viernes, 20 de julio de 2007

Acebes cepíllase a Piqué co beneplácito de Rajoy

Agora sí, agora está claro que a volta ó centro do PP xa é imposible. Rajoy rechaza o ofrecemento de Ruiz Gallardón para as vindeiras eleccións, e agora encárgalle o Pit-bull do PP (Ángel Acebes) que se cargue a Piqué, unha das cabezas máis centristas que operaban no Partido Popular.


O partido conservador queda agora en mans de personas como Acebes, Zaplana, Esperanza Aguirre, Martínez Pujalte, unha garantía de partido centrista e centrado. A flor e a nata da dereita máis recalcitrante. Rajoy coma sempre non intervén na operación lávase as mans. Que vaia poñendo as barbas a remollo Gallardón porque dame a mín que lle quedan dous telediarios, e que Espe será a encargada de afeitalo a cuchilla.


Malos tempos para os "descarriados" no PP, ou eres da liña dura ou tes que parecelo, senón esto é o que hai.


Os centristas a casa, que non molesten. Acebes dixit.

3 comentarios:

delokos dijo...

Bueno, nesa liña continúan, e supoño que así lles irá nas próximas eleccións.

Dende a extrema dereitan non se chega ó poder neste país.

Unha aperta

Anónimo dijo...

Hola:

Muchos votantes del PP queremos que siga Piqué, por las siguientes razones:

1. Es una persona muy razonable. Siempre defiende posiciones sensatas.
2. Es un político verdaderamente centrista, frente a la derecha más recalcitrante.
3. Además, es la única vía para ganar las elecciones a una izquierda que (lo siento) no nos gusta como gobierna, pero muestra una cara más amable.
4. Aunque sólo sea, porque va en contra de las posiciones de Acebes y Zaplana. ¿qué siguen haciendo estos dos en el partido, ayudar a perder también las siguientes elecciones?.

Saludos.

Anónimo dijo...

Eu non son de dereitas pero comparto as túas teses. O teu partido a este País iríalle mellor con xente como Gallardón, Núñez Feijóo e Piqué que con Zaplana, Acebes, Esperanza Aguirre, Rajoy e Martínez Pujalte