro meu de instituto. Unha aperta para os dous.

A Pobra de Trives: Eu dixera que o PP perdía a maioría absoluta e así foi, pero apostara por un PP 5, PSOE 3, ATI 2 e BNG 1 e houbo sorpresa xa que os independentes comandados por Fran acadaron catro concelleiros. Así o resultado foi PP 5, PSOE 2 e ATI 4. No goberno municipal Fran será o alcalde e Paco da Telefónica o tenente-alcalde. Noraboa ós dous por acadar un cambio de goberno en Trives logo de 20 anos do PP.

Castro Caldelas: Propuxen un 6-3 para o PSOE e así foi. Era imposible revalidar o 7-2 das elección de 2003 xa que daquela déranse unha serie de condicións que hoxe non se daban. Aínda así o PSOE conta cun dos mellores resultados de toda Galicia. Está claro que aquí o PP non levanta cabeza.

Montederramo: Para min é a espiña cravada logo do 27-M, e sinto moito por Juan Domarco o noso candidato e un incansable loitador contra as maneiras caciquís de gobernar Montederramo. Eu vaticinei a perda da maioría absoluta para o PP cun resultado de PP 4, PSOE 3 e BNG 2, pero o PSOE quedouse con dous concelleiros, e se o BNG lograse sacar 9 votos máis hoxe teriamos un alcalde nacionalista en Montederramo, pero así son as cousas.

A Teixeira: Unha sorpresa para min. O PSOE levava uns 20 anos sin representación e acadamos 2 concelleiros, un a costa do Bloque e outro a costa do PP. O resultado foi PP 5, PSOE 2. É un moi bó resultado. Parabéns para Alberto e Miguel Solla.

Parada do Sil: A xoia da coroa. PAco Magide alcalde con maioría absoluta. Cravei o resultado. PSOE 4, PP 3, TEGA 0, BNG 0. O PSOE subiu dous concelleiros a costa do PP e os scialistas van a gobernar Parada do Sil por primeira vez na historia e con maioría absoluta.

Resumindo, antes do 27-M o PP gobernaba en sete concellos, o PSOE en un e os independentes noutro. Despois do día 16, que é cando se constitúen as corporacións o PSOE terá catro alcaldías, o PP tres o BNG unha e os independentes outra. O PSOE estará formnado parte do gobeno en seis concellos: Castro Caldelas, Parada do Sil, San Xoán de Río, Vilariño de Conso, A Pobra de Trives e Manzaneda. O PP coma sempre non ten con quen pactar e só formará goberno en Chandrexa de Queixa, A Teixeira e Montederramo

lunes, 21 de mayo de 2007

Porra Municipais 2007 Castro Caldelas



Hoxe que dispoño duns minutiños entre tanto follón de organizar actos, mítines e demais cousas desta campaña quero invitarvos a que entre todos e todas fagamos unha porra destas eleccións municipais en Castro Caldelas.
Para despois das eleccións saber cal é a aposta de cada quen prégovos que empreguedes un pseudónimo ou un nome, o que queirades, pero de tal maneira que vos podades identificar e saber cal é a vosa aposta.
A miña a posta é a seguinte: PSOE: 6 concelleiros, PP 3 concelleiros, BNG 0 concelleiros.
Si teño un momento nestes días ampliarei dita porra a toda a comarca de Caldelas e de Trives. Animádevos e facede a vosa previsión. Eso sí, pídovos que independentemente da vosa opción política mostredes o máximo respecto a toda a xente, xa que ultimamente hai algúns anónimos que empregan en demasía o insulto.