viernes, 17 de octubre de 2008

Nace a Galisfera

Levábase tempo enxendrando. De pai ten a José Luis Prieto e de nai a Blas García (aínda que parza raro, pero os avances da ciencia son así...). De padriños e madriñas somos case 60 amigos/as de corte progresista e que pululamos pola blogosfera galega dende hai tempo.
Esperemos que sobreviva moitos anos e que serva para o que foi creada: un punto de unión entre todas e todos os que andamos pola rede e que "coxeamos da mesma perna", da esquerda.
Se reunides os requisitos precisos non tedes máis que poñervos en contacto co webmaster e seredes benvidos o clube con moito gusto.
Larga vida á Galisfera.
...por certo, aínda está en beta...

Al Gore e Su

Estes días anda Susana Bayo (para min segue sendo Su) por Amsterdan con Al Gore. Xa vos teño falado dela e do seu blog Planeta Su nalgunha ocasión.
Susana, ourensana de adopción, é unha das dúas persoas da nosa provincia escollidas polo equipo de Al Gore para poder transmitir o seu proxecto mediante conferencias. Su é unha firme defensora do medio ambiente e coa que é moi interesante charlar e intercambiar opinións. Dende aquí darlle a miña noraboa e dicirlle que a ver se volta pronto para tomarnos unha cañita.
Visitade o seu blog.