viernes, 7 de marzo de 2008

O 9-M, Vota



Despois do vil e cruel asasinato de hoxe, agora só nos queda a todas e todos os demócratas responderlle a ETA co noso voto.
Por eso sexan cales sexan as túas inquedanzas políticas, o 9 de marzo respóndelle a ETA indo a votar. Son as únicas armas que todos e todas nós podemos empregar contra os asasinos.
Unha aperta moi grande para aqueles e aquelas que loitan pola democracia e pola liberdade de expresión en calquera país do Mundo, que profesen calquera relixión e que militen en calquera partido político.
As ideas só se defenden cunha arma, coa razón, pero nunca cunha pistola.
Isaías, hoxe todas e todos os socialistas, pero o que é máis importante, todos e todas as demócratas te levamos no noso corazón.