miércoles, 18 de febrero de 2009

O Carballiño, Ourense, Ribadavia, Taboadela, Maside, Xinzo, Laza, A Veiga, Cea, Verín, Castro Caldelas.......buuuufffff....... e seguimos, e seguimos

Levo uns cantos días sen escribir, pero é que non dou máis. Hoxe saquei dez minutiños de non sei onde para contar algo, pero esto é un sin parar.
Dende o xoves, e en 6 días levamos 52 actos. E esto canto máis avanza máis actividade ten. Xa tivemos entre nós a Zapatero, Touriño (un par de veces), Pepe Blanco (outras dúas e virá outras tantas máis), Leire Pajín, Rubalcaba, Elena Espinosa, e aínda nos quedan uns 100 actos máis incluído un peche de campaña espectacular coa Vicepresidenta do Goberno.
Durante toda esta campaña facemos de todo, imos a entrevistas e debates ás radios e a televisión, repartimos publicidade, damos mítines, escoitamos mítines, e en moitos casos case non se nos ve nos actos (como a min na foto de arriba, medio enguriñado) porque como non collemos todos, algúns temos que axudar a colocar á xente e logo sair para fóra.

Procurarei sacar algún hoco máis no que queda de campaña e seguir contándovos cousas. Cos/as que me teñades agregado no facebook será máis doado comunicarme porque o podo facer a través do móbil, pero o do blog require o ordenador e é moito carrexar de acto en acto.


6 comentarios:

Anónimo dijo...

Non queremos mais ‘prestigios tecnoloxicos’ Franceses, nin Ingleses !

http://www.vieiros.com/nova/72150/o-choque-entre-submarinos-nucleares-puido-producirse-a-poucas-millas-de-fisterra>www.vieros.com

Xa que tes ó señor Toriño por a mao, pidelle explicacions.

Anónimo dijo...

Está xenial, nos 4 anos o único que fixo algo na xunta, aínda que pouco foi o BNG e agora vos queredes facer nun mes o que non fixechedes en 4 anos.
Primeiro un anuncio de Touriño anunciando que gracias a el aumentou o número de plazas de gardería. Pero imos ver, se as fixo Quintana con Vicepresidencia e eso que vos levades educación e sodes os que deberiades facelas.

Logo preguntarche xa que estás con Pepe Blanco que porque no Barco de Valdeorras deu o mitin en castelán dicindo que estaba en contra da imposición do galego cando sodes vos os que levades o tema de lingüistica?

E para rematar solicitar o voto o BNG ou o PSOE. Xa que o Nuñez Feijoo foi vicepresidente do goberno de Fraga e polo tanto culpabel dese goberno e inimigo do galego

Anónimo dijo...

Hoxe o señor Feijoo foi a unha explotación gandeira dicindo que el coñecía moitísimas e que coñecía todas as solucións para o campo.

Cando estaba vendo as vacas, preguntou os seus nomes e como todos eran nomes de muller (Mariña, Susana, etc) colleu o micro e dixo que lle parecía fatal que todas as vacas tiveran nomes de mulleres e non de homes, que se gobernaba el eso cambiaría e se acabaría ese suposto machismo. Ao rematar a súa intervención preguntoulle ao gandeiro porque eran todos nomes de mulleres e lle contestou claramente:
"Señor Feijoo, son vacas, non bois".

E este señor pensa gobernar para o rural? Nen un so voto no rural para o anti-galego e corrupto de Feijoo.

Anónimo dijo...

Si señor, queremos saber lo que ocurrió en el accidente entre los dos submarinos y si hay riegos reales de contaminación radioactiva.
Nadie dice nada, o peor los dos países en cuestión se limitan a decir que lo peor fue evitado de milagro.
La marea negra se vio y todos pudimos comprobar el impacto medioambiental.
Las radiaciones nucleares, no.

http://www.lemonde.fr/europe/article/2009/02/19/le-triomphant-serait-plus-endommage-qu-annonce_1157448_3214.html

http://www.liberennes.fr/libe/2009/02/les-dgts-du-sou.html

http://www.ouest-france.fr/actu/actuDet_--i-Le-Triomphant-i-plus-endommage-qu-annonce-font-size=2-INFO-OUEST-FRANCE-font-_39382-831191_actu.Htm

http://www.nytimes.com/2009/02/17/world/europe/17submarine.html?_r=1&scp=1&sq=submarine&st=cse

http://edition.cnn.com/2009/WORLD/europe/02/16/british.french.submarine.incident/index.html

http://www.time.com/time/world/article/0,8599,1879777,00.html

http://www.timesonline.co.uk/tol/news/uk/article5746690.ece

My greatest fear on submarine patrol was collision
http://www.timesonline.co.uk/tol/news/uk/article5748515.ece

http://www.telegraph.co.uk/news/newstopics/politics/defence/4640673/British-and-French-nuclear-submarine-collision-as-serious-as-sinking-of-Kursk.html

Anónimo dijo...

No tiene gracia ninguna.
¿Es que no sabéis que los gallos ponen huevos?
Si sois de pueblo, pobre gallegos…

filomeno2006 dijo...

El nuevo Ministro de Justicia, gallego.