jueves, 15 de marzo de 2007

O dereito a vivir dignamente e o dereito a morrer dignamente.

Hoxe morreu Inmaculada Echevarría, morreu porque ela o desexaba. Levaba 27 anos desexando que chegara este intre.Inmaculada padecía unha distrofia muscular progresiva que a deixou tetrapléxica, conservaba a vida artificialmente (se a eso se lle podía chamar vida) porque estaba conectada a unha unidade de ventilación mecánica.

Este foi un tema que provocou moita controversia nos últimos días como xa o fixera no seu día o caso de Ramón Sampedro. Neste tema, coma noutros moitos onde se fala sobre decisións individuais das persoas sempre se mistura unha certa moralina procedente dos principios relixiosos dalgúns.

Con este tipo de decisións ninguén está reivindicando que cando unha persoa se atope postrda nunha cama de por vida padecendo unha enfermidade irreversible a haxa que desconectar das máquinas. Aquí estamos a falar, sinxelamente, de que cando unha persoa se atope nun caso coma este poda decidir por sí mesma que é o que quere facer. Eu respecto, e moitísimo, aqueles que queiran conservar a vida, dende logo que é moi valente pola súa parte. Pero non é menos valente aquel que decide non seguir vivindo porque a súa existencia carece de sentido.

Deixémonos de crernos con poder de decisións sobre os demais e loitemos por ter a capacidade de decidir por nós mesmos e que non sexan outros os que decidan.

Eu entendo que haxa xente que lle dean reparo este tipo de decisións por estar impregnados da cultura que irradia a Igrexa, pero que eles non entendan a nós, os que non temos a "sorte" de crer nun máis alá, nin nun máis acá, nin nun Deus o que lle pertence a nosa vida...

5 comentarios:

Anónimo dijo...

pois fíxate na "benevolencia" e na grande "humanidade" da igrexa, que Inmaculada, despois de pasar case toda a súa vida ingresada nun hospital relixioso, tivo que abandonalo para poder morrer. certamente unha situación de abandono por parte dos sectores relixiosos que tod@s deberiamos denunciar. vergonzoso.

Anónimo dijo...

Coido que este paso que deu Inmaculada vai abrir o camiño a moitas persoas que se atopan en situacións similares para poder loitar polos seus dereitos. Vai ser un gran exemplo de dignidade para toda a sociedade española.

Anónimo dijo...

Eu a veces, nun exercicio de empatía, intento poñerme na pel dos que pensan (influídos polo catolicismo) que Deus é o dono das nosas vidas e que ten que ser El o que decida por nós (por medio da boca da Igrexa, ou sexa dos curas, pero de verdade escápase á razón e non dou entendido como cada quen non pode decidir por si mesma

andrederabal dijo...

Estando así, mellor morrer que sufrir.

Anónimo dijo...

É un gran recoñecemento dos dereitos individuais que cada persoa ten e debería de poder exercer libremente. Decidir vivir ou recibir un tratamento médico ou non debería ser un dereito, e non unha imposición.