Non é de extranar a que a moita xente do BNG coa que de cando en vez comparto tertulia se lle remexan as tripas ó ver fotos coma esta.Aquí está o señor Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta de Galicia. O que antes era Quin a secas.
Moito se fartou de criticar os bailes do PP, a empanada, o polbo a feira, a queimada e os gaiteiros que Fraga levaba a todos os lados.
E agora aquí o tedes, intentando camelar ós maiores cuns bailes e chocolate con churros.
Vós erades os que estabades por riba do ben e do mal cando erades oposición. Agora que sodes goberno pola mañá e oposición pola tarde non hai máis que ver as vosas actitudes en vicepresidencia, cultura e sobre todo medio rural, para dicir: quen vos viu, e quen vos ve.




