lunes, 6 de octubre de 2008

O voto electrónico

Varias veces estiven tentado a falar deste tema, que en certa medida é bastante espinoso nas zonas rurais, e hoxe vou a facelo.
Estou firmemente convencido que se queremos erradicar o voto cautivo (que aínda o segue a haber) habería que derogar o dereito que teñen os partidos políticos a repartir papeletas electorais no transcurso na campaña electoral.
Ó meu parecer o voto sería moito máis libre se un elector/a accedera a unha cabina na que nunha pantalla podera escoller e votar o seu candidato/a ou partido político.
Non creo que nas grandes cidades se dea o feito de que axentes electorais estean a repartir papeletas as portas dos colexios, ou que estean controlando as características do sobre que se trae da casa para ver se coinciden coas do seu partido, pero esto dase nalgunhas aldeas e vilas. Entón, creo que sería máis transparente non permitir que se repartiran votos na campaña electoral.
Por outra banda, creo que sería máis práctico, máis sinxelo (si, máis sinxelo tamén, aínda que haxa persoas reticentes ós avances tecnolóxicos) e máis limpo e rápido á hora do reconto se se establecera o voto electrónico.
Teño oído moitas veces que aquí non estamos prepareados para ese avance, xa que hai moita xente que non se entende cos ordenadores, que si é moi lioso, e non sei cantas cousas máis...
Este sistema está a funcionar en moitos países, un deles Brasil, que acaba de celebrar comicios locais esta pasada fin de semana. En Brasil o voto é obrigatorio (esto aínda que aquí nos soe extraño acontece en moitos países), e logo dunhas pequenas explicación todas as persoas exercen o seu dereito a sufraxio a través dun ordenador (incluso as persoas analfabetas).
O sistema é sinxelo: Nome do candidato, nome do partido, foto do candidato, logotipo do partido. Escoller, votar e confirmar. Todo elo despois de que un lector controle a nosa pegada dixital.
¿E por que aquí non se podería facer?

4 comentarios:

José-Luis Prieto dijo...

No sé si fue en el Estado norteamericano de Ohio, que se descubrió que el voto electrónico fallaba, eliminando votos recibidos por las candidaturas minoritarias.

Lo menos manipulable, es la verdad, es el voto en urna. Aunque lo cierto que debería eliminarse el mailing de papeletas de los Partidos, y que debería garantizarse la soledad del votante ante la Mesa Electoral.

rePreSsOrEs dijo...

Pois por partidos coma o teu non se pode. Negadesvos a calquer cambio da ley electoral. Tanto vos coma o PP coma o BNG

a.a.l. dijo...

E ti opinas algo ó respecto ou só sabes criticar.
(Por certo non hai máis que ler as babosasdas que dis no Foro La Región para ver de que calaña eres, independentista punto es)

Anónimo dijo...

'Porque non propoñer cousas novas dos programas en lugar de buscar divertir cambiando o modo de voto'

Non é seguro, costa diñeiro, e non cambia o estado de ben estar dos cuidadanos