jueves, 12 de noviembre de 2009

Que deus nos pille confesados





Veta modificada a partir dunha extraída do blog Loburromasque.


A última cruzada destes iluminados que din falar en nome de Deus, os bispos, ten tintes de ser un capítulo máis do serial ó que nos teñen abonados dende que en España non goberna o Partido popular.


Di o portavoz dos prelados que o que apoie, vote ou promova a nova lei está en pecado mortal público e non pode ser admitido á comunión. Ademais advirte que quitar a vida a un ser humano é contradictorio coa fe católica e que quen contribúa a ela está en herexía e quedará excomulgado.


Volven a asustar ós crentes como na Idade Media con que o demo os perseguirá en vida e en morte.


E eu pregúntome tamén van excomulgar aqueles que están a favor de investigar con células nai para salvar vidas, e aqueles que están a favor da eutanasia para aliviarlle sofremento ós enfermos terminais, e aqueles que viven xuntos sen estar casados, e aqueles que manteñen relacións sexuais antes do matrimonio, e aqueles que empregan métodos anticonceptivos?


Van excomulgalos a todos?