sábado, 3 de marzo de 2007

Candidatura do PSdeG-PSOE de Castro Caldelas

En días pasados reunímonos a Asamblea do PSdeG-PSOE de Castro Caldelas e eleximos a candidatura ás eleccións municipais de 2007. Hai unhas semanas xa eleximos ó cabeza de lista, Eladio Osorio Castro. En ambos procesos a unanimidade foi a tónica dominante.


Os elexidos para afrontar este novo reto fomos:


1.- Eladio Osorio Castro

2.- Alberto Labrador González

3.- Sara Inés Vega Núñez

4.- Eladio Osorio Montenegro

5.- Manuel Pérez Villar

6.- Rosa Domínguez Rodríguez

7.- José Luis Díaz Gómez

8.- Manuel López Pérez

9.- Eva Méndez Domínguez

S1.- José Ramón Nóvoa Fernández

S2.- Antonio Pérez Blanco

S3.- Cristobal Campos González

O Partido Popular e a autovía A-76

Nota de prensa difundida no día de onte ós medios de comunicación.
O PSdeG-PSOE da Comarca de Trives-Caldelas quere manifestar ó respecto da crise xurdida sobre a Plataforma Pro Autovía A-76 Corredor 3 ó seguinte:

Estamos totalmente convencidos, e xa o estabamos hai meses, que os alcaldes do Partido Popular da comarca están a empregar a Plataforma como unha arma electoral. Baltar, presidente do PP, ve perigar a súa hexemonía nas comarcas de Trives e Caldelas debido as excelentes candidaturas que está a presentar o PSdeG-PSOE e dá orde os seus alcaldes de que empreguen e manipulen a Plataforma mentres lles sexa beneficiosa. Ata o de agora utilizaron o seu presidente para dinamitar ó PSOE, pero dende o momento en que se fixo público que Francisco José Fernández optaba á alcaldía de Trives como independente, resulta que todo o que ata o de agora era bo convértese en malo.

Os alcaldes do PP censuran que Francisco José Fernández sexa candidato á alcaldía de Trives e critícano por haber utilizado a plataforma como trampolín de salto cara a política. Cunha dobre moral e dúas varas de medir se trata á xente neste colectivo, xa que nunca se criticou por parte dos do PP que a plataforma estivera controlada por unha concelleira do Partido Popular de Montederramo como presidenta dunha asociación, ou que na directiva estivese o tenente-alcalde de Chandrexa de Queixa representando a un sindicato, ou que un dos membros máis destacados fora o tesoureiro do Partido Popular en Trives.

É totalmente lexítimo que as asociacións se agrupen para defender os intereses da comarca, pero todos estes feitos veñen a avalar a nosa teoría de que o PP se subiu ó carro e foi o partido que adoptou posturas máis radicais e de total enfrontamento cara ó goberno para desgastar ó PSOE e sacar rédito político.

Posiblemente o presidente da plataforma tería que habela deixado antes, para que non se visionase que empregaba esta como un altavoz da súa candidatura. Pero e se os alcaldes do PP esixían esto, ¿como é que eles seguen sendo maioría na plataforma e son eles os que poñen e quitan presidentes?.

A xogada de onte votando todos os alcaldes do PP da comarca en bloque para forzar a dimisión do presidente confirma que o Partido Popular ten unha estratexia marcada na que só lle vale dinamitar ó PSdeG-PSOE e favorecer os seus intereses.

Están nerviosos porque saben que a día de hoxe teñen unha grave crise interna en Trives e a súa alcaldía dana por perdida. Os Socialistas estamos facendo un gran esforzo por renovar e ampliar as nosas candidaturas nos concellos da comarca, e os alcaldes do PP e Baltar ven perigar o seu deputado provincial. Esto é o que verdadeiramente lle importa a eles, e nada máis que eso.