jueves, 20 de noviembre de 2008

Buscando ó Obama vasco



Teño que confesalo, este post é un plagio puro é duro do blog de Maripuchi y su Mundo (o cal vos recomendo que visitedes), pero é que me fixo tanta gracia que volo tiña que ensinar...aínda me estou rindo agora (espero que ninguén se tome esto a mal).

O efecto Obama chega ata Euskadi. Ó estar ás portas dunhas novas eleccións fai que os partidos políticos busquen un candidato con moito tirón como Barack Obama.

Espero que vos riades tanto coma min ;)

A que esperas para abrir unha conta no facebook


Non son eu moito facerlle publicidade ás empresas, pero dende aquí quixera convidarvos a todos/as os/as que me ledes a que abrades unha conta nunha das redes sociais que máis se empregan hoxe en día, Facebook. Logo buscade o meu perfil e o de outras persoas que coñezcades e unídevos a nós, é unha experiencia bonita e onde todos/as poderemos estar en contacto e enterados de moitas cousas case o instante.

Creo que é unha das mellores ferramentas que hai hoxe en día na rede é que ás organizacións lle poden sacra moito partido. É como estar nun bar moi grande falando e intercambiando opinións con moitos/as amigos/as.

Parabéns para Ignacio Escolar

Estes días falláronse os premios bitácoras.com 2008. Dentro destes hai varias seccións, e unha delas é a de mellor blog político. Á final chegaron o blog dun bó amigo, César Calderón con Neto Ratón 2.0, III República.es e o gañador Ignacio Escolar, director do xornal Público co seu blog Escolar.net.

Calquera dos tres tería ben merecido ter recibido o premio, debido a súa calidade, pero Escolar levouse o gato á auga. Espero que César ou o autor de III República segan a traballar como o están facendo porque serán merecedores de moitos premios.

Que estes tres blogs chegaran á final é un bo síntoma de que o pensamento de esquerdas cada día está máis forte na rede.