viernes, 20 de febrero de 2009

E segue a campaña

E seguimos dalle que te pego, de concello en concello. A verdade é que onte e hoxe foi o día das anécdotas.

Onte andivemos con Pachi por Trives, Cabeza de Manzaneda e Castro Caldelas. Para min este é o día máis esperado porque imos o meu pobo, e teño que recoñecelo, éncantame poder falar alí, diante de todos os meus coñecidos.

Pero un pouquiño antes enterámonos de que Núñez Feijóo estivo facendo unhas declaracións dinate dunha explotación de vacas de leite e ó remate preguntoulle o gandeiro dono da facenda porque todas as reses levaban nome feminino. Este aínda non se enterou de que nas explotacións gandeiras de leite, de momento, non se munguen os bois, só se munguen as vacas.

O cabo dun rato veu a segunda anécdota, chámanme por teléfono da sede do PP de Ourense para ver se quería ir de interventor do Partido Popular nas vindeiras eleccións, eu díxenlles que si, que non tiña ningún problema, e eles citáronme para que pasase pola súa sede antes das oito provisto do D.N.I. Moi mal teñen que andar de efectivos cando chaman ós candidatos do PSOE para que lles boten unha man o día 1.

Eu que a veces son moi mal pensado dame que estes do PP se fixeron co meu teléfono porque traballo na Deputación de Ourense de asesor do PSOE e creo que chamaron a feito a todos/as os/as traballadores da institución provincial (que é moi famosa por ter empregados a centos de cargos, axentes e colaboradores do PP ourensano).

Hoxe cando iamos con Touriño polas rúas de Ourense atopámonos con Montoro (ex-ministro do PP) e díxonos que estaba traballando para que o Presidente da Xunta deixase de selo, e unha muller berrou por detrás: pois tédelo crudo.

Xa vos seguirei contando como vai todo esto.

2 comentarios:

Daniel dijo...

Mucha suerte el 1 de Marzo. Un saludo.

Día de moito... dijo...

A min o que che me gustaría é saber como o voso partido pensa preparar a sociedade e a economía galega para o problema que imos topar en canto comecemos saír (se saímos) da recesión, e do que xa se cansan de advertirnos desde organismos internacionais: http://vesperadenada.org/2009/02/20/cando-levantemos-cabeza-da-crise-economica-bateremos-coa-crise-enerxetica/

Porque no voso programa a verdade é que non se atopa un só indicio de que nos vaiades preparar, máis ben todo o contrario! E nalgo de consecuencias tan graves para todos e cada un de nós non comprendo como podedes estar tan tranquilos e non facer o máis mínimo caso das voces de alarma da comunidade científica e dos propios organismos internacionais que os propios estados creastes para vixiar o sistema enerxético mundial!