lunes, 5 de noviembre de 2007

O PP de Castro Caldelas vota en contra do arranxo das estradas á Teixeira e a Chandrexa de Queixa

Que vergoña.
Eso foi o que sentín hoxe no Pleno extraordinario que celebramos no Concello de Castro Caldelas. Vergoña allea.
O Grupo Municipal Socialista presentamos unha moción para esixirlle á Deputación de Ourense que deixe de discriminar ó noso Concello e que arranxe as estradas provinciais de Castro Caldelas a Celeiros e a do Ivedo á Teixeira, e en particular as pontes do Ivedo e de San Martiño.
Bueno, pois os do PP, nin curtos nin perezosos, votaron a moción en contra. Pero é máis, non quixeron dar ningún tipo de explicación e eludiron o debate.
Podemos ver claramente que o portavoz do PP e os seus concelleiros antepoñen a súa sumisión o "Padre Protector" do PP, José Luis Baltar ante os intereses de todas e todos os caldelaos.
Logo así lles vai nas eleccións, pero eles din que cada vez a cousa vai mellor para o Partido Popular en Castro Caldelas.