miércoles, 6 de junio de 2007

A hora de rendir contas sobre a porra comarcal



Bueno, logo duns días de merecido descanso, creo eu, aquí volvo a escribir. Unha das últimas entradas que fixen antes do día das eleccións locais do 27 de maio foi unha porra comarcal na que facía pública a miña aposta sobre os resultados elecctorais da comarca.

Houbo algunhas persoas que nas súas entradas deixaron ver que non eran tan optimistas coma min, pero xa vedes ahí está os resultados.

Por certo cando fixen a aposta esquecinme de poñer o concello de Vilariño de Conso que aínda que non é da comarca de Trives propiamente dito, a efecetos meus si que o computo xa que son o secretario comarcal de Trives-Caldelas, e Vilariño de Conso entra nesta comarca.

Pero ó que ía, antes do 27-M esta bisbarra estaba gobernada por un alcalde independiente, un alcalde socialista e sete alcaldes do Partido Popular. A verdade é que parecía case imposible gobernar nalgún outro concello, pero aí están os resultados. Se todos os pactos se resolven como deberan o PSOE gobernará en catro Concellos (en dous co apoio do BLoque), os independentes en un (co apoio do PSOE), o BNG en outro (tamén co apoio do PSOE) e o PP en tres. Imos a ver de un en un.

Vilariño de Conso: Teño que pedir disculpas por esquecerme na porra del. O resultado anterior era PP 5, PSOE 1, BNG 1. Teño que ser sinceiro e dicir que a miña aposta houbese sido un 4-2-1, tendo 2 o PSOE. Pero o resultado foi 3-2-2, sendo a forza máis votada o PP e empatando en concelleiros PSOE e BNG. Se se leva a cabo un pacto de goberno o alcalde sería o número un do PSOE por ter sido máis votado co BNG. Dende aquí quero mandarlle unha aperta ó futuro alcalde de Vilariño de Conso: Arcadio, que fora meu profesor de Lingua Española no Instituto de Trives.

Manzaneda: Eu apostara pola perda da maioría do PP e que o PSOE quedaría por diante do BNG. Acertei a medias, o PP perdeu a maioría absoluta (aínda que ande intentando ganala nos despachos, pero esto dará para outra entrada) pero o Bloque superou o PSOE por 16 votos. O alcalde pasaría a ser Toño da chacinera do BNG e o tenente-alcalde Herminio da ferretería. Os meus parabéns para os dous.

Chandrexa de Queixa: Eu vaticinei que o resultado sería PP 6, BNG 1 e PSOE 0. E o resultado foi así. O PSOE ten en Chandrexa o seu talón de Aquiles comarcal. As urnas deixaron a composición do concello tal como estaba.

San Xoán de Río: Apostei por PP 3, PSOE 3, BNG 1. O resultado foi un concelleiro máis para o BNG e un menos para o PSOE, de todos os xeitos o goberno estará igualmente conformado por socialistas e nacionalistas. O alcalde será Dario da Caixa e o tenente-alcalde será Miguel de Freixo, antigo compañeiro meu de instituto. Unha aperta para os dous.

A Pobra de Trives: Eu dixera que o PP perdía a maioría absoluta e así foi, pero apostara por un PP 5, PSOE 3, ATI 2 e BNG 1 e houbo sorpresa xa que os independentes comandados por Fran acadaron catro concelleiros. Así o resultado foi PP 5, PSOE 2 e ATI 4. No goberno municipal Fran será o alcalde e Paco da Telefónica o tenente-alcalde. Noraboa ós dous por acadar un cambio de goberno en Trives logo de 20 anos do PP.

Castro Caldelas: Propuxen un 6-3 para o PSOE e así foi. Era imposible revalidar o 7-2 das elección de 2003 xa que daquela déranse unha serie de condicións que hoxe non se daban. Aínda así o PSOE conta cun dos mellores resultados de toda Galicia. Está claro que aquí o PP non levanta cabeza.

Montederramo: Para min é a espiña cravada logo do 27-M, e sinto moito por Juan Domarco o noso candidato e un incansable loitador contra as maneiras caciquís de gobernar Montederramo. Eu vaticinei a perda da maioría absoluta para o PP cun resultado de PP 4, PSOE 3 e BNG 2, pero o PSOE quedouse con dous concelleiros, e se o BNG lograse sacar 9 votos máis hoxe teriamos un alcalde nacionalista en Montederramo, pero así son as cousas.

A Teixeira: Unha sorpresa para min. O PSOE levava uns 20 anos sin representación e acadamos 2 concelleiros, un a costa do Bloque e outro a costa do PP. O resultado foi PP 5, PSOE 2. É un moi bó resultado. Parabéns para Alberto e Miguel Solla.

Parada do Sil: A xoia da coroa. PAco Magide alcalde con maioría absoluta. Cravei o resultado. PSOE 4, PP 3, TEGA 0, BNG 0. O PSOE subiu dous concelleiros a costa do PP e os scialistas van a gobernar Parada do Sil por primeira vez na historia e con maioría absoluta.

Resumindo, antes do 27-M o PP gobernaba en sete concellos, o PSOE en un e os independentes noutro. Despois do día 16, que é cando se constitúen as corporacións o PSOE terá catro alcaldías, o PP tres o BNG unha e os independentes outra. O PSOE estará formnado parte do gobeno en seis concellos: Castro Caldelas, Parada do Sil, San Xoán de Río, Vilariño de Conso, A Pobra de Trives e Manzaneda. O PP coma sempre non ten con quen pactar e só formará goberno en Chandrexa de Queixa, A Teixeira e Montederramo

18 comentarios:

Anónimo dijo...

Pues yo me uno a la enhorabuena especial para Arcadio (él ayudó a que hoy sea "profa" de lengua como él) a MIguel (son muchos años de cole e instituto juntos) a Miguel Solla y sus compañeros de A Teixeira. A la gente de Montederramo me gustaría darle todo mi ánimo para que sigan luchando, pues si es así lograrán ese deseado cambio y, en último lugar, pero no menos importante, a los ganadores en el Castro. Espero que trabajen por mejorar y que la cultura vuelva a brillar en nuestra comarca como lo hizo antaño.
Encarna

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

la cultura brilla???lo que brilla son restos de propaganda...los coches nuevos...banderas nuevas...a seguir luchando como antaño.

Anónimo dijo...

a censura tamén limpa,brilla e dá esplendor..menuda "enhorabuena"

Anónimo dijo...

Sinceramente, no entiendo este comentario sobre la brillantez de la "propaganda" de los "coches" de las "banderas nuevas". ¿A qué propaganda, coches y banderas te refieres? Por cierto,no digo "la cultura brilla" pido que vuelva a hacerlo, es una significativa diferencia, o ya no os acordáis de cuando en el Castro veíamos a Chévere, Carlos Blanco, Amancio Prada, Carlos Borsani y el gad, etc, etc. Además, aparte de las diferencias que podamos tener tú, anónimo, y yo, Encarna, creo que tengo derecho a felicitar a quién me parezca oportuno y lo hago sin tener que desmerecer o criticar al contrario por ello ¿lo captas? Supongo que será sólo cuestión de estilos, a mí me gusta más el mío, creo que "brilla" más porque es limpio y no ensucia a nadie.

Anónimo dijo...

sábese como van as cousas coa xunta electoral central polo de manzaneda??

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Explicación para o/a interesado/a en MAnzaneda:

A Xunta Electoral Central fallou a favor do PSdeG-PSOE e do BNG e en contra do PP. Agora mesmo o resultado válido é o que reflectiron as urnas o día das eleccións. PP 4, BNG 3 e PSdeG-PSOE 2, polo tanto o PP perde a maioría absoluta.

angel l.p. dijo...

Esta páxina non está para insultar nin para escribir sandeces, está para opinar e o que non saiba opinar sen insultar nen faltar o respecto, por favor que se dedique a outras cousas. Porque nin o administrador ddo blog ten que perder o seu tempo en filtrar comentarios absurdos nin os que entramos neste blog temos gañas de leer tonterías. Anónimo, faite un blog e adícate a insultar nel a quen che de a gaña, pero non des máis a paliza, que eres o mesmo de sempre esperando calquera ocasión para votar a túa sentencia.

angel l.p. dijo...

Hai algún neste blog que fai unhos comentarios que non os entende nin él, ou polo menos o resto da xente nunca somos capaces de saber o que queres decir.Soltas frases que debes pensar que fan historia e quédaste tan ancho. Non seas tan dogmático e se queres decir algo pódelo decir claramente e sen tanta parafernalia e se tes que acusar de algo acusa, firma e ten o que hai que ter para falar as claras.
Encarna non te preocupes porque levamos tentando entender os seus comentarios dende antes das eleccións e é imposible.

Anónimo dijo...

graciñas, eladio. saliu hoxe na prensa escrita, polo menos no país ed. galicia. tamén din que pepe hervella vai seguir a vía xudicial. pensas que hai algunha posibilidade? graciñas polo teu tempo, estar polo mundo non axuda a enterarse do que pasa na 'casa' :)

apertas

Anónimo dijo...

En la página del pontelouco acaban de poner un enlace a una noticia sobre una as ciación cultural "Xastreu" que se opone al trazado de la autovía por la zona ¿alguien me puede contar algo más sobre esto? estoy buscando más información , pero no encuentro nada. Gracias

Anónimo dijo...

Caramba, Ángel lp, pareces mi "ángel de la guarda".
Encarna

Anónimo dijo...

paresme ke a propaganda se refire a tódoslos restos da campaña ke ó igual ke se poñen débense quitar e non esperarlle un outono...ou non se promete facer máis.

Anónimo dijo...

De donde sacas tu que o Darío vai ser o alcalde de Río??

angel l.p. dijo...

Igual si, Escarnita...

CANDIDA (SIN K) dijo...

MIRA KE CHE TEMOS XENTE MODERNA NESTE BLOG. NUNKA O CREERIA...KAKAKA! (PERDON QUERIA DECIR JAJAJA!)

Anónimo dijo...

Buenas tardes,

Siempre he sido votante del PP. No estoy de acuerdo con lo que hace el PSOE en el Gobierno estatal.

Pero las municipales son otra cosa. Lo cierto es que Eladio no lo ha hecho mal, pero además es que no tiene competencia. Pero la base de la democracia es la alternancia

De hecho, el PP ha tenido menos votos, pese a que la abstención suele perjudicar al favorito.

Saludos.

Anónimo dijo...

Me puede explicar alguien porque la asociación cultural Xastreu de Castro Caldelas, cree que el dinero de subvenciones del fondo europeo se pueden dedicar a lo que a uno mejor le parezca?