lunes, 17 de noviembre de 2008

A democracia está de noraboa

Levaba uns días sen escribir xa que estiven de mini vacacións: Madrid, Cuenca e Toledo, e logo un par de días de descanso (traballando) en Ourense. Por elo todos estes días non escribín nada.
Onte a noite deiteime pensado en que ía a escribir hoxe, e aquí me atopo cunha das mellores novas que podía dar: a detención do xefe dos comandos de ETA, Garikoitz Aspiazu Rubina, alias Txeroki na localidade francesa de Cauterets (preto de Lourdes).
Posiblemente ETA, como reacción a esta detención, volva a cometer pronto outra das súas atrocidades. Pero ó poñer "fora de circulación" a Txeroki, posiblemente a democracia aforrará moitos mortos, xa que este era un dos máis sanguinarios asasinos da banda terrorista.
Os meus parabéns as forzas e corpos de seguridade franceses e españois por esta detención (xunto coa doutra terrorista).

9 comentarios:

J. Rogelio Rodríguez dijo...

(Breve paréntesis en el trabajo)

Me uno a tus parabienes hacia las fuerzas de seguridad, comenzando por la DGGC y siguiendo por la coordinación con la policía francesa... Y, además, que no falte la felicitación al ministro del interior (Sr. Pérez Rubalcaba) a quien, discrepancias políticas aparte, le avalan los números. Así de claro, simple y rotundo. Su cosecha en la política antiterrorista desde el final de la mal llamada tregua anterior es muy bunea.

Un gran día, sin duda, para todos nosotros, para todos los ciudadanos bien nacidos.

rePreSsOrEs dijo...

Teño un punto de vista moi diferente. Agora Txeroki era un segundón de ETA, que o apartaron fai tempo da cúpula por brando e por criticar algún tipo de atentados. Esto e unha farsa política para ocultar outros temas mais importantes. Aparte dame noxo ver esta prensa sensacionalista que nos días anteriores informada polo goberno escribiu ríos e ríos de tinta sobre este segundón que según a prensa é o xefe de ETA.

Agora ben, esta detención o que fai e fortificalo núcleo duro de ETA e facelo inda mais radical. Se por algo se caracterizou o liderazgo de Txeroki foi por intentar que non houbera víctimas nos atentados, cousa que non ocurriu no accidente da T-4 e no de CampBreton que foi por autoprotección pra non ser detidos. Dende que pasou a un segundo plano xa vichedes a forma de atentar, as 3 bombas en 24 horas que so causaron 1 morto ainda que puideron facer unha masacre, que era o que intentaban. Así que non sei se alegrarme ou non da detención

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

ler comentarios coma este último lembrame os de Jimenez los Santos sobre este mismo tema. Para que logo digan que uns están tan lexos dos outros.

rePreSsOrEs dijo...

Ler comentarios coma este último sen ningunha argumentación do que se di, recordame a Francisco Franco. Para que logo digan que PSOE e Franco non teñen nada que ver.

Anxos dijo...

Canto fachilla hai cun pin posto na solapa coa bandeira galega e unha estrela roxa de cinco puntas, porque fachillas hainos tanto na esquerda coma na dereita e tanto no nacionalismo español coma no galego

rePreSsOrEs dijo...

Claro que hai fachas galegos e fachas españois. Pero o que tamén e ser facha e non comentalo post de Eladio. j. rogelio rodriguez deu a súa opinión sobre a entrada. Eu tamén. E logo "emitiendo para toda la galaxia" e este último fan post que nada teñen que ver co tema a tratar. Eso moi democrático non é. Que se pretende ocultalo debate aberto?

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Está claro que non oiches a Jimenez Los santos, se non saberías a que me refiroe non fai falta oir a cope, xa que eu escoiteino noutro programa),xa que fixo unha comparación moi parecida a túa e acabou decindo que non creía que a xente se debera alegrar moito pola detención. Que é máis ou menos o que ves a decir ti. Por certo,tamén comparou o Gran Wyoming con Txeroki, que manda carallo!e tamén falou de farsa política...Non sei quen está mís cerca de quen.

Anónimo dijo...

O que hai que oir.Repessores,imos ver unha cousa, que hai que falar do que ti queiras? o normal e que se comenten ou ben a entrada ou ben os comentarios da entrada, e se a tí non che vai ben eso está claro que o problema telo ti.¿debate aberto?.Ti tentas sempre pechar o debate.
A todo esto e para que non teñas nada que decir(que o terás), eu estou totalmente de acordo con Eladio en que é unha gran noticia, e que con suerte imos aforrar moitos mortos, e de acordo con emitiendo e con anxos en que non sei de que irás, pero parece que te escoras a dereita máis que para o outro lado.

Tamén escotei a comparación de los Santos entre Wyoming e Txeroki(no intermedio) e so podo decir: Espectacular.

rePreSsOrEs dijo...

Estades completamente equivocados nas vosas reflexións. Jimenez Los santos dixo que retrasaran a detención para non coincidir coa cumbre do G-20 e que Zapatero podía facer mais policialmente.
Eu defendo o contrario, que o que hai que facer e negociar politicamente para acabar co conflicto. E que Txeroki era un segundon na ETA por brando e que a nova dirección e mais de poñer mortos encima da mesa. Son cousas totalmente opostas a Jimenez Los Santos, que por certo, coas burradas que dice non sei como non o encarcelan se ao mesmo tempo queren facer eso con De Juana Chaos por unha carta que non di nada.

Eu o que digo e que hai que comentar o tema, xa que o mensaxe de:
"ler comentarios coma este último lembrame os de Jimenez los Santos sobre este mismo tema. Para que logo digan que uns están tan lexos dos outros."
e pura demagoxia e non ten argumento ningún.

Anónimo, eu o que creo dos mortos é o contrario. Txeroki intentou que non houbera mortos nas súas accións e so houbo no accidente de Baraxas e no de CampBreton por autodefensa. E xa viches as últimas accións de ETA. Agora haberá mais mortos, por eso non sei se alegrarme da súa detención.

Por outra banda cando deteñen a alguén con importancia en ETA, en poucas horas hai un atentado, mira o da Universidade. Cando alguen pasa a segundo plano non pasa nada, coma con Arnaldo Otegui ou Txeroki.

Así que saca as túas conclusións.