sábado, 7 de febrero de 2009

Destino Illas Caimán (os tinglados do PP II)



Xa sabemos en que praias e baixo que cocoteros pasan as vacacións algúns do PP. Pillaron á fichaxe estrela de Núñez Feijóo coas mans na masa.

O número 1 do PP galego presumiu ata a saciedade de que ó cabeza de lista dos populares ourensanos o colocara el, gañandolle a partida a Baltar, restregoullo pola cara ata que Balatr tivo que recoñecer que nesa operación el non tiña nada que ver, aínda que a avalaba.


Baltar nunca lle predonou esto a Feijóo, e dende ese mesmo momento comezaron a circular os dossieres, e tardaron pouco en axudarnos a aprender un pouco máis de xeografía, porque agora xa todos/as os/as ourensanos sabemos onde se atopan as Illas Caimán.

Núñez Feijóo asegurou días atrás que Luis Carrera Pásaro, o cabeza de lista do PP por Ourense ía ser o garante dos nosos cartiños se os do Partido Popular gañaban as eleccións.


A min gustariame que nos explicase agora esto que dixo días atrás, se tan bo era hai unha semana, como é que agora é tan malo?

Tería que explicar o señor Feijóo onde coñeceu a Carrera Pásaro, acaso foi tomando o sol nunha tumbona das praias das Illas Caimán.

O PP escondese e ten moitísimas cousas que explicar, pero ó mellor quen sabe moito desto é Baltar, porque está claro que foi do seu entorno de onde sairon estes dossieres, senón como xustificades que o sheriff dos "populares" ourensanos estea dando saltos de ledicia.

A esto hai que sumarlle as detenccións de Garzón coa presunta trama de corrupción urbanística ligada ó PP. Entre os detidos hai un vello coñecido de Baltar, o número dous do seu íntimo amigo, xa falecido José Cuíña.

Baltar trataba moito a Pablo Crespo Sabarís, unha das cabezas pensantes do PP galego en época de Cuiña, e un dos que arranxaba algúns problemillas por ahí, vos xa me entendedes, non se pode dicir máis.

Está claro que o PP está putrefacto e descomponse por todos os frentes. Esta é unha guerra de coitelos afiados ó estilo da que se traen en Madrid entre Rajoy, Aguirre, Gallardón e os espías.

Mañá sigo a contarvos máis cousas, que esto creo que dá para escribir un libro. Voume tarareando unha canción: " Se va el caimán, se va el caimán, se va pa....."

6 comentarios:

rojillo dijo...

Benquerido Caldelao, coincidimos os dous en colgar post sobre as Illas Caimán, onde é lóxico que acudan estes piratas que sempre tiveron bágoas de crocodilo ¡Pero estades os compañeiros candidatos de Ourense para desmontar aos que minten máis que falan! Ánimo dende A Coruña.

Seba Lorenzo dijo...

El acto de Touriño en Buenos Aires, compártelo, pásalo de mano en mano: http://www.sebalorenzo.com.ar/2009/02/08/tourino-en-buenos-aires-argentina/

Monica dijo...

Hola. Soy Mónica, coordinadora de LA PERONOSFERA en Argentina y te invito a revivir los mejores momentos del acto del PSOE en Bs. As.
http://www.sebalorenzo.com.ar/2009/02/08/tourino-en-buenos-aires-argentina/

www.peronosfera.ning.com
www.buenosairesperonista.blogspot.com

Anónimo dijo...

Velaí os lideres do PP, mintindo, enganando as xentes,... lobos entre ovellas,... nin compunxidos, nin arrepentidos; chorosos pola descuberta, ainda van fachendosos, enchendo ó peito...pensan que a verdá, non lles fai falta porque no temen castigo ¡vaiche boa¡ ¡os dos vellos feitos, dicen agora ter a chave dos novos tempos...¡eu negolles dereito o sufraxo!... teñenme pasmado, non mudo ...negolles o meu voto pra eles o meu castigo.

Anónimo dijo...

Nuevas Generaciones del PP participó en la manifestación del domingo pasada para que nuestros hijos puedan estudiar en castellano y no tengan que hablar el dialecto del gallego. Video de la manifestación:

http://www.youtube.com/watch?v=tPiQx7mo04g&feature=related

Recordad: El gallego solo sirve para hablar con las vacas

Anónimo dijo...

Hombre, pues mira, no es mala idea la del Berlusconi, propone castrar a los violadores.

¿Se podría hacer lo mismo con los caciques?