martes, 29 de enero de 2008

Hoxe tocou polas miñas terras


Cando xa case estamos rematando as nosas visitas polas comarcas para explicar o progama do PSOE,ós logros acadados polo actual goberno e a estratexia socialista de cara estes novos comicios, onte recalamos na miña comarca: Trives-Caldelas.
Realizamos o acto en Parada do Sil, un concello que nunca estivera gobernado por un alcalde socialista e do que dende as últimas eleccións municipais está á fronte Paco Magide, o primeiro alcalde do PSdeG-PSOE nestas terras (e aínda por riba con maioría absoluta).
Ata Parada do Sil achegáronse os compañeiros e as compañeiras do propio Concello, os de Montederramo, Castro Caldelas, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Manzaneda e Vilariño de Conso.
Na fotografía (que coma sempre é de mala calidade, debido ó método que utilizo) estamos de esquera a dereita: eu, Eladio Osorio Montenegro (secretario comarcal), Miguel Fidalgo (candidato ó senado), Paco Magide (alcalde) e Alberto Fidalgo (candidato ó congreso.
Entre outras moitas cousas falamos da Lei de desenvolvemento Sostible do Medio Rural que tan importante vai a ser para o futuro dos nosos concellos.