domingo, 20 de abril de 2008

Mira ben onde pos o X

Cando vaias a facer a túa declaración da renda, mira ben onde pos o X.
Podes contribuír ós fins sociais de moitas asociacións sen ánimo de lucro

Cea Socialista con Elena e Emilio


Onte por fin foi o día. As socialistas e os socialistas da provincia de Ourense reunímonos para celebrar os asombrosos resultados que acadou o PSdeG-PSOE na nosa provincia. O ágape estivo predidido polo noso Secretario Provincial, Pachi, o noso Secretario Xeral, Emilio e pola nosa Deputada e Superministra Elena.

Antes de cear pronunciaron os tres unhas palabras de agradecemento á militancia, ós/ás simpatizantes, e sobre todo a todas aquelas persoas que sen ter nada que ver co noso partido nos deron o seu apoio nos pasados comicios.

Foi un chamamento á unidade e o traballo e un recoñecemento a todas e cada unha das agrupacións locais polo meritorio traballo levado a cabo.

Na cea non faltou, practicamente ninguén: concelleiros, alcaldes, diputados, senador, delegados, e sobre todo militantes. Eramos máis de cincocentos.

Dende Santiago tamén se achegaron Blas, Eva e Víctor para axudar na organización do evento.



Na primeira foto estamos a xente que traballamos na campaña (faltan algúns) con Elena. De esquerda a dereita: Bea, Pili, Conchi, Antía, eu (Eladio), Nel, Elena, Iria, Lalo, Isabel e Susana.

Na segunda foto estamos de charla Elena e máis eu controlados por Tito (seu irmán), Conchi e Isabel.
Por certo, no intre da foto, aínda que o poda parecer, elena non me está ofrecendo ningunha Dirección Xeral, ;).
Bueno, bromas aparte, este foi un acto de unión entres todas e todos os socialistas e un gran recoñecemento ó esforzo de toda a xente que botou unha man na campaña electoral. Agora, e aínda que pareza que non, xa estamos inmersos noutro proxecto, as eleccións autonómicas de 2009, que están ahí á volta da esquina.