martes, 22 de julio de 2008

O BNG maniféstase no "estranxeiro"

Aquí o teñen, donas e cabaleiros. O señor don Ángel Quintana, antes Quin, organizando unha manifestación no estranxeiro. O home de Allariz, falto de fotos estes días, tivo que organizar unha titiritada en Lubián (provincia de Zamora) para que o AVE chegue a Galicia moito antes. Creo que logo da manifestación-paparota o AVE comprometeuse a chegar dez días antes a Galicia gracias a Don Quin.Será todo o que lle teñamos que agradecer ós/ás do BNG respecto ó AVE, porque outra cousas por el non fixeron.

A manifestación seica foi un éxito. 300 persoas segundo ós/ás organizadores/as. 112 persoas, contando ós gaiteiros,veciños de Lubián, fotógrafos e reporteiros segundo me conta xente que estivo alí. Non foron nin todos os seus cargos, xa que moitos tiñan "citas inexcusables" (Isabel Pérez dixit) como unha comunión do fillo dunha amiga, ir a praia cuns curmáns, cortar ó céspede no xardín ou ir pasear os cadelos.

Imos esperar uns días e a ver con que nova titiritada nos sorprende don Quin. Estou seguro que algo chamativo si que será. E unha cousa si que vos podo asegurar, estará acompañada con polbo, empanada, gaiteiros e baile. Xusto todo aquelo que criticaba de Fraga.

Pero, que lle imos facer, Quin é así.


7 comentarios:

Anónimo dijo...

Así que Lubián está na provincia de Leon. Manda carallo¡¡¡. Todo o que dices despoís descalifícase por sí solo. Si non o sabes Lubián está na provincia de Zamora, limítrofe coa de Ourense. Menudos politiquillos temos no PSOE, criticando os do BNG, que gracias os votos deles estades no goberno da Xunta. Estádesvos poñendo nerviosos, acércanse as eleccións e pode que os resultados sean un descalabro para o PSOE. A situación de Lubián sacaríala do diccionario do presidente da Xunta, o chamado "touripedia".

Anónimo dijo...

Hai "angelito", dicir que o PSOE está nervioso co BNG. Como se nota que non lees a prensa e non ves as enquisas

Anónimo dijo...

Non vexo onde puxen que o PSOE estaba nervioso co BNG. Gracias o apoio do BNG está a Gobernar na Xunta. No meu pobo ás enquisas leemolas nos xornais o día seguinte de pasar os cidadans polas furnas.

Anónimo dijo...

Eu penso que Eladio Osorio Montenegro simplifica en demasía.

Linlle algún comentario, por exemplo o do Eliansito, e deixaba moito que desexar o seu razonamento, escaso, pouco profundo e que non viña a coallo.

Penso que o anfitrión é un home agradecido a sua empresa "psoe" e se deixa levar por as emocións.

O Quin fai eso e vós facedes outras titiritadas para saír na foto. Eu pediríalle máis respeto para os "colegas", sen eles non gobernabades. O bloque é necesario neste país.

Lémbrolle, compañeiro, que houbo un tempo no que o psoe o tivo todo, sin "hincala", e o que lle temos agora élle resultado da mala xestión daquela.

O botafumeiro que lle bota o Patchi a Emilio Pérez Touriño é infumable.

Eu sei desde fai tempo que "quien te unta los cascos, te los quiebra". Traducido: quen che fai a pelota acaba meténdoche a puñalada.

Ese home ten dignidade?. Ou é que quere lavar a cara por haber perdido ignominiosamente o congreso de Ourense apoyando Ó clan de Chamartín.

E que carallo fan os dous Eladios Osorios apoyando mortalmente ó Patchi?. Non teñen recorrido persoal acaso, con máis pedigree?. Son vostedes tan débiles?.

Ou o Patchi acaso lles tapou algunha débeda coa seguridade social, ( máis..... millóns de pesetas), el que tan ben especula.
Ou acaso Patchi é un magnífico empresario creativo de centenares de postos de traballo?. Non sei.

Ourense vai de cú. Xógome os collóns que non sae do burato. Dentro de quince anos falamos, se tendes vergonha.

Entonces deixádevos de panexíricos gabanciosos e traballade, se sabedes.

Lembre amigo, compañeiro, as miñas señas, e dentro de 15 anos habemos de encontrarnos na metade do partido. A outra metade, de dereitas, vai marchar co Patchi para constituir non sei que partido bisagra.

Será antes de 15 anos.

Se antes non o pillan en algún renuncio especulativo. Milagro.

Pídolle perdón por a miña dureza pero é o que penso, e élle bo para madurar. Sabe?. Ou imos andar con medias tintas para nunca superarnos?.

Anónimo dijo...

A ver listinho, Lubiám pertence a comarca da Seabra, um dos territorios coma o Bierzo arrebatados a Galiza polo Estado Espanhol e que esperamos recuperar pronto.

Logo do do AVE, apostoche o que queiras a que no 2012 nom está na Galiza, mais bem, retoche a que firmes um papel ante notario que se o AVE nom está no 2012 na Galiza te retiras da política, ja que dixeches que o PSOE e o único que pode mandar facer o TAV.

Anónimo dijo...

"que esperamos recuperar pronto"
Hai xente ben divertida

Anónimo dijo...

Non estaría de máis que coñeceses ou te informases sobre o alcaldde socialista de Lubián, tamén procurador nas cortes de Valladolid, Felipe Lubián Lubián. Ese territorio, historicamente galego e de cultura e lingua galegas (isto é algo científico e non busques en min ningún proxecto expansionista), é clave na entrada da autoestrada galega e hao de ser para o tren rápido (chamarlle AVE éche moito).

Quintana (non sei porque tes que mofarte niso de "Angelito") e o BNG buscan con este acto simbólico, evidentemente, un efecto ídem. e mediático. Claro. Pero é que é este tramo (Lubián_Ourense) un dos que lle serven ao Psoe para escudarse nos restrasos, seica pola súa dificultade técnica. Fácil non ha de ser pero creo que algo máis fácil que a autovía que sobre Pajares entre León e Asturias. Ou non?

O teu compañeiro Lubián sumouse ao acto.