viernes, 20 de marzo de 2009

Xa estou de volta


Volvo estar aquí de novo. Algúns xa me dicían por ahí que pensaran que me retirara ou que estaba sumido nunha fonda depresión logo de que o PSdeG perdera a Presidencia da Xunta, pero nada deso.

Esta tempada estiven un pouco vago xa que necesitaba descansar, descansar de verdade. E non me apetecía nada escribir no blog. 

Como podedes supoñer a campaña é esgotadora, eu polo menos quedo feito polvo. Pero é que despois hai que poñerse co reconto do voto emigrante. Dezasete horas seguidas recontando votos, saen as papeletas polos ollos.

Pero é que ademais de todo esto, e como xa sabedes todos/as, logo da demisión de Touriño como Secretario Xeral do PSdeG, andivemos co Comité Nacional Galego, agora coas asambleas locais para elexir representantes de cara ó Congreso do PSdeG. E con todas estas cousas e volvendo a poñerme ó día das cousas no Grupo Socialista da Deputación de Ourense, non me apetecía nada escribir.

Ademais tamén lle empezei a adicar un pouquiño de tempo a unha das cousas que máis me gusta e que máis abandono cando entro de cheo nas campañas: a fotografía.

Por fin podo volver a pasar horas e horas dando voltas coa miña Nikon disparando a diestro e sinistro. E logo volver a pasar moito tempo diando do ordenador preparando as imaxes. Teño que poñervos un enlace dos sitios onde as colgo de cando en vez para que lle deades un vistazo.

A partir de agora douvos a miña palabra de que seguirei escribindo case a diario para contarvos as miñas cousiñas e tamén para contarvos como vai o día a día deste proxecto tan ilusionante que se nos pon por diante a todos/as os/as socialistas galegos/as, como é o inicio dunha nova etapa.

Unha aperta e gracias por esperar.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Non perdades o tempo en Asambleas Locais, Comarcais, etc. Pachi Vázquez xa foi elexido......en Madrid, claro.

Diego P. Luaces dijo...

Alégrome de que volvas a acompañarnos na blogosfera, porque estabamos a esperar os teus comentarios no teu blog e estaba seguro que volverías pronto. Unha forte aperta.

J. Rogelio Rodríguez dijo...

Ya era hora, hombre... Tus seguidores de toda la vida ya pensábamos tirarte de las "orellas".

Unha aperta - Roge

rePreSsOrEs dijo...

O que tiñades era que dimitir todolos representantes do PSOE e BNG senón non cambiou nada. 4 anos continuismo do PP non son ben recibidos polo electorado de esquerdas. Gustouvos pisar moqueta e agora non hai quen vos vote fora.

su dijo...

nesa foto pareces un meniño que nunca rompera un prato! jejejeje!

Un de Rio dijo...

Eladio e certo a seguinte información:
Pepiño Blanco que abandonou a campaña electoral galega sabendo que se ía a perder a Xunta, será o próximo ministro de Fomento e será o próximo candidato a Xunta polo PSOE.
Durante a campaña electoral as eleccións ao parlamento de Galiza, o señor Pepe Blanco viu a facer campaña electoral e misteriosamente chegado o Ecuador da mesma, a abandonou e volveuse a España. Cando Pepe Blanco viu a situación na Galiza, sabendo que se ía a perder o goberno, sabía que se el seguía na campaña sería tamén culpabel da derrota. Comprobabel en que no final da campaña non estuvera presente. Por outra banda o venres 27-F, 2 días antes das eleccións, Galiza ía a recibir a maior licitación de obra pública da historia (verificabel en calquer hemeroteca dos períodicos antes da campaña electoral), co que se pretendía dende Madrid intentar superar ao PP e non depender do BNG. Pepe Blanco, sabendo o que ía a pasar levouse a xente de confianza a postos na executiva do partido en Madrid e cancelou tódalas inversións de infraestructuras de Galiza.
Agora a xogada está clara. Pepe Blanco vai a ser o próximo Ministro de Fomento para ser así o que licite a practica totalidade das obras do AVE e preparar o terreo para dentro de 4 anos ser o candidato a Presidente da Xunta de Galiza.
Mentres tanto pardillos como Eladio Osorio andarán en liortas internas para ver quen será temporalmente o xefe do PSdeG, sen saber que teñen imposto o futuro da súa formación dende Madrid.

Anónimo dijo...

Si no me equivoco, empezó hoy un curso de salud ambiental en Castro Caldelas.
Me extraña que no se aplique lo que se dice en ellos visto algún comentario en La Región
http://www.laregion.es/noticia/84112/valdeorras/val/navea/mouruas/san/xoan/río/asociación/trives/fundación/

Anónimo dijo...

NORABÓA POLO TEU BLOG,MOSTRA MÁIS CA UNHA OLLADA PERSOAL DENDE AS TERRAS DE CASTRO CALDELAS.

TAMÉN DENDE O BARCO, EN TERRAS DE VALDEORRAS ESTAMOS A MOSTRAR DALGÚN XEITO AS NOSAS OPINIÓNS EN CRAVE PROGRESISTA E SEN COMPLEXOS, SOBRE A REALIDADE POLÍTICA E SOCIAL DESTE CURRUNCHO FRONTEIRIZO COA VECIÑA BISBARRA DÓ BIERZO.

WWW.OBARCOENPLURAL.BLOGSPOT.COM

SAUDOS, E GRAZAS

José Antonio dijo...

La crisis nos trae nuevas modas importadas de Estados Unidos
http://www.20minutes.fr/diaporama/78-1-0-0-24-heures.php
Esperemos que Zapatero haga algo para que no se propague por España

Anónimo dijo...

¿ Te referirás a los «Freegan» ?

Anónimo dijo...

Penso que xa podedes retirar a pancarta que hai no medio do castro e que di touriño, presidente