jueves, 22 de febrero de 2007

Madredeus - Oxalá (Hoping)

Nunca esquecerei as dúas veces que puiden ver e escoitar en directo a Madredeus. Son un fiel seguidor do grupo dende os seus comezos e non deixa de sorprenderme máis e máis cada día. Son un grupo que infunde unha grande tranquilidade e paz interior..Madredeus beben do fado, ou da música e poesía popular portuguesa dos últimos tempos (claveis e movimento, José Afonso e Pessoa...) Téñenos definido como minimalistas, clásicos e modernos... pero creo que escoitando a música de Madredeus o tema case é trivial... o que me volve tolo é a voz de Teresa, escoita como susurra...Madredeus naceron nunha igrexa lisboeta e tomaron o seu nome dela, son Pedro Ayres Maglhâes, Teresa Salgueiro, Francisco Ribeiro, José Peixoto, Carlos Trindade, Gabriel Gomes e, paralelamente, Rodrigo Leâo; pero tamén son a cidade. Disfruta da súa música neste vídeo, pero se os queres desfrutar de verdade telos que escoitar pola Alfama, pola Baixa ou calquera outro barrio lisboeta.