martes, 1 de diciembre de 2009

De minaretes e campanarios



Suiza é un país que me sorprende. É un país que me sorprende enormemente, para o bó e para o malo. Tiven oportunidade hai un ano de percorrela de cabo a rabo: Locarno, Gotthard, Altdorf, Luzern, Basel, Bern, Geneve, Zurich, Laussane, Schaffhausen, Kreuzlingen, Interlaken, Spiez, Thun, Lauterbrunnen, etc. e a verdade é que viñen maravillado. Tamén me chamou sempre moito a atención da historia, a relixión (luteranismo maioritariamente) e o sistema político helvético. Suiza sempre estivo no centro de todo, sen mollarse, e gracias a este posicionamento (que non comparto en moitísimos casos) souberon aproveitarse e beneficiarse do seu en múltiples cuestións.


Suiza, históricamente, sempre foi un país moi aberto cara os inmigrantes. Cando visitas calquera cidade podes atoparte con xente de todos os recunchos do planeta que foron hasta a Confederación Helvética en busca de traballo. A colonia galega é moi numerosa, e non hai máis que darse unha volta polas principais cidades para ver caixas de aforros galegas, restaurantes galegos, centros galegos, etc.


É un país moi heteroxéneo formado por 23 pleno cantóns e 6 semi-cantóns onde se falan catro linguas diferentes. Culturalmente, xeográficamente e políticamente son moi diferentes uns doutros. Pero sempre souberon atopar ese punto intermedio para chegar a entendementos.


As competencias dos gobernos cantonais son moi amplas. A autonomía cantonal é tan ampla que cada cantón ten a súa propia constitución, dun goberno autónomo, un parlamento e tribunais xudiciais propios.


A autonomía cantonal e os poderes de decisión son moi extensos. Un dos poderes máis importantes é a autonomía fiscal: os cantóns son soberanos en cuestións ficais e, ademáis, posúen a súa propia autoridade policial.


Pero duns anos cara aquí Suiza está a coller un rumbo un pouco errático influído pola forza que cobra o seu partido de ultranacionalista de extrema dereita UDC-SVP.


Neste post que escribín en outubro do 2007 podedes ver cal era a cartelería xenófoba que presentaban nas eleccións confederais. Este partido que ten unha gran presenza nos cantóns de fala alemana é un claro exemplo da política máis conservadora de Europa que rexeita todo aquelo que non sexa familia,  patria e tradición (pero entendido á vella usanza).


Os/as suizos recurren en múltiples ocasións a inicitaivas populares e a referéndums, en ocasións sobre temas moi serios e outras sobre custións máis banais.







Nesta última fin de semana celebrouse un sobre si poderían seguir proliferando os minaretes nas mezquitas levantadas en solo helvético (ata agora hai catro) é gañaron por ampla maoiría e contra todo pronóstico os promotores da prohibición.


Parello a este celebrábase outro referéndum sobre si Suiza debería seguir exportando armas de guerra a terceiros países, e os helvéticos deron un claro sí á proliferación e venda armamentística.


Preocupante, moi preocupante a deriva que está a tomar este país. Eu son un firme defensor de que dentro das escolas ou na administración pública non se faga ostentación da simboloxía relixiosa. Pero defendo esa postura, precisamente, porque creo que a relixión e a súa simboloxía debe de ter cabida nos centros relixiosos.







Deberían entón destruirse todos os campanarios que hai en Suiza? Eles respostarán que non porque Suiza é maioritariamente cristiana luterana. Pero, entón debería prohibirse que se erixira unha igrexa con espadana en solo turco ou marroquí? Se esto chegase a ocorrer todos/as os/as occidentais botariamos as mans á cabeza acusando ós/ás musulmáns de radicais e talibáns.


Abramos os ollos, nós estamos a facer o mesmo. E eu creo que os radicalismos só conducen a que os que non pensen coma nós se radicalicen máis. Suiza que sempre foi un país que se xactou por saber negociar e estar no medio de grandes polémicas internacionais agora toma un rumbo moi dubidoso.


Que nos lles extrañe que mañá países como Irán, Mauritania, Indonesia ou Exipto reclamen que a sede do COI, CCI (CNUCED/OMC), CINU, CNUCED, HCR, HCDH, UNRISD, UNITAR, UNIDIR, etc.. porque non consideran a Suiza un país neutral.

7 comentarios:

Rubín de Cendoya dijo...

Eladio, el que los suizos decidan que reciben amablemente a gentes provenientes de cualquier lado del planeta, en ningún modo está reñido con la decisión adoptada de no permitir la erección de minaretes.

Creo que la cuestión la explica estupendamente el periodista Santiago Gonzalez en su blog
http://santiagonzalez.blogspot.com/

A modo de resumen me permito copiar una frase, a mi modo de ver, esclarecedora de lo que nos está pasando en este país y en otros muchos:

Esta es la esencia de la moral socialdemócrata, el uso a voluntad de lo ancho y lo estrecho del embudo. Somos partidarios de prohibir la exhibición de crucifijos por mandato de nuestro laicismo y también partidarios de la construcción de minaretes por el mandato, no menos imperativo, de nuestra multiculturalidad.

En fin, que para mi no es una sorpresa lo de Suiza.

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

O medo, foi o medo.

J. Rogelio Rodríguez dijo...

Buenas noches, Eladio, amigos.

A tu pregunta "Deberían entón destruirse todos os campanarios que hai en Suiza? Eles respostarán que non porque Suiza é maioritariamente cristiana luterana. Pero, entón debería prohibirse que se erixira unha igrexa con espadana en solo turco ou marroquí? Se esto chegase a ocorrer todos/as os/as occidentais botariamos as mans á cabeza acusando ós/ás musulmáns de radicais e talibáns".

La condición occidental, abierta en lo intelectual, en su espíritu crítico, tiene una herencia innegable en el sentido introspectivo intelectual del cristianismo y en su evolúción posterior. Nos guste o no, muchas sociedades mayoritariamente islámicas (que no islamistas, que no es lo mismo) no presentan estructuras sociales abiertas.

Nos podrán irritar o agradar las pláticas de Rouco, las exégesis de Benedicto XVI, ... lo que quieras. Pero no conozco parangón posible, entre las salidas de tono de estos personajes del catlicismo europeo, con la capacidad incendiaria de algunas autoridades del Islam, el arábigo, el del Subcontinente Indio... etc, a través de sus fatwas.

Creo que todos debemos ser muy consicientes de lo que nos jugamos en la defensa de nuestra condición abierta y crítica, ante el mundo. Condición que no tiene no quiere estar subyugado a ninguna tendencia teocrática. Y así está la diferencia: la posibilidad de un régimen teocrático en el siglo XXI es infinitamente mayor dentro del Islam que del catolicismo.

La postura suiza, qué quieres que te diga. Tengo que estudiar un poco más la letra pequeña.

Abrazos.

Mario Pereira Prieto dijo...

Vexo que cando alguén non ten argumentos sáese pola tanxente.

Rubín e J.Rogelio teño pasado algunha vez polo voso blog (teño que engadir que comparto moi poucas opinións con vós) e sempre puiden comprobar que facedes un gran alarde do que chamades "liberalismo".

Non vos dades conta que xustamente este resultado ó que ataca son as raíces de ese liberalismo europeísta no que vós credes.

Podedes xustificarvos dicindo... é que os islamistas son non sei que...ou fan non sei canto..., pero non se trata do que fagan ou digan eles. Trátase do que facemos e dicimos nós, os occidentais. esa sociedade tan boa, avanzada, que todo o sabe, onde a democracia e a liberdade reina ás súas anchas.

Só dicirvos que a oposición fronte a esta medida foi común entre socialdemócratas, liberaldemócratas e demócratas cristianos. Tan só a respaldou Partido Popular de Suiza (que por si non o sabedes son de corte ultranacionalista de dereitas).

Podemos ter diferntes opinións, pero quen vós escribe esto conoce bastante de cerca o tema, porque leva vivindo en Suiza 41 anos (dende os 18).

Un aperat a todos e noraboa polo teu blog Eladio

Ariadna dijo...

Como dice hoy en un artículo de El País "Muchos rechazan ser tolerantes con quienes no les garantizan la misma libertad". Es decir ojo por ojo, diente por diente.

Y aquí en este post, por lo que responden algunos, podemos ver varios ejemplos.

http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Europa/recela/cara/islamica/elpepisoc/20091202elpepisoc_1/Tes

Anónimo dijo...

"El laicismo es el gran invento de la modernidad para facilitar la convivencia entre los diferentes credos: saca a Dios del salón público y lo instala en el corazón privado de los hombres y mujeres libres". Jorge Urdánoz

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Son deses que pensa que se debe avanzar cara unha maior democracia, pero se para esto é para o que vale preguntarlle ó pobo mal vamos. Entre outras cousas porque hai principios básicos como a igualdade que non se poden saltar así alegremente, e se non se permiten miranetes tampouco campanarios; pero dende o meu profundísmo agnosticismo creo que o fai de que unha persoa exerza libremente unha relixión non coharta nada a miña posición nin o laicísmo que debería imperar nas sociedades democráticas, porque non debemos confundir o estado laico con que os cidadáns elixan crer no que eles queiran. E xa que Rubin saca o tema dos crucifixos (e de calquer outro simbolo relixioso) nas escola, aclararlle que a diferencia é moi sustancial entre o que un grupo decide facer e o que o estado fai, esto sería algo asó como confundir churras con elefantes

Por último dicir que esa postura liberal de xustificar as cousas pola nosa tradición... e o machismo??? e o racismo?? tan arraigados na nosa sociedade...