jueves, 30 de octubre de 2008

Volven os malnacidos

Hoxe ETA volveu a atentar de novo. Pero coma sempre, máis pronto ou máis tarde, acabarán todos cos seus osos na cadea. Ó final danos materiais e heridos case todos leves, pero hoxe poderiamos volver a falar dunha grave desgracia.

Estou indignado

Teño que confesar que hoxe cando vin na prensa o que a Raíña Sofía opinaba sobre determinados temas de actualidade o primeiro que se me veu á cabeza foi colgar un post co título de ¿por que no te callas?.
Pero vou intentar ser un pouco comedido e non extenderme. Simplemente quero deixar unha pregunta no aire ¿está unha raiña para opinar sobre si a unión entre dous homosexuais é un matrimonio ou non?, ¿está unha raiña para opinar sobre o aborto?, ¿está unha unha raiña para opinar sobre a eutanasia?.
Son republicano confeso, aínda así teño a Sofía e Juan Carlos en boa consideración como persoas. Pero hoxe a raíña perdeu moitos puntos debido a súa frivolidade á hora de tratar temas moi seios e profundos e onde creo que ela non debe opinar. Para eso é a Raiña de todas e todos, segundo a Constitución.