Onte foi un día completo de paz e tranquilidade para min. A mañá andiven pola feira de Castro Caldelas. E como non podía ser menos non llo perdoei ó pulpiño.
A tarde andiven pola casa de Belén, a miña compañeira. E alí andiven a remexer cos animais, algo que me encanta. Estiven cos cadelos, pero sobre todo cunha cadeliña nova que é un xoguete. Unha cadeliña para o coello que aínda non ten nome. Logo andiven remexendo dun montón de "monte" onde criou unha gata, e dinlle sacado o gatiño para estar un rato con el, ata que logo apareceu a nai e houbo que volvelo poñer no seu sitio.
Belén e máis eu fomos co Selmo (pai de Belén) a darlle de comer ós becerros e cortar unha pouca herba para os coellos.
Pero o momento de maior tranquilidade foi cando saín eu só un intre ata o lameiro de debaixo da casa onde andaban a pastar as vacas. e ahí podedes ver a Margarita, unha vaca rubia moi interesada nas últimas tecnoloxía, que quería dar conta da miña Blackberry, non sei se para poder facer unha foto, navegar, ou simplemente probar se estaba tan boa como a herba que estes días non para de medrar en Torbeo.

5 comentarios:
Curiosa imaxe Eladio. Hoxe en día a tecnoloxía gustalle ata os animaliños.
Un saúdo.
La verdad es que las vacas, aparte de guapísimas, son muy fotogénicas!!
¡¡Me encanta la foto!!
Ola!Gústame moito a foto de margarita e a vida que teñes en Galiza. Eu so en Barcelona e estudo galego. Fixome moita ilusión atoparme contigo. Bikiños.
Publicar un comentario