miércoles, 1 de agosto de 2007

¿Esta é a democracia do PP?



Nas pasadas eleccións municipais o PP, o igual que outros moitos partidos (PSE-PSOE, PNV, EA, EB-IU, etc.) tiveron problemas para confeccionar as súas candidaturas a algúns concellos de Euskadi por mor das amenazas do entorno de ETA.
Ante estes feitos, é unha práctica moi extendida confeccionar as candidaturas con xente de fóra do Concello, e incluso de fóra de Euskadi.
O PP fai desta causa, case unha cruzada e son centos os simpatizantes que se brindan para participar como membros das candidaturas nos comicios municipais.
Desta vez o PP de Galicia marcouse como obxectivo que participasen 400 galegos nas súas listas, cen por provincia. Creo que é moi loable que unha persoa, sexa da opción política que sexa, se brinde para que calquera cidadán da aldeaq máis recóndita de Euskadi poda votar á formación política que desexe.
Pero hai uns días descubríuse que na provincia de Pontevedra e en concreto na zona do Grove e Vilagarcía de Arousa foron varias as persoas que se enteraron que concurriran ás eleccións vascas formando parte de candidaturas do PP, e todo elo sen o seu consentimento falsificando a súa sinatura e aportando unha fotocopia do DNI que, presuntamente, alguén lle fixo sen o seu consentimento.
Máis dunha ducia de galegos presentaron denuncia ante este atropelo tan grave e a fiscalía xa tomou cartas no asunto. Non é o primeiro escándalo que xurde no PP de Pontevedra, que preside Rafael Louzán. Algúns deles podédelos ver aquí.
Así é como quere o PP facer de Euskadi un territorio máis democrático?

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Ayer la jueza de Cambados ya llamó al alcalde de O Grove a declarar como imputado, ahora empieza el desfile de cargos del PP, pero a quién se la cargará Louzán para no apandar él con las culpas?

Anónimo dijo...

Perdón al ex-alcalde, que ahora ya no gobierna el PP, sino el PSOE

Anónimo dijo...

O novo reloxo que puxeches no blog, gústame máis....

Anónimo dijo...

non sexas tan universal e fala da politica local

Anónimo dijo...

Ultimo anónimo, ¿quen eres ti para dicir de que teñen que falar os demais?

Anónimo dijo...

O EX-ALCALDE XA DÍ HOXE QUE EL NON TEN NADA QUE VER. a QUEN LLE CARGARAN O MORTO?