Mostrando entradas con la etiqueta Trives-Caldelas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Trives-Caldelas. Mostrar todas las entradas

domingo, 21 de diciembre de 2008

Reunión Socialista en Castro Caldelas


Hoxe domingo, pola mañanciña celebramos unha reunión comarcal en Castro Caldelas para preparar as vindeiras eleccións autonómicas. Alí estivemos o Comité Electoral Comarcal cos compañeiros e compañeiras que van levar o peso da campaña en cada un dos nove Concellos da Comarca Trives-Caldelas, da que son Secretario Comarcal.

Como podedes ver, a foto saiu algo movida, aínda así é a mellor de todas as que se fixeron. A veces a tecnoloxía falla. Na imaxe aparecemos de esquerda a dereita Macu Acuña, Miguel Fidalgo, Pachi Vázquez, Eladio Osorio, Laura Seara e Pablo López.

Estou convencido de que na provincia de Ourense vai a medrar considerablemente o respaldo electoral cara ó PSdeG-PSOE, e a comarca Trives-Caldelas vai a ser unha das claves neste aumento de respaldo ós/ás socialistas.

Xa falaremos o día 2 de marzo e veredes como non andaba eu moi desencamiñado.


jueves, 23 de octubre de 2008

Boas novas para a comarca de Trives e Caldelas


Esta está sendo unha gran semana para as comarcas de Trives e Caldelas. Hai uns días coñeciamos as liñas mestras dos orzamentos para o ano 2009, e neles veñen plasmadas varias inversións que viñamos reclamando os socialistas desta comarca.

Xa se contempla partida orzamentaria para o estudo da conexión de Trives coa N-120 e futura autovía e o estudo para a conexión de Trives con Valdeorras. Pero ademais, ven contemplado o estudo para arranxan a OU-536 que cruza a comarca de Trives e de Caldelas para comunicarnos con Ourense. Ademais xa veñen reflexados os cartos que faran falta nas próximas anualidades. Contémplase un total de 25,5 millóns de euros de inversión en tres anos, é dicir 4.242 millóns das antigas pesetas.

A todo esto temos que engadirlle que hoxe no Consello da Xunta aprobou a realización da concentración parcelaria nas parroquias de Vilamaior, O Burgo e Camba, dotada cun orzamento de 1,5 millóns de euros.

Unha boa semana para Trives e Caldelas.

viernes, 16 de mayo de 2008

O PSOE de Trives, Caldelas e Valdeorras intercambia opinións

Onte celebramos unha xuntanza no Pazo do Castro do Barco de Valdeorras os deputados provinciais, delegados, alcaldes, portavoces e secretarios comarcais, e unha posterior rolda de prensa.
Na foto superior estamos, de esqueda á dereita:
Víctor González, deputado provincial e tenente de alcalde de Cortegada; José Luis "Chelis" Pérez, deputado provincial e alcalde de Vilardevós; Miguel Fidalgo, senador e secretario provincial de organización; Alfredo García, deputado-portavoz provincial, alcalde do Barco de Valdeorras e secretario comarcal de Valdeorras;eu, Eladio Osorio Montenegro, secretario comarcal de Trives-Caldelas e asesor do grupo provincial socialista na Deputación de Ourense; Carlos Montes, deputado provincial e alcalde do Carballiño.
A reunión reviu para intercmbiar pareceres e fixar unha estratexia tanto nas comarcas como na Deputación de cara ós vindeiros anos. Hoxe podedes ver o tema recollido nalgúns medios de comunicación como La Región ou La Voz de Galicia.
Na segunda fotografía podedes ver a fachada provincial do Pazo do Castro, onde mantivemos a reunión, un lugar moi recomendable para pasar uns días se tedes pensado visitar as terras de Valdeorras.