Mostrando entradas con la etiqueta internacional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta internacional. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de octubre de 2007

Ledicia e tristura na política internacional



Hoxe na política internacional unha de cal e outra de area.

Onte celebraronse en Suiza eleccións xerais e gañou o Partido Popular de Suiza, un partido de dereitas e corte populista. O UDC-SVP levou a cabo unha campaña racista e xenófoba. O seu cartel electoral díceo todo, cun eslogan que reza "creando seguridade", unha ovella branca expulsa dunha patada no cu a unha ovella negra fora do tapiz que forma a bandeira suiza. Como diría un amigo meu "para que falar..."

Por outra banda, onte tamén se celebraron eleccións parlamentarias en Polonia. Non gañou a esquerda, que foi a terceira forza, pero gañou un partido de dereitas (liberal) normal.E digo normal porque o Partido de Lei e Xustiza dos irmáns xemelgos Kaczyski que levan gobernando Polonia dende hai uns anos é de todo menos normal. Un partido que rompe a cada pouco a estabilidade en Europa, ultracatólico, antieuropeísta e perseguidor dos ex-comunistas. Por certo, para Aznar son os seus ídolos en Europa.

Pois nada, que o sinto polos suizos que sempre foron un exemplo de convivencia entre distintas nacionalidades e etnias e que a partir de agora seguro que entran nun grave retroceso en canto a convivencia, e noraboa ós polacos por darlle un pouco máis de seriedade a política do su país.

viernes, 13 de julio de 2007

O meu blog está censurado na China



Si, si.... como o escoitades, o meu blog está censurado na China. Eu non sei que mal cometería, xa que este blog creo que ten uns contidos que os pode ler calquera (outra cousa é que opine igual).

Lendo un post do blog de Arbillas entereime que o dela estaba censurado, e entrei eu a consultar o meu blog a través de greatfirewallofchina, cal foi a miña sorpresa ó ver que ningún chinés que resida no seu país non poderá ver nuca estes comentarios.

A verdade, e sinceiramente, non creo que a ningún chinés lle interese moito o que eu aquí escribo, pero bueno sempre che fastidia ser merecedor de tal distinción.

Dándolle voltas ó asunto, houbo un momento no que entrou a dúbida de se esta páxina fose unha web propagandística en contra do réxime chinés, pero creo que non, porque fixen varias consultas de temas relacionados co comunismo e sempre deixaba acceder.

Bueno, aquí queda esto como curiosidade.