sábado, 1 de diciembre de 2007

Día Mundial da loita contra o SIDA

Hoxe é o día mundial da loita contra o SIDA. Unha das enfermidades que máis vida se leva ano tras ano no Mundo, sobre todo nos países africanos e do leste de Asia.
O SIDA é a gran descoñecida entre as enfermidades do noso século. Gran descoñecida porque parece que a xente temos reparo a saber máis dela. Aínda somos moitos e moitas os que escapamos ou evitamos a alguén o saber que é posuidor dos anticorpos do SIDA. Moitos non sabemos nin tan sequera como se trasmite, e mentres tanto pensamos que por contactar cunha persoa posuidora desta enfermidade xa nos imos a contaxiar.
Eu cada vez que falo deste tema, férveme o sangue ó ver que a Igrexa Católica lonxe de axudar a que esta enfermidade non se propaguen como unha praga nos países menos desenvolvidos economicamente, parece que pon unha venda nos ollos e que deixa que día tras día morran centos de persoas. Parece mentira que a Igrexa siga xustificando que non se pode usar o preservativo mentres familias enteiras morren mentres se transmiten esta enfermidade. Menudos salvadores de almas...
A todo esto teño que dicir tamén, xa que ven ó caso, que hai uns meses en Ourense, cidade na que resido, houbo unha gran polémica polo cambio de ubicación da casa do Comité Anti-Sida. Esta é unha ONG que está a facer unha gran labor de concienciación e axuda tanto á sociedade en xeral como aquelas persoas que teñen o SIDA. A vella ubicación do Comité estaba na zona vella, nos viños, e cambiou para a Rúa Cabeza de Manzaneda (uns 200 m. máis arriba pero xa fóra do casco vello) e os veciños botáronse todos á rúa en contra da ONG porque como eles dicían íanlle encher o barrio de maricóns, putas e drogadictos.
Mentres hai xente que desinteresadamente se deixa o seu tempo, os seus cartos e a súa vida en axudar desinteresadamente ós demais, outros somos incapaces de que o SIDA non é unha enfermidade dos outros, é unha enfermidade que nos pode tocar a calquera. Sí, sí, a calquera...