jueves, 23 de octubre de 2008

Boas novas para a comarca de Trives e Caldelas


Esta está sendo unha gran semana para as comarcas de Trives e Caldelas. Hai uns días coñeciamos as liñas mestras dos orzamentos para o ano 2009, e neles veñen plasmadas varias inversións que viñamos reclamando os socialistas desta comarca.

Xa se contempla partida orzamentaria para o estudo da conexión de Trives coa N-120 e futura autovía e o estudo para a conexión de Trives con Valdeorras. Pero ademais, ven contemplado o estudo para arranxan a OU-536 que cruza a comarca de Trives e de Caldelas para comunicarnos con Ourense. Ademais xa veñen reflexados os cartos que faran falta nas próximas anualidades. Contémplase un total de 25,5 millóns de euros de inversión en tres anos, é dicir 4.242 millóns das antigas pesetas.

A todo esto temos que engadirlle que hoxe no Consello da Xunta aprobou a realización da concentración parcelaria nas parroquias de Vilamaior, O Burgo e Camba, dotada cun orzamento de 1,5 millóns de euros.

Unha boa semana para Trives e Caldelas.

1 comentario:

Rubín de Cendoya dijo...

Será certo?. Anda que non levan atraso.

En qué se quedou aquelo de A76-XA?

Saude