jueves, 12 de julio de 2007

"Se todos foramos ateos, o mundo sería máis pacífico". Saramago dixit.



O pasado día 10 o premio Nobel de Literatura 1998, o portugués José Saramago, congregou a máis de tres mil personas na capital colombiana, para escoitar unha mesa redonda sobre literatura, política e vida. Saramago sinalou que "se todos foramos ateos, o mundo sería máis pacífico" e concluiu ó dicir que "yoeu non son pesimista, o que pasa é que o mundo está pésimo".
Saramago, aínda que unha persoa de esquerdas e moi comprometido socialmente, non é santo da miña devoción, politicamente falando. Difiro moito del cando nalgún dos seus libros solicita o voto en blanco masivo. Para min un acto coma ese é darlle pulo á dereita. Agora ben, no relixioso e no espiritual son un fervente seguidor no escritor do Alentejo. Hai un libro del que llo recomendo a tod@ aquel co que teño a oportunidade de falar de Saramago: O evanxelio segundo Xesucristo. Este libro é como José Saramago interpreta as Sagradas Escrituras e como cré que foi a vida de Xesús realmente. É un libro totalmente recomendable para todos aqueles que practicamos o agnosticismo.
Pero o que iamos, comparto totalmente as palabras do escritor. Non é que se todos foramos ateos non habería ningunha guerra, pero a meirande parte delas, o igual que doutros males na nosa sociedade son producto das crenzas relixiosas e da influencia que os líderes das distintas relixións exercen sobre nós.
Un dos grandes males das relixións é que nun determinado momento da historia unha persoa escribe unha afirmación, logo esta tomase coma un dogma e hai que cumprila a raxatabla. A humanidade cambia moi rapidamente en todos os aspectos menos no relixioso, e o que hoxe vale no tecnolóxico mañá está obsoleto, pois deso deberían tomar nosa as relixións, de que co tempo non é malo mudar certas afirmacións, senón que sería avanzar e modernizarse.
Bueno outro día seguimos falando deste tema que a min me preocupa tanto ou máis que a política.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Canta razón ten. A relixión dentro das igrexas e para quen a queira