Mostrando entradas con la etiqueta homosexuais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta homosexuais. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de octubre de 2008

Estou indignado

Teño que confesar que hoxe cando vin na prensa o que a Raíña Sofía opinaba sobre determinados temas de actualidade o primeiro que se me veu á cabeza foi colgar un post co título de ¿por que no te callas?.
Pero vou intentar ser un pouco comedido e non extenderme. Simplemente quero deixar unha pregunta no aire ¿está unha raiña para opinar sobre si a unión entre dous homosexuais é un matrimonio ou non?, ¿está unha raiña para opinar sobre o aborto?, ¿está unha unha raiña para opinar sobre a eutanasia?.
Son republicano confeso, aínda así teño a Sofía e Juan Carlos en boa consideración como persoas. Pero hoxe a raíña perdeu moitos puntos debido a súa frivolidade á hora de tratar temas moi seios e profundos e onde creo que ela non debe opinar. Para eso é a Raiña de todas e todos, segundo a Constitución.

viernes, 28 de diciembre de 2007

Esto non é unha inocentada, aínda que poda parecelo


Onte quedeime atónito e estupefacto ó ler a entrevista que unha periodista do xornal La Opinión de Tenerife lle fixo ó bispo de dita illa. Entre outras lindezas obsequiounos con algunhas como que a homosexualidade perxudica ás persoas e a sociedade ou veu a xustificar a pederastia porque hai cativos que provocan.
“Se te descuidas, provócante”. Así falaba dos cativos de 13 anos (¿cantos terán pasado polas súas mans?). O bispo de Tenerife, Bernardo Álvarez, xustifica deste xeito a orixe dundelicto, os abusos sexuais a menores. Considera a pederastia unha derivada da homosexualidade. “Non hai que confundir a homosexualidade como necesidade existencial coa que é practicada como vicio. A persoa [a] practica como pode practicar o abuso de menores”, sinala. O seu xuizo, este delicto nace da busca da “novidade” e convírtese así “nunha forma de sexualidade distinta”.
Mentres tanto o Vaticano exercendo a política do avestruz, escondendo a cabeza e non dicindo nada ó respecto. O que cala otorga.
Espero que o Defensor do Menor e a Fiscalía Xeral do Estado actúen de inmediato (non sei como aínda non o fixeron) ante este atentado contra os dereitos dos menores e os dereitos dos homosexuais.
Cada día que pasa síntome máis orgullosos de ter iniciado o camiño da apostasía (aínda que teño as miñas guerras coa Igrexa, que non me quere recoñecer tal dereito) e non ser partícipe en absoluto de todo este colectivo que o único que fixo ó longo da Historia foi enganar e manipular á Humanidade para poder manterse e perpetuarse no poder.
Seguro que os do PP faran unhas declaracións na prensa estes días ó respecto, e como puiden ler nun comentario anónimo en internet: "¿A culpa? Pois da masonería, do ateísmo, do laicismo, dos roxos, dos comunistas, dos republicanos, dos socialistas, da SER, do País, do Público, dos moros, dos xudíos, dos pagáns, do secularismo, dos nacionalistas, da pérfida Albión, da Modernidade, da Ilustración, de Marx, de Nietszche, de Kant, dos homosexuais, dos ecoloxistas e sobre todo, máis que de nadie, de Zapatero".
Mentras tanto os bispos gardan silencio e van a volver a convocar unha manifestación con Rouco Varela á cabeza, e da man do PP, para facerlle a campaña á dereita baixo a tapadeira de "Concentración a favor da familia cristiana"
Menuda familia.

martes, 20 de noviembre de 2007

Cristina López Schlichting adica unha sección na COPE a como curar a homosexualidade



A locutora da COPE, Cristina López Schlichting adicou a última sección de Amor e Sexualidade do programa "La tarde con Cristina" a falar da homosexualidade e como persoas que se declaraban gais e lesbianas conseguiran "sair" dela superando os seus problemas para experimentar a heterosexualidade.
Entre outras moitas cousas, no programa falaron de que algunhas das causas para ser lesbiana eran a obesidade, haber tido unha nai moi guapa, etc.
A explicación poético-psicolóxica das sexólogas alude en todo momento, para apoiar os casos que presentan a "factores alterados" dirante a pubertade, "anomalías no desenvolvemento" e "feridas afectivas", chegando a asegurar que descubrirse como homosexual xera sofremento. Ademais asegúrase que as persoas de "tendencia homosexual" teñen problemas para "aceptar a diferencia", e que outros poden pensar de maneira diferente ou ser doutro partido político.
Bueno un cúmulo de lindezas feitas por un grupo de persoas que son incapaces de comprender que non todos somos iguais e que hai moitas personas que na súa sexualidade optan por camiños distintos ós que elas escolleron. Unhas irrespetuosas e unas irresponsables que pensan que o ter unha alcachofa diante poder asegurar o que queiran ( ou o que lles digasn os bispos) sen temor a ser discutidas.
Se queredes escoitar o audio completo non tedes máis que pinchar neste enlace, non ten desperdicio.

viernes, 2 de marzo de 2007

Os matrimonios homosexuais e a moral do PP

Nestes días ven de debatirse no Congreso dos Deputados unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida por HazteOir.org e o Foro de la familia para derogar os matrimonios entre persoas do mesmo sexo e que só os matrimonios heterosexuais poidan adoptar cativos/as. Foi rechazada xa que votaron a favor PSOE, PNV, ERC, CC, IU, Grupo Mixto, dous diputados de CiU e unha drputada do PP, Celia Villalobos, o que provocou que o seu partido a multara. En contra posicionuse o PP e Unió Democrática de Catalunya, mentres varios deputados de CiU se abstiveron.

Podédesme crer, de verdade, que neste tema, como nalgúns outros, intento reflexionar e profundizar en todos os seus aspectos e facer un exercicio de empatía cara os que defenden cun fervor un tanto exacerbado que o matrimonio só debe ser entre dúas persoas de distinto sexo. Pero non logro entender o porque desta postura tan radical e tan pouco solidaria.
E o que menos entendo é esta postura tan radical e empapada de clericalismo rancio do Partido Popular. Tampouco entendo como algunha xente que comulga con este partido e que é homosexual non é capaz de alzar a súa voz contra tanta intolerancia. Respeto moito, no persoal, a Pepe Araujo, concelleiro do PP en Ourense, homosexual confeso, e unha das primeiras persoas en España que contraiu matrimonio coa nova Lei, pero non sei como é capaz de convivir co carnet do seu partido todos os días no seu bolsillo. (Aínda así quero enviarlle dende aquí a miña máis sincera noraboa polo seu matrimonio).

Hai xente que me di que eso debe ser así porque así o di Deus. Eu profeso o agnosticismo e polo tanto esta postura parece falta de toda razón, é unha postura apoiada na "sin razón", digamos que é unha posición fácil: O Cura na misa dí eso e polo tanto eu creo nela.

Outras personas defenden que non poden contraer matrimonio porque o diccionario di que o matrimonio é a unión do home e da muller concertada mediante determinados ritos ou formalidades legais e no catolicismo, é o sacramento polo cal o home e a se ligan perpetuamente con arranxo ás prescripcións da Igrexa. Pero, imos a ver, o diccionario está para cambialo. No diccionario cambiase o significado das palabras segundo o uso que lle deamos a poboación as mesmas. Entón, ¿non sería solidario e de igualdade que lle brindásemos o oportunidade de usar unha mesma palabra os homosexuais?. Porque non é máis ca eso unha palabra.
Outra xente dí que o do matrimonio vale, pero o da adopción de ningunha maneira, que eso é moi perxudicial e contraproducente para os/as cativos/as. Pero, ¿non é máis contraproducente ver a un pai e una nai que non se queren, que berra, ou pelexan?. Por cada informe que sae a luz pública defendendo que non é bó este tipo de adopcións, outro defende o contarrio.

Hai algúns que din que este tema non pode estar ben, xa que noutro países esto non se fai. É certo somos o terceiro país do mundo en que os matrimonios enter persoas do mesmo sexo está permitido. Para unha vez que imos en algo por diante, hai xente que reprocha este progresimo.

De verdade penso neste tema case todos os días e non atopo nin unha sóa razón para non defender que dúas persoas que se aman, queren e desexan poidan convivir sin ser encarcelados, perseguidos, insultados, mirados de reollo ou criticados polos demais.

Deixemos que cada quen elixa o seu destino, e non nós convirtamos nuns dictadores e donos do benestar dos demais.

P.D.: Por certo, acepto moi gustosamente razóns de peso en contra de todo o aquí exposto, para ver si tan confundido estou neste tema.