Mostrando entradas con la etiqueta Zapatero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Zapatero. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de abril de 2009

Cambios ministeriais


Estes días estábase a especular sobre os posibles cambios ministeriais. Era un segredo a voces que Zapatero ía adiantar esta remodelacion de goberno para antes das Eleccións Europeas, pero as filtracións que se produciron estando el en Turquía fixerono volver a España antes do previsto para facer público os novo cambio.

O denominador común deste cambio é que se foma un goberno con moitísimo peso político.Salgado cambia de ministerio. Entran Chaves, Blanco e Jiménez, tres pata negra do PSOE. Tamén entran Gabilondo e González-Sinde. Saen Solbes (que o pedía a berros), Magdalena Álvarez (que non era moi afortunada coas súas intervencións), Garmedia, Soria e Molina (estes tres de moi baixo perfil político.

Zapatero acomete un cambio de ministros-xestores a ministros-políticos. Algo co que eu estou moi de acordo e que é o que veño repetindo dentro do PSOE a nivel galego sobre os males de algúns nomeamentos que se fan dende o noso partido. Persoas que xestionan ben pero que non saben aplicar criterios políticos. E en política estase para facer política.

Non son eu moi dado a ver as cousas eb clave territorial, pero Galicia segue a ter un peso moi grande neste executivo. Salgado será a número tres do goberno. Blanco ministro dunha das carteiras máis importantes. Espinosa titular do superministerio dos "tres medios", e Caamaño á fronte da súa recén estreada carteira de Xustiza.

Gústanme os cambios.



miércoles, 14 de enero de 2009

Balance positivo

Son ducias e ducias os actos que un Comité de Electoral dun partido político ten que organizar ó longo dunha campaña. Pero sempre hai un deles que marca un punto de inflexión na mesma, e no caso de Ourense este acto foi o do pasado domingo.



A verdade é que nunca empezaramos a este ritmo. Nas tres últimas citas electorais Zapatero estivo con nós en Ourense, pero esta vez foi moi distinto. Nas outras ocasións xa estabamos máis metidos en campaña. Desta vez entre que cuadrou á volta de Navidades, co cal a xente parece que está máis fría, ademais por parte do PP e do BNG practicamente non existen as eleccións, non se sabe onde están, non se moven. E pola nosa banda a candidatura aínda está sen rematar, os días claves van a ser este venres e este sábado.


Pero o acto foi todo un éxito, seis mil persoas no Pavillón dos Remediosnun día frío, moi frío. Domigo pola mañá, pero aínda así a xente acudiu dende todos os rincóns da provincia.

Como responsable provincial dos actos no Comité Electoral é normal que os días previos un estea algo nervioso xa que son mil cousas as que poden fallar. Pero entre a xente de Madrid, os de Santiago e un xenial grupo de Ourense que o dan todopara que o acto saia a pedir de boca, non se pode pedir máis.

É moita a xente que se deixa a pel na organización, pero hai un deles ó que lle habería que facer un monumento. Lalo G. Rosales está de sol a sol dandoo todo para que todos/as os asistentes non noten nin un só fallo (que algúns cometemos ;) )



Como sempre hai anécdotas teño que contarvos unha. A víspera á noite preguntámoslle a Lalo si falara cos do Pavillón para que ó limparan todo antes do día do mitin pola mañá. El respostou textualmete "Si, xa ven alguén do pavillón a limpar todo..........................creo".

E poño eses puntos suspensivos porque hai prodúxose un longo silencio seguido do "creo". Ó cabo dun pouco e en ton de broma Blas e Eva vaticinaron que aínda ía ter que limpar eu o pavillón.

O caso é que nos fomos a cear e logo a durmir. Ás oito da mañá do domingo chegamos Lalo e máis eu o pavillón, e este estaba sen limpar, e non había posibilidade de que o limpase ninguén.

Pois escoba en man, os dous, toucos limpar toda a pista antes de que entrara ninguén. E nos alí con trinta policías e os cadelos buscando explosivos a facer a faena.

Esas son as pequenas cousas que non se ven, pero que ó ver o ben que sae todo merece a pena facer e rirse delas.

sábado, 10 de enero de 2009

O día 11 Zapatero en Ourense

Estes días tiven un blog algo abandoado. Entre que aproveitei o nadal para escapar uns días a Barcelona, logo organizamos unha quedada facebook en Castro Caldelas, máis a tradicional cea de Reis dos amigos/as do Castro,... e agora xa metidos de cheo na precampaña electoral.

E a verdade é que foi rematar o nadal e poñerse a cen a preparar as cousas, porque en Ourense comezamos esta etapa por todo o alto.

O domingo día 11 de xaneiro estarán ás 12 da mañá no Pavillón dos Remedios dous Presidentes: o Presidente Zapatero e o Presidente Touriño.

Xa comezamos a andar algo estresados todos/as os/as que andamos na organización. Xa comezamos a berrarnos e a faltarnos o respecto, ;)

Fora bromas, a verdade é que somos unha piña e estamos moi compenetrados. Ahí estamos Miguel, Lalo, Bea, Conchi, María Quintas, e ducias e ducias máis de compañeiros/as que sería moi longo de relatar.

Xa están traballando tamén todos os de Madrid con Luismi, Rocío, Jose, etc... De Santiago, coma sempre, Blas e Eva á cabeza, pero logo un montón de xente con eles.

Estiven botando contas e entre uns e outros somos case 200 persoas as poñemos o noso grao de area para que o acto saia bordado.

Vémonos no Pavillón dos Remedios e o rematar xa falamos de como saiu todo. Espérovos.

lunes, 29 de diciembre de 2008

O 11 de xaneiro, Zapatero en Ourense

Arranca a precampaña, e que mellor maneira para os/as socialistas de Ourense que coa presencia de Zapatero.
Será, coma sempre, no Pavillón dos Remedios. O domingo día 11 pola mañá alá nos veremos se nos queredes acompañar.
No Comité Electoral Provincial estamos estes días a traballar a reo para que todo salía ben.

miércoles, 26 de noviembre de 2008

Zapatero pídelle á Igrexa que respecte todas as memorias

Ante as verbas de Rouco Varela reclamando esquecemento por parte dos familiares do bando republicano  e afondando en que en España hai unha gran preocupación porque se está a remover o pasado, Zapatero lembroulle á Igrexa que ten canonizado a preto de 1000 víctimas da Guerra Civil e están en proceso outras 500 (curiosamente todas do mesmo bando, do franquista).

As verbas textuais de Zapatero foron:

"Si todos los ciudadanos han respetado que la Iglesia Católica haya hecho un número muy importante de canonizaciones de mártires, ¿por qué no debemos respetar, en ese espíritu de reconciliación, que familiares de víctimas de la Guerra Civil puedan saber dónde están enterrados sus seres queridos y puedan obtener la satisfacción de ese reconocimiento?"


sábado, 18 de octubre de 2008

Entrevista en Público de Escolar a Zapatero

Mañá no xornal Público sairá á luz a entrevista que hai uns días lle realizou Ignacio Escolar ó Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero. Recoméndovos que a leades

martes, 12 de febrero de 2008

sábado, 2 de febrero de 2008

ZP en OU


Onte foi o día grande da precampaña para todas e todos os socialistas ourensáns. Zapatero estivo con nós no Pavillón dos Remedios. Tamén foi un dos días máis bonitos da viña vida política.Tiña unha responsabilidade que me foi encomendada polo Comité de Campaña de Ourense, que é a de ser Coordenador de Actos. Onte sobre min recaía unha responsabilidade importante, e hai que confesalo, non sempre un está todo o tranquilo que quixera. Levaba dúas noites durmindo moi mal. Moito traxín dun lado para o outro. Moito nerviosismo e tensión de todas e todos os que estamos no Comité de Campaña. Pero ó final un dulcísimo sabor de boca.
Cuarenta persoas na montaxe, máis de cincoenta na seguridade e outros tantos na organización, eramos os encomendados para que todo saise ben.
Evaia se saiu ben. Preto de seis mil simpatizantes encheron a rebentar o Pavillón. Moitos tiveron que quedarse ás portas, xa que por motivos de seguridade non podía entrar máis xente. Todos os asientos ocupados, os pasillos, as esquinas. Non cabía nin un alfiler.
E neso entrou Zapatero. O pavillón temblaba e case cae abaixo. Bibrábase e poñíaselle a pel de pita a un. Creo que o día de onte marcou un punto de inflexión na campaña e creo que temos o segundo deputado por Ourense conseguido.
Zapatero fixo un repaso da lexislatura e marcou as súas liñas de traballo para os próximos catro anos. Pero o momento máis sonado foi cando lle botou un rapapolvos ós bispos por entrar en campaña a favor do PP, pero metendo o terrorismo de por medio. Algo inaudito, que só vai a servir para que o conxunto da cidadanía se distancie cada vez máis da cúpula clerical.
O residente doGobierno e ndidato del PSOE á reelección, José Luis Rodríguez Zapatero, respondeu ós bispos dicindo que "non teñen dereito" a utilizar oterrorismo na campaña, e "se non llo aceptamos a Rajoy, tampouco llelo imos aceptar" a eles.
En conxunto foi un acto moi caluroso e que estivo animado no seu comezo polo "Follonero" da cadena La Sexta. Este subiu ó estrado e dixo que se ía quitar a careta e pediu que España tiña que estar gobernada por un home como Zapatero.
Quedoume un moi bo sabor de boca por como saliu todo (aínda que co acelerado que andaba case non me enterei de que falaron Paco, Elena, Emilio e Zapatero) e tamén polo "profesionales" que fomos todos e todas os que botamos unha man no que poidemos para que o acto estivera á altura.
Deixovos algunhas fotos deste gran día.














Para máis información do acto pinchade aquí.

miércoles, 30 de enero de 2008

Estes días estou que boto fume


Estes días estou que boto fume. Pero non sólo eu,...xa somos moitos e moitas no comité de campaña do PSOE de Ourense ós que xa se nos comeza a notar o cansancio. e eso que coma quen dí, aínda non comezamos de verdade.

Estes días andamos a cen organizando o acto do próximo venres con Zapatero. será un mítin no que reuniremos a máis de 6000 simpatizantes para escoitas o Presidente de Goberno e candidato do PSOE.

Hoxe comecei a mañá acompañando ós candidatos e candidatas socilaistas ata o xulgado (xunta electoral) para presentar a candidatura. Logo estivemos algúns dos responsables da campaña acabando de cadrar ós actos de ministros/as, conselleiros/as e outras personas para a precampaña e campaña. Máis tarde tiven que asistir a unha Xunta de Seguridade na Subdelegación de Goberno para coordenar Moncloa-PSOE-Garda Civil-Policía Nacional-Policía Autonómica-Policía Local para que todo o acto salia como é debido. Agora un hoquiño estou escribindo esto e máis tarde poreime coa xente que me bota unha man no tema de actos para poñer en marcha todo o dispositivo para o mitin do venres. A última hora achegareime ata Sandiás para asistir a reunión comarcal que celebraremos na Limia.

Con esta, xa só nos queda a de mañá en Carballiño, e logo a seguir con outras cousas.

Espero poder seguir sacando cinco minutiños cada día para seguir escribindo este diario de pre-campaña e campaña electoral.

martes, 6 de noviembre de 2007

Unha visión distinta da campaña con Z de Zapatero


A viñeta é propiedade de Rubio Cartoons e podédela atopar no seu blog.
A verdade é que en canto a vin non puiden resistirme á tentación de publicala no meu blog.
Encántame a visión que fai da campaña do PSOE con Z de Zapatero, pero o que máis me gusta e a cara de Rajoy, parece que acaba de recibir os resultados das últimas eleccións xerais.

jueves, 18 de octubre de 2007

Zupermán

Zimplemente....Zupermán