jueves, 20 de noviembre de 2008

Parabéns para Ignacio Escolar

Estes días falláronse os premios bitácoras.com 2008. Dentro destes hai varias seccións, e unha delas é a de mellor blog político. Á final chegaron o blog dun bó amigo, César Calderón con Neto Ratón 2.0, III República.es e o gañador Ignacio Escolar, director do xornal Público co seu blog Escolar.net.

Calquera dos tres tería ben merecido ter recibido o premio, debido a súa calidade, pero Escolar levouse o gato á auga. Espero que César ou o autor de III República segan a traballar como o están facendo porque serán merecedores de moitos premios.

Que estes tres blogs chegaran á final é un bo síntoma de que o pensamento de esquerdas cada día está máis forte na rede.

No hay comentarios: