jueves, 15 de marzo de 2007

Un gran día para as mulleres...e para os homes



Hoxe aprobouse no Congreso dos deputados a Lei Orgánica para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes, donde foi respaldada por todos os grupos políticos (192 votos a favor), excepto o PP que se abstuvo (119 votos). Unha vez máis the Partido Popular is different.
Foi Zapatero quen defendeu a Lei e afirmou que con ela se transformará para ben, radicalmente e para sempre a sociedade. Eu non sei se a transformafá ou será un paso máis, pero dende logo é unha Lei moi importante que axudará a facer xusticia ás mulleres. Dende logo, dende hoxe España será un pouco máis xusta con esa metade da poboación que día a día sofre discriminación pola súa condición de mulleres.
Acebes, facendo gala do seu talante calificou esta Lei como absurda e excluínte, xa vedes, todo un cabaleiro...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

É certamente interesante a aprobación desa lei estatal de igualdade, e a min gustaríame engadir que en galicia se aprobou o pasado día trece a "lei do traballo en igualdade das mulleres de galicia", tamén coa abstención do pp e o voto favorable do resto de partidos.
un grande avance na nosa comunidade e unha lei certamente poineira e necesaria.
e o pp abstense ante unha lei tan beneficiosa coma esta??? XA LLES VALE!!!

Anónimo dijo...

Como di Eladio The PP is different, son os do NON a todo, incluso ós avances na igualdade de mulleres e homes