miércoles, 27 de agosto de 2008

¿Dereito á independencia?

Monumento a Stalin en Gori (Xeorxia)
Estes días estaredes vendo polos medios de comunicación que a comunidade internacional está totalmente perplexa polo recoñecemento de independencia de Osetia do Sul e Abjazia por parte de Rusia.
No noso continente, que sabemos moito de descomposición de países e dos feitos traumáticos que esto conleva moitas veces, deberiamos ter algo máis de cabeciña e non deixarnos guiar polos primeiros impulsos.
Eu creo que a Rusia o mesmo lle tería se estes dous territorios son xeorxianos ou o deixan de ser, pero é que EEUU estalle tocando a fibra sensible a Putin e Medvédev co escudo antimisiles, e non hai que esquencer que xeorxia e un paso obrigado de varios gaseoductos e oleoductos ( o cal son moitos cartos).
Pero, ó que eu ía. ¿Deben de ter todos os territorios dereito á independencia? ¿Pode unha rexión, unha provincia, un pobo, unha comunidade de veciños ou unha persoa declararse independente unilateralmente do resto e ser recoñecido unicamente por un país? ¿É eso legal sen o recoñecemento mundial? ¿Non xogan aquí grandes intereses económicos, políticos e militares? ¿Ten xustificación que unha potencia militar mundial invada territorio dun veciño para "defender ós seus cidadáns"?
Eu creo que a resposta é non, por moitos motivos. E creo que hoxe Rusia merece unha resposta contundente da comunidade internacional por violar as leis internacionais.
¿Que lle parecería a Rusia se se declara independente Kaliningrado, Karelia, Daguestán ou Kamchatka sen o seu consentimento e son recoñecidas como países por EEUU?
Seguro que non o aceptarían, pero aquí hai dúas varas de medir e eso non é bó. Nin para Rusia, nin para Xeorxia nin para o resto dos países xa que pode crear precedentes e inestabilidades territoriais.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Home, a min me parece o mais lóxico do mundo que se a Unión Europea e USA recoñecen a Kosovo coma país trala declaración de independencia unilateral, Rusia faga o mesmo con estes 2 novos países. A ver se segue así e podemos independizarnos de España xa. A ver se nos recoñecen a nos tamén o noso direito.

Anónimo dijo...

Pois postos a independizar cando se cree a República de Galiza co seu presidente Quin, eu e os da miña comunidade de veciños quererémonos independizar e constituirnos en Reino do nº 7 da Rúa da Habana en Ourense e estar baixo o protectorado a República Islámica da Parroqia de Pedrouzos.

Anónimo dijo...

Pese a que Tanto Osetia do Sur como Abjasia xa se declararon independentes hai máis de dez anos, ata o momento non foran recoñecidos como países soberanos internacionalmente, pese a que se trata de dúas democracias.

Agora, tras loitar contra un inimigo imperialista, os cidadáns destas dúas nacións acadaron o apoio que necesitan para ser ceibes por parte de Rusia. Rusia non apoia a estes dous países desinteresadamente, senón que o fai por interese propio(ao igual que o fixo EEUU no caso de Montenegro, ou a Coroa Británica coas colonias españolas durante as Guerras Napoleónicas)

O caso é que por fin se recoñece por algún país o dereito da autodeterminación de dous pobos que levan longo tempo loitando. Estes dous países non se declararon independentes nunha revolución por parte dunha minoría, fixérono despois dun referendo democrático.

O caso de Osetia e Abjasia e moi semellante ao panorama que se pode dar en Euskal Herria se, tras celebrarse o esperado referendo, os cidadáns decidisen ser independentes. A diferenza é que, pese a que si existe un exercito represor como no caso de Osetia(o Español). Non hai ningún país cun potencial militar armado o suficientemente grande o que lle interese ou beneficie a independencia desta nación.

Voltando a estes dous novos países. Son de momento nada máis que dúas pezas máis(dous peóns) na partida de axedrez que se esta xogando entre o oso ruso e os EEUU.

Unha partida entre dúas potencias capitalistas e imperialistas. Unha partida que de desencadear nunha guerra(como tal vez remate) semellarase máis a 1º Guerra Mundial que a 2º. Xa que mentres que a 2º Guerra Mundial foi unha batalla entre o fascismo e a liberdade, a segunda tan só foi a loita entre o control do mundo por parte das elites gobernantes.

Ao igual que ocorreu na 1º Guerra Mundial, cando se celebrou un congreso internacional en Ferrol pola paz mundial e os bolxeviques pediron o fin da guerra, retirando os militares rusos da guerra cando chegaron ao poder. A labor da esquerda non debe ser apoiar a un ou a outro (xa que ambos son os bandos do capital). A nosa labor é loitar por que non ocorra tal guerra, pois os pobos non deben loitar entre eles senón todos xuntos pola súa liberdade. Guerra de que momento semella desencadear na reedición da Guerra Fría.


Algúns datos sobre a actual cadea armamentística:

-Os EEUU pretende rematar o proxecto do Escudo Antimisiles(consitente en mísiles que destrúen sobre mísiles) o antes posible. Rusia a súa vez esta investigando e desenrolando mísiles capaces de atravesar dito escudo.

-Europa depende enerxeticamente de Rusia, e agora coa gran influenza rusa en Osetia, os grandes oleodutos sofren o seu control.

-Occidente trata de presionar a Rusia. Polo que a OTAN concentrou cinco fragatas no Mar Negro con bandeiras americanas, polacas, alemanas e españolas. Según fontes da intelixencia militar rusa,
"o destructor McFaul, da Armada de EU, anclado no porto georgiano de Batumi, leva uns 50 misiles de crucero Tomahawk con capacidade nuclear, destinados a destruír brancos terrestres".

-Os xenerais rusos barallan a hipótese de que Xeorxia intente unha nova acción bélica buscando o apoio da EU e a UE a través da OTAN.
-Algúns artigos sobre esta posible nova guerra mundial.

"Están acorralando a Rusia. A OTAN estaa sitiando, rodéaa por todas partes. Europa debería xogar un papel de ponte, e estamos actuando como un protectorado norteamericano. Imos a unha ampliación do terrorismo, e a unha terceira guerra mundial"
(Santiago Carrillo nunha entrevista no País)

O campaña contra Xeorxia podería ser un entrenamento cara unha guerra por parte de Rusia en Irán.

-Rusia non pretende incrementar nun principio as súas forzas armadas no mar negro, pero farao se é preciso. Segun eles, as forzas rusas son suficientes para asegurar a paz. Rusas hai 10 barcos da OTAN no mar negro. En total son tres barcos americanos, un polaco(a fragata General Pulaski) , un alemán(a fragata FGS Lubeck) , un español(Juan de Borbón) e catro turcos.

-Un grupo de buques da Flota rusa do Mar Negro, incluído o crucero lanzamisiles "Moskva", chegou hoxe ao porto de Sujumi a invitación do presidente de Abjasia, informou o portavoz da Armada de Rusia, capitán de navío Ígor Digalo.(Fonte: Ría Novosti)

Anónimo dijo...

Un apunte para o último anónimo.
Está claro que hai con persoas é mellor non intentar razoar porque o prisma co que ven a vida está totalmente distorsionado.
Unha persoa que compara ó País Vasco con Osetia non percibe ben a realidade.
Esto non é un recoñecemento á liberdade nin á autodeterminación. É un interés político puro e duro e unha demostración de forza de Rusia.
Igualiño que fan os EE.UU.
Faime gracia que a xente coma ti que falan do "Inimigo imperialistas dos USA" defenda que Rusia faga o mesmo, ou que sigan a existir dictaduras que baixo a caretado socialismo ou o comunismo se intenten xustificar.
Dende logo os teus principios desmorónanse por todos os lados.
Desde Rusia, con amor.