Mostrando entradas con la etiqueta Torbeo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Torbeo. Mostrar todas las entradas

domingo, 7 de diciembre de 2008

Un ano máis, tres porquiños menos...


Como cada ponte da Constitución.... eu cumpro un ano máis e en Torbeo hai tres porquiños menos. Este ano eran uns exemplares magníficos, maís de 170 kilos e con moi pouco touciño.
Sei que a foto pode parecer moi cruel, pero para comer carne hai que matar ós bichiños.
Dentro de quince días na miña casa mataremos outro, e pola por principios de xaneiro dous máis deixaran de fozar por debaixo dos castiñeiros.

lunes, 1 de septiembre de 2008

A Cubela resístese a resucitar


Onte publicaba o xornal La Voz de Galicia un especial no seu suplemento dos domingos sobre "A memoria en ruinas" que fala das ducias de aldeas galegas que están a quedar abandoadas.
No artigo adicáballe unha páxina a aldea da Cubela (Ribas de Sil).
Quero aquí facerme eco por varias cuestións:
-Porque é unha das aldeas máis máxicas que coñezo.
-Porque está a tan só vinte minutos en conche dende Castro Caldelas.
-Porque pertence á parroquia de Torbeo, a que dende hai uns anos é a miña "terceira casa".
Aquí vos deixo os enlaces da nova:

domingo, 18 de mayo de 2008

Margarita quere estar á ultima

Onte foi un día completo de paz e tranquilidade para min. A mañá andiven pola feira de Castro Caldelas. E como non podía ser menos non llo perdoei ó pulpiño.
A tarde andiven pola casa de Belén, a miña compañeira. E alí andiven a remexer cos animais, algo que me encanta. Estiven cos cadelos, pero sobre todo cunha cadeliña nova que é un xoguete. Unha cadeliña para o coello que aínda non ten nome. Logo andiven remexendo dun montón de "monte" onde criou unha gata, e dinlle sacado o gatiño para estar un rato con el, ata que logo apareceu a nai e houbo que volvelo poñer no seu sitio.
Belén e máis eu fomos co Selmo (pai de Belén) a darlle de comer ós becerros e cortar unha pouca herba para os coellos.
Pero o momento de maior tranquilidade foi cando saín eu só un intre ata o lameiro de debaixo da casa onde andaban a pastar as vacas. e ahí podedes ver a Margarita, unha vaca rubia moi interesada nas últimas tecnoloxía, que quería dar conta da miña Blackberry, non sei se para poder facer unha foto, navegar, ou simplemente probar se estaba tan boa como a herba que estes días non para de medrar en Torbeo.