Mostrando entradas con la etiqueta persoal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta persoal. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de febrero de 2007

O Blog de María Amelia

Quixera inaugurar o meu blog invitándovos a todas e todos a visitar unha das experiencias na rede máistenras e bonitas que nunca vin. María Amelia cumpliu 95 anos hai uns días, e o seu neto regaloulle un blog. Como María Amelia non pode escribir díctalle o seu neto os seus comentarios, reflexións e vivenzas. María Amelia é de Muxía e é socialista ata a médula. A súa páxina non ten desperdicio, é do mellorciño que teño visto pola rede. Para elo xulgade por vos mesmos. http://amis95.blogspot.com

martes, 13 de febrero de 2007

Benvid@s tod@s

Hoxe nace un novo blog. A partir de hoxe esta será a libretiña virtual na que vaia anotando todas as miñas inquedanzas. Estas notas xirarán, en principio, sobre dous grandes temas, a comarca de Caldelas e a política. Máis adiante irei engadindo algunhas outras cousas, xa veremos. Gustaríame que aquí poidese escribir quen quixera con total liberdade, pero eso sí e co maior respecto as persoas. Espero que neste espazo se poida respirar liberdade e tamen fraternidade. Unha aperta a todas e todos e gracias por visitarme.