jueves, 18 de octubre de 2007

Zupermán

video

Zimplemente....Zupermán

A Ministra Elena Espinosa encabezará a candidatura do PSOE ó Congreso por Ourense



A ministra de Agricultura, Elena Espinosa, encabezará a candidatura socialista ó Congreso por Ourense, segundo se pode oír en todos os mentideiros políticos. Hoxe de feito xa recollen esta nova case todos os medios de comunicación. A proposta que se ven comentando dende hai semanas ten o apoio do partido en Ourense.

O propio secretario xeral do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño, anunciou onter que proporá que un ministro/a encabece unha das listas socialistas galegas ás próximas eleccións ó congreso. A súa designación, que aínda ten que someterse á aprobación dos órganos do partido, conta xa co respaldo do PSOE na provincia.

Está previsto tamén que o secretario de Organización del PSOE, José Blanco, abra a lista de Lugo e Antón Louro en Pontevedra. O ministro de Cultura, César Antonio Molina, posiblemente encabece a candidatura por A Coruña.

Dende aquí quero manifestar todo o meu apoio a esta proposta de que encabece a nosa candidatura Elena Espinosa, unha ourensana que leva feito unha gran labor polo mundo rural de España e que sempre ten presente a nosa provincia nas súas políticas

Carod-Rovira, menuda cagada



Onte poidemos asistir pola televisión á terceira entrega de "Tengo una pregunta para usted...". Asistiron o cordenador de IU Gaspar LLamazares, o portavoz de CiU no Congreso, Duran i LLeida e o presidente de ERC, Josep LLuís Carod-Rovira.

Ó igual que nos outros dous programas, ós que asistiran Zapatero e Rajoy, o ton de todos foi de carácter suave e conciliador, sen ningunha estridencia. Foron amables e intentaron contestar o mellor posible ós/ás cidadáns e saír airosos das encerronas nas que as veces eran metidos.

Pero nesto chegou Carod-Rovira.... Sometéreno a varias preguntas que o podían poñer en apuros, o ton de varios cidadáns era para retar e botar contra as cordas ó líder independentista catalán, pero Carod-Rovira en vez de intentar ser amable e contestar ás preguntas amablemente enfronouse persoalmente a todos/as e cada un ha das persoas que o poñían en apretos.

Un político que se precie, que queira gañar votos e que non queira empeorar a súa imxe, a do seu partido e a do seu ideario nunca debería facer o que fixo J.L. Carod-Rovira.

Está claro que calquera persoa española que poidera ter algo de reparo cara ó catalanismo esta noite aumentouno pola obra e gracia desta personaxe provocadora, e tamén está claro que calquera persoa que vote a ERC, pero que estea nunha esfera moderada costaralle volver a votar ó líder dun partido que só fomenta a confrontación cos habitantes do que el chama "o país veciño".

Comparto co Sr. Carod-Rovira algúns dos seus plantexamentos e entendo que estea irascible polos ataques ós que é sometido polo nacionalismo español pero eso non xustifica que un político perdaós papeis e abronque dese xeito a todas quelas persoas que non pensan coma ela.

Sr. Josep Lluís Carod-Rovira, menuda cagada...