martes, 25 de noviembre de 2008

A Baltar rómpeselle o chiringuito por todos os lados

Estes días Baltar non dá feito a tapar buracos no seu partido na provincia de Ourense. En Vilamartín de Valdeorras, feudo do PP de toda a vida, a crise "popular" comezou nas pasadas eleccións locais cando o sempieterno alcalde Candal (primeiro edil dende o ano 1973) estivo a piques de perder a maioría absoluta.

Os acontecementos fóronse desenvolvendo dun xeito kafkiano ata chegar ó último pleno. A este asistiron os catro edís do PSOE, un do BNG, e sorpresa.........polo PP só acudiu Candal.

O resto de concelleiros deixaron abandoado ó seu cabeza de lista (a súa filla e número dous incluída). Aquí comezou o que podería ser o próximo guión dunha película de Berlanga.

Candal carga contra os seus concelleiros (filla incluída). Estes cargan contra Candal. O alcalde di que pactará coa oposición. Logo manifesta que non fará campaña para o PP nas vindeiras eleccións. Máis tarde di que os mellores partidos son BNG e UPyD (menudo cacao mental ten este home).

Nesto chega Baltar e manifesta na prensa que xa ten todo arranxado, que falou con Candal e que este dimitirá como alcalde o vindeiro sábado. O alcalde  di que así o fará.

Máis tarde Candal vólvese atrás e di que ó mellor non dimite. E o último episodio (de momento) prodúcese hoxe cando Baltar manifesta na prensa que non descartea que Candal pode volver a ser o vindeiro cabeza de lista en Vilamartín e que aínda non sabe a quen proporán como primeiro edil no vindeiro pleno.

Baltar é zorro vello e sabe perfectamente a que está xogando. Sabe que segundo a lexislación vixente no vindeiro pleno só poderán optar á alcaldía ós/ás cabeza de lista dos tres partidos con representación no consistorio valdeorrés. Pero como Candal agora está en contra da súa filla hai que calamlo e enganalo. Por eso manifesta que aínda son sabe quen se porá á cabeza da corporación e que ó mellor recupera a Manuel Candal para as vindeiras eleccións.

Mentras tanto ó que vai facer Candel no pleno do sábado é unha incógnita.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Os seguintes capítulos serán Padrenda e San Amaro

Anónimo dijo...

Moi bo post, si señor. Haberá que estar atento. O cambio xeracional vai acabar afundindo a un Baltar que vai a pique paseniño. Alégrome moito por Ourense e polo PP, que falta fai que tome o camiño da civilización.

Anónimo dijo...

Los interventores orensanos del PSOE le han negado el saludo el 1 de marzo de 2009