domingo, 20 de enero de 2008

Fachós 2008. Un éxito


Un ano máis e xa rematou a festa máis fermosa de Castro Caldelas, a festa dos Fachós. A festa das festas.
Coma todos os anos foi moita a xente que se achegou ata a vila caldelá para desfrutar desta noite tan enxebre e tan fermosa.
Pero este ano cadraba a sábado, e a cantidade de xente ata foi de máis. Había ducias de persoas de Santiago, de Vigo, da Baixa Limia, de Valdeorras, de Verín, de Ferrol, da Coruña...
Por primeira vez puiden ver ata autobuses fletados para asistir a este evento. Calcúlase que se achegaron ata a festa ó redor de 8000 persoas. Posiblemente se haxa que replantear a organización deste evento xa que é case imposible atender a tantos visitantes co sistema que hai hoxe en día.
O que sí é certo é que cada vez as persoas que nos visitan vanse máis entusiasmadas cos Festa dos Fachós.
Este ano conmigo estiveron: Méndez Romeu, Conchita Camiña, Camilo Ocampo, Raúl, Monedero, Chelis, Miguel de Petín, Juan de Montederramo, Paco Magide, Paco del Río, Fran de Piñor, etc... (seguro que me esquezo de moitos/as, pero perdoade)
Para o ano que ven, a ver si aínda sae mellor ca este ano.
Por certo, tivemos grandes apuros para chegar ata o final co fachón grande (preto de 35 m. de lonxitude)

1 comentario:

encarna dijo...

Eu iste ono pasei de levar fachón porque coa cantidade de xente que había (moitos deles inexpertos) ía ser un pouco coñazo. Por iso optei por ir a distintos puntos puntos do percorrido e vivir o espectáculo dende fora. Primeiro vin a maniobra para meter o fachón grande no parque, despois o seu paso polo prado, logo o percance ó lado da fonte da rúa grande... Alucinante, creo que a procesión foi máis lenta e por elo máis fermosa porque non parabas de ver fachós e fachós ¿cántos se farían?