domingo, 5 de octubre de 2008

Boa mistura. A Coruña, Bunbury e W. Eugene Smith

Esta fin de semana puiden desfrutar dunha boa mistura: a cidade da Coruña, a exposición de PhotoGalicia de W. Eugene Smith e o concerto de Bunbury.

A Coruña é para min unha cidade extraña, e explícome. Paréceme unha das cidades máis fermosas de España. Unha cidade moderna, emprendedora, unha cidade que mira cara ó mar, unha cidade amante da cultura... Pero tamén algo que non me gusta, creo que é unha cidade demasiado engreida. Non me pidades que vos dea explicacións, ó mellor é só o meu parecer, pero non entendo esa teima de case todos os seus habitantes de resistirse a falar en galego. De verdade, non o entendo...

Pero imos a falar das boas cousas da Coruña. Unha cidade moderna que soubo aproveitar o mar para embelecerse. Unha cidade que soubo cambiar a súa imaxe dende os anos oitenta cara hoxe. Unha cidade que soubo subirse ó tren da cultura e facerse un referente en España con todos os seus museos. En fin, unha cidade para visitar a cada pouco.

Unha das miñas paradas programadas era visitar o edificio da Fundación de Caixa Galicia, que xunto con PhotoEspaña organizan por segundo ano PhotoGalicia e traen á cidade das galerías a excelente exposición fotográfica do gran pai do enaio fotográfico W. Eugene Smith.

Non vos quero aburrir falando de Smith. Só dicirvos, para os/as que amades a fotografía, que vos deberiades perder esta mostra porque é unha gran oportunidade de ver como un fotógrafo empeña toda a súa vida en facer que as súas fotografías falen.

O libro da mostra tédelo á venda en La Fábrica. Unha obra imprescindible para aqueles/as que nos vos fartedes de ver e volver a ver mil veces unhas ducias de obras de arte que marcan unha época na historia da fotografía.

Á noite tocoulle a Bunbury... Quen mo diría a min cando tiña dezaoito anos e non podía ver nin en pintura ós Héroes do Silencio. Que queredes que vos diga, non me vou desfacer en eloxios cara este showman porque a música e os músicos teñen que gustar. E por moito que me explique eu non van a gustarvos nin máis, nin menos.

Dúas horas largas de concerto no Coliseum nas que repasou todo o seu pasado musical e presentou o seu novo disco, que sairá á venda a próxima semana.

Todo indica que Bunbury volta ó rock and roll logo de ter experimentado con case todo no eido musical. Esta aseveración é moi particular, pero para min hoxe é o maior showman que hai no escenario musical español. Porque falar de Bunbury non é só falar dun músico, é falar dun verdadeiro show.

Se queredes máis sobre el ide aquí.

9 comentarios:

J. Rogelio Rodríguez dijo...

Me apunto tu comentario de W. Eugene Smith (y los enlaces). Sobre Bunbury, reconozco que durante años, llevado por prejucios negativos sobre este personaje (me cargaba bastante su pose metafísico-festiva), no me molesté en escuchar nada de él. Además la música de Héroes me sigue pareciendo muy plomiza.
Pero en lo refertente a Bunbury, y aunque hoy en día me sigue cayendo pesado, he de reconocer que su música y su obra me resulta interesantísima, por ecléctica. Es un artista al que procuro seguir.
Sobre La Coruña (a mí me sale así, aunque tamén podo falar A Coruña), ¿qué queres que che diga? Mi familia materna es de Montealto (no sé si se escribe así o separado) y, desde luego, la gente de este barrio no tiene nada que ver con el engreimiento.
Es verdad que durante muchos años (yo) solía pensar que todos los habitantes de esta maravillosa y siempre sorprendente ciudad eran como la gente que conocía (de Montealto, repito). Pero lejos de ello he de reconocer que a lo largo de los años he conocido bastantes coruñeses en Madrid y, muy a mi pesar, reconozco que el nivel de tontainas y tontolculos de entre todos los coruñeses que he conocido es bastante superior a la media nacional (repito, muy a mi pesar).
En lo referente al idioma (galego) y al engrimiento, tal vez no capte lo que quieres decir, pero de entrada entiendo que nadie "se niega" a hablar en una lengua por principio, salvo contadas excepciones (al menos cuando ambas gozan de oficialidad, es decir, de reconocimiento y respeto institucional). Simplemente a algunos ciudadanos "les sale" hablar en gallego y a otros en castellano. Y no creo que pase nada, ni que eso signifique engreímiento.
Si te das una vuelta, por ejemplo, a Oleiros (unos 15 min. de viaje) el panorama cambia (el número de galego falantes aumenta).
Saludos.

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Varias cousas para Roge:

1.- Coñecéndote, creo que o libro de Eugene Smith sería unha desas obras que caíndo nas túas mans pasaría a ser un obxecto de culto. Se podes bota unha ollada en internet, pero creo que con este libro ías quedar abraiado. Smith é moito máis ca un fotógrafo, é un contador de historias con imaxes.

2.- Respecto ó de Bunbury, eu entendo que haxa a moita xente que lle dea reparos este personaxe, posiblemente pola súa pose. Pero para min, eso forma parte desa imaxe e dese espectáculo que el tanto coida. Creo que é un artista con letras maiúsculas.Creo que para a próxima vez que veñas vouche a grabar unha selección dos seus temas, a ver se se che mete o bichiño no corpo ;)

3.- Sobre A Coruña e os seus habitantes, ó mellor non me expresei ben, pero creo que os/as coruñeses posiblemente sexan os cidadáns (estou xeneralizando, e non me gusta facelo)máis burgueses de Galicia, para o bo e para o malo. Gracias a eles, aquí ou nos seus arredores naceu Zara, Fenosa, Banco Pastor, Banco Gallego, Caixa Galicia, La Voz de Galicia, Banco Etxeberría... Pero a burguesía en Galicia sempre tivo un mal endémico (e hai varios tratados sobre este tema) que foi crer que desenvolvemento, modernidade e innovación ían sempre ligados á cultura castelá. Esto fixo que sempre renegasen de todo aquelo que cheirase a galego, e déronlle as costas a toda unha riqueza cultural.
Creo que tan importante é falar nun idioma coma noutro, e coñecer os dous, pero non hai porque renegar da túa propia cultura.
Eu non creo que falar nunha lingua ou noutra sexa porque "che sae". Falas nun idioma ou noutro por herencia cultural, por esforzo ou por crenza. A min non me "sae" falar en francés aínda que o coñezo. A min "saeme" falar na lingua que me criaron ou na que me esforcei en falar eu ó longo da vida, eso si sin intentar avasallar a ninguén falándolle unha lingua que sexa inintelixible para el. Porque creo que o principal é gardar respecto cara ós que non te entenden.

Anónimo dijo...

É moi curioso destes castellanitos oilos falar de que van a Mellid ou a Órdenes.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Eu tamén aborrecía a Bumbury, pero gracias a varias horas de coche con vós aprendín a amalo e agora: encántame. No meu auto agora soa moi a miudo e ¿sabedes quén o pide? Sí, Roge.
Coruña: non é unha, son dúas. A zona de Montealto e arredores non ten nada que ver co resto da cidade en moitos aspectos (por exemplo no abandono por parte do concello, deputación ou xunta). Evidentemente as xeralizacións non son boas, pero é verdade que nesa cidade ocurre un fenómeno paranormal. (bicazo para as loucas de Montealto).
O de decir: Melliz, Órdenes, Sanjenjo, Ginzo de Limia (a última vez que collín o Dainco aínda viña así) etc... non creo que dependa só de que sexas/vaias de "castellanito" (adxetivo que non me gusta moito porque se usa como despreciativo e non creo que teñamos que despreciar a ninguén pola lingua que fala. Non vai conmigo iso da "discriminación positiva". Discriminación=negativo, malo) se non de que en demasiados sitios fora de Galicia aínda aparecen ises nomes (mapas, billetes de bus, etc...). A xente que non é galega moitas veces só ten esas referencias para falar dos pobos. De feito, podo dicirvos que moitos flipan cando lle contas a historia de Sanxenxo- San Ginés e ó final decántanse polo 1º

Anónimo dijo...

Ola! Como me aledo de que faledes de PHotoGalicia, de PHotoEspaña e de La Fábrica, que é a empresa onde traballo, xusto no departamento de comunicación e difusión. Son Myriam, a filla do Paco o Ferreiro da Pena, que aínda que non paso moito polo Castro últimamente téñovos moi presentes nas miñas lecturas pola rede.
Espero poder conseguirvos algún exemplar do catálogo de W. Eugene Smith, e senón, unhas cantas guías de PHotoGalicia. Moitos bicos

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Ola Myriam: que ben atoparte por aquí, ó final todas as xornalistas ides saíndo á rede, jeje. A ver si os que estamos lonxe podemos ir logo a ver esa exposición.

Anxinho dijo...

Máis alá da miña admiración persoal por Bunbury, creo que é de xustiza recoñecer que é un dos poucos artistas españois cuxa gran virtude é o seu desexo por evolucionar e descubrir novos sons e tendencias. Se escoitamos todos e cada un dos seus discos decatarémonos de todo isto do que estou a falar.
Un saúdo

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Myriam teño que dicir que sabía que andabas por Madrid, pero non tiña nin idea de que traballabas para La Fábrica.
E non sabes a ilusión que me fai sabelo, eu son "devoto" da vosa editorial. Teño ducias de libros de "La Fábrica", toda a colección de Photobolsillo, libros de García-Alix, Cristobal Hara, PhotoEspaña....
Non teño máis porque a miña economía non mo permite, que senón...
Por certo vouche dar unha sorpresa. Se tes acceso ós libros mira a portada do libro Contranatura de Cristóbal Hara e contame ;)

Un día farei unha entrada sobre este tema.

Moitos bicos

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Unha anotación para os "ilegais" que cheguedes ata aquí.

Sabedes que o disco de Bunbury aínda non saiu á venda, pero xa circula polo e-mule. E a min "dixéronme" que soa moi pero que moi ben.

Volvo para o equipo de música a que me "digan" que tal soa.

;)