lunes, 2 de febrero de 2009

Un día de tolos


Escribo esto un día despois de que rematase ese "día de tolos". É certo que nas campañas e nas precampañas andamos todos/as a cen, pero hai uns días que andamos máis a cen que outros.

No PSOE de Ourense levabamos tres días organizando unha cea cos douscentos empresarios/as máis "representativos" da sociedade ourensana para que escoitaran a Pepe Blanco, e toda esta organización xa nos levaba comidas moitas horas e moitos esforzos. Nunca se sabe o que hai que traballar nunha organización de algo hasta que se está no meollo.

Pero vouvos a contar, este día de tolos comezou arrincado cediño cara a Pontevedra onde tiñamos un acto todos/as os/as candidatos/as do PSdeG-PSOE ás vindeiras eleccións. O acto prolongouse, como é costume. Logo coller o coche e marchamos a 120 (respectando todas as sinais de tráfico, máis ou menos) para estar nun pequeno acto en Carballeda de Avia con Pepe Blanco. Rematamos rapidiño e fómonos a comer a San Clodio o Vicesecretario do PSOE e dez ou doce persoas. Teño que dicir que a comida boísima, pero rematamos ás 6 da tarde. Había moito tempo que non vía uns camareiros tan pausados para servir.

Co bocado na boca marchamos para o Balneario de Laias, en Cenlle, a unhas xornadas sobre termalismo, e cando estaban pola metade marchamos a toda presa para o Hotel Auriense no Cumial (San Cibrao das Vilñas) para comezar cos preparativos da cea.

A cea tiña a súa hora de comezo ás 9 da noite e na sala había 210 cubertos, todos contados e con nome e apelidos. Tiñamos unha organización do acto perfecta. 

Pero como todo o perfecto tende ó imperfecto, ás nove menos cinco preséntansenos quince persoas de máis que non tiñamos contabilizadas (non era hora de ver quen cometera o erro, eso era o de menos, era hora de solucionar o problema). Na sala, en princio, non cabía nin unha agulla máis. Pois non me preguntedes como, fomos quenes de meter a esas quince persoas, e a unha máis na mesa presidencial. E o máis bonito é que case ninguén se deu conta de todo este tinglado.

Despois de todo este día tan axetreado, nin me prestou a cea. Pero a verdade é que ó ver que todo sae a pedir de boca quédase un cunha satisfacción moi grande.

Quen me ía dicir a min hai cinco anos que nunha comida que preparase o PSOE en Ourense para invitar a 80 ou 100 empresarios teriamos que meter a 215 porque ninguén se querría perder a ocasión.

Como cambian as tornas.