viernes, 24 de octubre de 2008

Comeza a gran festa da fotografía en Ourense



Coa caída da folla e o nacemento dos chouparros chega a Ourense, de novo un ano máis, o Outono Fotográfico. Coma sempre estará organizado dende a Casa da Xuventude con Benito Losada á cabeza.
Esta mostra que xa está consolidada dentro do panorama fotográfico, tanto de Galicia como de España ten unha particularidade, durante preto de dous meses imos poder ver ducias e ducias de exposicións dende as galerías de máis renome ata os bares e as librerías máis pequenas da provincia. Vanse mesturas por uns días os fotógrafos máis recoñecidos cos amantes da cámara fotográfica máis noveis. Ese é o encanto do Outono Fotográfico.

Este ano van a expoñer dous caldelaos, Jorge Cacharrón e María X. Castro. Eu este ano non o farei. Levo dúas edicións de sequía, por falta de tempo. Pero teño que confesar que me volve a picar o gusaniño e teño algunhas ideas pola cabeza que ó mellor igual se poden ver colgadas dunha parede para o ano que ven.

Quedades todos/as invitados a disfrutar da gran festa da fotografía en Ourense.

1 comentario:

xiabre dijo...

vexo que compartimos afición.saudos