miércoles, 26 de noviembre de 2008

Zapatero pídelle á Igrexa que respecte todas as memorias

Ante as verbas de Rouco Varela reclamando esquecemento por parte dos familiares do bando republicano  e afondando en que en España hai unha gran preocupación porque se está a remover o pasado, Zapatero lembroulle á Igrexa que ten canonizado a preto de 1000 víctimas da Guerra Civil e están en proceso outras 500 (curiosamente todas do mesmo bando, do franquista).

As verbas textuais de Zapatero foron:

"Si todos los ciudadanos han respetado que la Iglesia Católica haya hecho un número muy importante de canonizaciones de mártires, ¿por qué no debemos respetar, en ese espíritu de reconciliación, que familiares de víctimas de la Guerra Civil puedan saber dónde están enterrados sus seres queridos y puedan obtener la satisfacción de ese reconocimiento?"


2 comentarios:

rePreSsOrEs dijo...

Hoxe ten outra opción o PSOE de decir claramente de que lado está. ERC fai unha proposta para que o Rei pida perdón polos fusilamentos de 5 antifranquistas no 75 nos cal el estivo presente. O PSOE votará en contra, seguindo o seu ambigüismo.
Seguimos cunha lei da memoria histórica moi feble e que non se aplica.

Ana Isabel Alberte, Arnoia dijo...

Eu sinto vergoña de que este "señor" sexa galego!! Teríamos que preguntarlle por qué nós temos que esquecer aos nosos e eles, pola contra, poden lembrarse dos seus mediante canonizacións e mais canonizacións. A mín sempre me dixeron que había que recordar para que non volvese a pasar o mesmo, ¿ao mellor e que a eles sí lles gustaría volver atrás? Un saúdo