jueves, 10 de enero de 2008

Vota LAICO



Sei que non fago ben con esta entrada reclamando o voto para un partido en concreto cando aínda non comezou a campaña electoral. Pero quería darlle publicidade a este partido político de nova creación.

LAICO, Liga de Anacoretas de la Iglesia Católica de los Obispos, este é o novo partido que concurrirá as novas Eleccións Xerais de marzo de 2008. Aquí tedes a foto dos seus candidatos de retiro espiritual en Fátima para preparar o seu programa electoral.

Esto, que como podedes ver é unha broma, non o é tanto. Dende hai un tempo os bispos españois están a remexer na política española intentando segui coa súa cota de poder na sociedade e na política. Unha cota que cada día vai a menos. Hoxe desvélase nunha enquisa, que grazas a esa labor de achegamento cara a relaidade do día a día da nosa sociedade, a Igrexa Católica fai que xa non se bauticen o 43% dos cativos e cativas, que os sacramentos da comunión e da confirmación descendan en picado ano tras ano, que o 27% dos recén nados o fagan fora do matrimonio, que os matrimonios civís xa superen ós católicos en catro Comunidades, e todo esto mentres o 77% da poboación se segue a definir como católica.

Pois nada, a Igrexa xa só lle queda facer o que en Italia fai o cardenal Ruini, fundar un partido que estea en contra dos matrimoinios civís, os de parellas do mesmo sexo xa nin falr (a estes expulsalos do País), que estea en contra do aborto, do divorcio, da fecundación asistida, da eutanasia, da investigación con células estaminais, ... e ver en realidade cales son os apoios que lles brinda a sociedade española.

Eu alegraríame moito de que concorreran a uns comicios, por dúas cuestións. Primeiro, poder ver cal é en realidade a cantidade de xente que os respalda. E segundo, poder ver cal é a cantidade de votantes do PP, disfrazados de centristas, que apoiarían a un partido ultra-católico.

Dentro dun partido como o PP non poden ter cabida dende centristas e liberais a seudo fascistas e ultraconservadores. señores bispos fagan que os votantes quiten a súa máscara e acudas as urnas co seu partido ATEO xa.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Os do PSG, dígoo aquí porque tiña ganas de dicilo, aínda que non sexa o sitio, sodes unha panda de hipócritas.

E digo isto despois de ver o espectáculo que se está montando estes días na Coruña.

Resulta que o PSG (ao igual que todos os partidos políticos) aproba en 1983 a Lei de Normalización Lingüística. Unanimidade.

Resulta que o PSG (ao igual que todos os partidos políticos) aproba en 2004 un Plan Xeral de Normalización Lingüística. Unanimidade.

Resulta que o PSG (ao igual que todos os partidos políticos) aproba recentemente unha iniciativa para promover o galego entre os cargos públicos. Unanimidade. Incluso co voto a favor de Mar Barcón, concelleira na Coruña.

E agora móntannos este espectáculo? Algúns pensabamos que despois da retirada de Sir Paco o conflito do topónimo e estes debates pasados ían quedar a un lado, pero xa vemos que non, que os progresistas hipócritas seguen a abundar no PSG.

Ninguén lle vai preguntar a Mar Barcón por que votou unha cousa no parlamento e agora fai outra na Coruña? Ninguén vai preguntar a Touriño porque os seus compañeiros non queren cumprir as leis nen ninguén ten pensado facerllas cumprir? Ninguén dentro do PSG vai dicir nin facer nada? Panda de hipócritas.

ariadna dijo...

Pois dende logo que este non é o sitio. Terás que chamarlle a atención a quen tanto che faltou o respecto, e non a un socialista máis. Ou é que ti tes a culpa (e digo esto porque me parece que es afín o BNG)de que Quintana dixera que Fraga non facía máis que pulpadas cos vellos e agora faga el máis nun ano que o PP en catro, ou tes ti a culpa de que o BNG criticase as empresas paralelas da Xunta e agora els cada seis meses monten unha. A que ti non tes a culpa, pois entonces creo que o autor deste blog non ten a culpa que ti lle botas.
Por certo poderías explicarnos que é eso que votaron que tanto daño che fai, porque os que non somos moi dados na materia non sabemos de que estás a falar

Anónimo dijo...

Pois en maior ou menor medida, si. A militancia das organizacións é en parte corresponsábel, e dende logo responde ante a sociedade, das actitudes dos seus representantes.

A actitude de Quintana, que non é exactamente o mesmo que a teoría de Manuel Fraga, xa recibiu, podo asegurarcho, bastantes comentarios internos, non sei se Quintana quererá oílos ou non.

Con que aos socialistas coruñeses lles chegasen a metade de recados dos seus colegados do PSG daríame por satisfeito.

Saudiños.

LuCaS dijo...

y de que va todo este rollo de Coruña, que tiene que ver esto con el post???

Anónimo dijo...

Por certo:
Odio a esta Igrexa senil e incosciente, danme arrepíos

Anónimo dijo...

anónimo indignado ´número un: ¿sabes ti si tamén dende o psg se fixeron críticas internas? dubidoo moito ¿non? pois entón, respectando moito o teu dereito á crítica, enfado e patalexo, non queiras facer responsable de algo ocurrido na Coruña a un afiliado e concelleiro de Caldelas, porque eu, en contra da túa opinión, non penso que os afiliados teñan que pagar TODOS os pratos rotos do seu partido, senon estariamos aviados. polo que leo neste blog o seu autor si é crítico nalgúns aspectos co seu partido (mira outras enrtadas)

Alberto Ríos Mosteiro dijo...

Os invito a todos a participar y a haceros eco de la iniciativa emprendida por el blog "la sombra de Aznar", el Proyecto 80%. Un saludo.

Josef K. dijo...

¿De veras te gustarìa un partido ultracatólico para ver cuántos ultraderechistas decidirían no votar al PP -en caso de que lo hagan actualmente-?
Este es un tema muy viejo, muy manido, Eladio. Me explico: prácticamente todos los historiadores políticos contemporáneos coinciden en señalar que uno de los mayores méritos de Manuel Fraga fue el de integrar el tardofranquismo (incluyendo buena parte del "búnker") en un partido de corte liberal-conservador (la anterior AP). Desde Santos Juliá hasta Antonio Elorza (y remarco estos dos ejemplos nada sospechosos de trabajar en la COPE, El Mundo etc.) coinciden en esta visión.
Aparte de lo exagerado de tu diagnóstico, aunque respetando tus anhelos laicistas (sin olvidar que este Estado es aconfesional, de momento), creo que la referencia continua a PP=Fascismo y cosas parecidas, resulta un poco cansina. Aunque no me siento directamente aludido (yo no soy del PP) sí me siento un poco insultado en mi inteligencia.
Creo, de veras, que has tenido comentarios más aprovechables e interesantes. Y, en mi opinión, la carnaza anticlerical (creía que Guerra era insuperable en sus zafiedades y entonces...¡llegó Blanco!) es un recurso político de plumero muy electoralista (articulen ustedes una ley mejor del aborto, una revisión del concordato con la Santa Sede,...)
A muchos ciudadanos, que sí aspiramos a un estado laico en España, nos indignan muchos otros temas de los cuales no veo ni rastro últimamente en tu blog. ¿Sabes uno de los temas que más me indignan, por citarte uno solo? Ahí va uno: la incesante deslealtad constitucional del nacionalismo vasco cada vez que que el Estado hace uso de sus instituciones y fuerzas de seguridad para acabar con el terrorismo etarra. ¿Qué opinión te merece el consejero Azkárraga? ¿Y Madrazo?
¿Para cuando una entrada tuya sobre estos figurones?