viernes, 27 de febrero de 2009

Pachi Vázquez, o maricón

Que non, que non, que o titular non é meu. Que eu non lle chamo maricón a Pachi, porque creo que non o é. E aínda que o fose, non pasaba nada, que para min esto é algo moi respetable.

O de maricón é a última perla que lle soltou o político máis rastreiro que hai por estes lares, José Luis Baltar. Aínda que xa teño dúbidas de se é el o máis rastreiro ou o é o seu fillo. Agora volo explico.

Estes días o PP ourensano está levando a cabo unha política barriobaixeira chea de insultos, falsedades e descalificacións. O ideólogo de todo este lodazal é a cabeza ilustrada do PP provincial, o tan querido e tan admirado entre a militancia do Partido Popular ourensano, José Manuel Baltar.

Nestes últimos días levan feito de todo. Ven que as contas non lle saen logo da metedura de pata de colocar como cabeza de lista a un señor que defraudou a Facenda. Agora teñen que apandar con que os electores do PP teñen que votar unha papeleta que vai encabezada por un señor que xa tivo que renunciar ó seu posto.

Agora pídenlle ós seus siareiros que voten igual, pero cos ollos pechados e o nariz tapado.

Pero ó que ía. Estes días a dereita ourensana está sacando a relucir a súa faciana máis porca. Hoxe publican unha contraportada nun xornal coa cara dos candidatos do PSOE e do BNG dicindo que non fixeron nada pola provincia. Onte noutro xornal, neste caso madrileño, acusaban a Pachi Vázquez de non ter pagado unha licenza de obra. Ese mesmo día os do PP repartían pasquíns en Celanova dicindo que si volvía gañar a esquerda lle íamos quitar as casas e as fincas á xente. Esta pasada noite, funcionarios do Concello e membros da executiva local "popular" eran pillados in fraganti repartindo uns folletos nos que usurpaban os logotipos do PSOE e difamaban contra o meu partido. Ó mesmo tempo, no Concello da Teixeira, os "populares" colgaban uns anónimos insultando ós compañeiros do PSOE locais. E mentres todo esto era orquestado dende a sede do PP en Ourense, o líder, o gurú, a gran testa da dereita ourensana comezaba a escupir insultos conta Pachi Vázquez, o noso cabeza de lista e secretario provincial. Del dixo que era un "miserable e sinvergüenza" e  non o dubidou dúas veces e soltou que "Está obsesionado comigo e eu non son candidato, non me presento, nin sequera son muller porque entonces entendería que me tivera gañas, se ten obsesión por min teño que dicir que é maricón". 

E aínda quedan mulleres ou homosexuais que lle voten ó PP. De verdade, non o podo entender. Maltrátanos deste xeito, de palabra ou de obra e seguen sendo incondicionais deste energúmenos. NON O ENTENDO.


A miña primeira caricatura

Onte convidoume o xornal La Región a que escribise unhas cantas liñas para publicar nun apartado que ven sacando todos os días dende que comezou a campaña electoral. A min tocaríame pechar esta sección logo de quince días publicándose. O título é O diario de Eladio Osorio.

Nel relato un pouco o que é un día de campaña para min. Estou acostumado a sair nas fotos dos xornais, na televisión, a que falen de min e a escribir eu tamén, pero aínda nunca ningún medio tiña publicado unha caricatura miña. Esta é a miña primeira vez. E a verdade é que me fixo gracia (espero que nun futuro me sigan parecendo graciosas). Por eso deixovos aquí a caricatura e o texto que a acompañaba.


Dende que teño uso de razón estou de campaña permanente, porque creo nuns ideais e defendo uns principios socialistas, e iso para min non é ningún esforzo, é todo un luxo. É certo que nestes días todo é moito máis rápido, máis concentrado, máis estresante. Non paro de queixarme por isto, pero no fondo gústame. Gústame moito.


O que peor se leva de todo isto é ter que sacar tempo de onde non o hai, e ó final acábollo roubando a quen máis quero, a Belén. Ela é a persoa que me dá folgos todos os días, sobre todo aqueles máis críticos, cando as cousas non saen como un ten previsto. O mellor para min, sen dúbida, o día do mitin de Castro Caldelas. É unha inmensa satisfacción poder encontrarme cara a cara cos meus veciños, con aqueles que me viron medrar na vila caldelá.


Ó ser candidato e responsable de actos multiplícase a responsabilidade e case non queda tempo nin para una caña cos amigos. Estes días son os grandes esquecidos. Pero a cambio son moitas as horas que convivo con ducias e ducias de persoas que desinteresadamente veñen a ofrecer o seu tempo a cambio de nada, só para traballar nun proxecto que nos une, o PSOE.


Hai un par de cousas que non deixo de facer todos os días de campaña: administrar o meu blog e estar ó tanto da miña conta en facebook. Grazas a isto podo estar en contacto con moitos simpatizantes e votantes que me fan consultas e propostas.


Ó mellor acto do PSOE ourensano en moitos anos


No tema de organizar actos do PSOE en Ourense xa teño algúns quilómetros enriba. Con esto non quero presumir de nada, é sólo para dicir que gracias á experiencia podo xulgar cando as cousas non saen ben e cando saen case perfectas.

Onte foi un deses días nos que case se rozou a perfección. Teño tres actos do PSOE grabados na miña retina. O primeiro deles cando vin a Felipe González no Pavillón dos Remedios alá polo ano 82 (aínda estaba eu en EXB), quedei marcado. O segundo, foi tamén con Felipe, en Expourense nunha cea-mitin cando dixo que deixaba a política, quedei desilusionado. O terceiro foi onte, había anos nos que non vivía un mitin con eses ambientazo e esa entrega da xente. Nin cando ten estado Zapatero houbo ese clima.


Eu case sempre sei de antemán cando nos mítines imos encher ou pinchar. Onte, por diversos motivos que non vou a explicar, pensei que iamos andar xustiños. O sitio é unha tragadeira de xente. Colócanse sillas e non se dá cuberto o chan con elas. E ademáis Expourense é un lugar moi insulso. Ademais de todo esto a montaxe era moi austera e non había absolutamente nada de merchandaising.

Pero onte errei. Cheo total a rebentar. Centos, centos e centos de socialistas de pe polos pasillos e esquinas. Incluso tiveron que abrir un espacio a maiores nunha segunda planta para poder colocar máis xente. Pero o que máis me sorprendeu foi o emocionada que estaban os asistentes. Houbéseme gustado saber cantas veces se cortaba a Paco Pachi ou de la Vega cos aplausos, porque case non os deixaban de falar.

Algúns periodistas comentábanme que ver a miña cara durante o acto era un poema. A ver se me pasan algunha foto e xa a colgarei no blog.

Máis de catro mil persoas aplaudindo. Paco dando o mellor discurso que lle escoitei nunca. Pachi coma sempre, un verdadeiro crack, nunca me cansarei de decilo. E como guinda, María Teresa Fdez de la Vega despertando esas emocións que os/as socialistas levamos dentro.

Tardamos media hora en dar chegado a saliña de autoridades, falamos outra media hora e cando imos sair á rúa.....sorpresa......trescentas persoas esperaban fóra para poder saudar á vicepresidenta do goberno.

Tardarei en esquecer este día


domingo, 22 de febrero de 2009

A campaña electoral e o entroido

Unha campaña electoral que cadra co entroido dá moito de si, e máis en Ourense. O sábado a noite saín a tomar uns viños cuns amigos e atopeime con este personaxe emulando ó cabeza delista descabezado do PP ourensano, por terlle descuberto uns cartiños (240.000 €) cobrados a través duns paraiso fiscal, as Illas Caimán. 

viernes, 20 de febrero de 2009

E segue a campaña

E seguimos dalle que te pego, de concello en concello. A verdade é que onte e hoxe foi o día das anécdotas.

Onte andivemos con Pachi por Trives, Cabeza de Manzaneda e Castro Caldelas. Para min este é o día máis esperado porque imos o meu pobo, e teño que recoñecelo, éncantame poder falar alí, diante de todos os meus coñecidos.

Pero un pouquiño antes enterámonos de que Núñez Feijóo estivo facendo unhas declaracións dinate dunha explotación de vacas de leite e ó remate preguntoulle o gandeiro dono da facenda porque todas as reses levaban nome feminino. Este aínda non se enterou de que nas explotacións gandeiras de leite, de momento, non se munguen os bois, só se munguen as vacas.

O cabo dun rato veu a segunda anécdota, chámanme por teléfono da sede do PP de Ourense para ver se quería ir de interventor do Partido Popular nas vindeiras eleccións, eu díxenlles que si, que non tiña ningún problema, e eles citáronme para que pasase pola súa sede antes das oito provisto do D.N.I. Moi mal teñen que andar de efectivos cando chaman ós candidatos do PSOE para que lles boten unha man o día 1.

Eu que a veces son moi mal pensado dame que estes do PP se fixeron co meu teléfono porque traballo na Deputación de Ourense de asesor do PSOE e creo que chamaron a feito a todos/as os/as traballadores da institución provincial (que é moi famosa por ter empregados a centos de cargos, axentes e colaboradores do PP ourensano).

Hoxe cando iamos con Touriño polas rúas de Ourense atopámonos con Montoro (ex-ministro do PP) e díxonos que estaba traballando para que o Presidente da Xunta deixase de selo, e unha muller berrou por detrás: pois tédelo crudo.

Xa vos seguirei contando como vai todo esto.

miércoles, 18 de febrero de 2009

O Carballiño, Ourense, Ribadavia, Taboadela, Maside, Xinzo, Laza, A Veiga, Cea, Verín, Castro Caldelas.......buuuufffff....... e seguimos, e seguimos

Levo uns cantos días sen escribir, pero é que non dou máis. Hoxe saquei dez minutiños de non sei onde para contar algo, pero esto é un sin parar.
Dende o xoves, e en 6 días levamos 52 actos. E esto canto máis avanza máis actividade ten. Xa tivemos entre nós a Zapatero, Touriño (un par de veces), Pepe Blanco (outras dúas e virá outras tantas máis), Leire Pajín, Rubalcaba, Elena Espinosa, e aínda nos quedan uns 100 actos máis incluído un peche de campaña espectacular coa Vicepresidenta do Goberno.
Durante toda esta campaña facemos de todo, imos a entrevistas e debates ás radios e a televisión, repartimos publicidade, damos mítines, escoitamos mítines, e en moitos casos case non se nos ve nos actos (como a min na foto de arriba, medio enguriñado) porque como non collemos todos, algúns temos que axudar a colocar á xente e logo sair para fóra.

Procurarei sacar algún hoco máis no que queda de campaña e seguir contándovos cousas. Cos/as que me teñades agregado no facebook será máis doado comunicarme porque o podo facer a través do móbil, pero o do blog require o ordenador e é moito carrexar de acto en acto.


sábado, 7 de febrero de 2009

Destino Illas Caimán (os tinglados do PP II)



Xa sabemos en que praias e baixo que cocoteros pasan as vacacións algúns do PP. Pillaron á fichaxe estrela de Núñez Feijóo coas mans na masa.

O número 1 do PP galego presumiu ata a saciedade de que ó cabeza de lista dos populares ourensanos o colocara el, gañandolle a partida a Baltar, restregoullo pola cara ata que Balatr tivo que recoñecer que nesa operación el non tiña nada que ver, aínda que a avalaba.


Baltar nunca lle predonou esto a Feijóo, e dende ese mesmo momento comezaron a circular os dossieres, e tardaron pouco en axudarnos a aprender un pouco máis de xeografía, porque agora xa todos/as os/as ourensanos sabemos onde se atopan as Illas Caimán.

Núñez Feijóo asegurou días atrás que Luis Carrera Pásaro, o cabeza de lista do PP por Ourense ía ser o garante dos nosos cartiños se os do Partido Popular gañaban as eleccións.


A min gustariame que nos explicase agora esto que dixo días atrás, se tan bo era hai unha semana, como é que agora é tan malo?

Tería que explicar o señor Feijóo onde coñeceu a Carrera Pásaro, acaso foi tomando o sol nunha tumbona das praias das Illas Caimán.

O PP escondese e ten moitísimas cousas que explicar, pero ó mellor quen sabe moito desto é Baltar, porque está claro que foi do seu entorno de onde sairon estes dossieres, senón como xustificades que o sheriff dos "populares" ourensanos estea dando saltos de ledicia.

A esto hai que sumarlle as detenccións de Garzón coa presunta trama de corrupción urbanística ligada ó PP. Entre os detidos hai un vello coñecido de Baltar, o número dous do seu íntimo amigo, xa falecido José Cuíña.

Baltar trataba moito a Pablo Crespo Sabarís, unha das cabezas pensantes do PP galego en época de Cuiña, e un dos que arranxaba algúns problemillas por ahí, vos xa me entendedes, non se pode dicir máis.

Está claro que o PP está putrefacto e descomponse por todos os frentes. Esta é unha guerra de coitelos afiados ó estilo da que se traen en Madrid entre Rajoy, Aguirre, Gallardón e os espías.

Mañá sigo a contarvos máis cousas, que esto creo que dá para escribir un libro. Voume tarareando unha canción: " Se va el caimán, se va el caimán, se va pa....."

Os tinglados do PP (I)



Cárganse ó cabeza de lista por Ourense porque din que tiña irregularidades coa Facenda, pero a relaidade é que no Partido Popular souberon que a Cadena Ser ía facer público un dossier que parece ser que chegou dende a Rúa do Progreso en Ourense onde se pon en evidencia que o candidato Carrera Pásaro cobrou 240.000 nun paraíso fiscal, máis concretamente nas Illas Caimán. Mañá contovos os pormenores que demos hoxe nunha rolda de prensa.

O axente Feijóo 009 non dá feito entre espías de Madrid, corrupción do seu anterior secretario de organización (detido hoxe por Garzón), e agora o do candidato do PP por Ourense, pero el en vez de poñerse ó fronte de todo esto escapou hoxe mesmo para Arxentina.

E esto era o "Recargando Galicia", agora xa o entendo todo.

Escoitade o audio da Cadena Ser, non ten desperdicio.


martes, 3 de febrero de 2009

Os galácticos


Baltar, na provincia de Ourense, tennos acostumados cada vez que hai Eleccións ó Parlamento Galego a fichar a algún galáctico. Pon de cabeza da candidatura a descoñecidos/as que nunca estiveron en política e encumbraos durante quince días, pero ó pasar os catro anos da lexislatura desfaise deles.

Esto aconteceu hai oito anos con Inmaculada Rodríguez, hai catro con Amparo González e agora pon (ou máis ben, desta vez, póñenlle) a Luis Carrera. Augúrolle mal futuro político a este último vendo ó que ten acontecido no pasado.

Pero o que desta vez é unha novidade é a fichaxe de Pedro Arias como número dous do PP pola Coruña. Este home, que ven do Partido Comunista e que logo estivo como concelleiro con Paco Vázquez é a fichaxe estrela do PP coruñés.

Eu non sei que opinan os que están na dirección do Partido Popular sobre este tema, pero si que coñezo a opinión de algúns coñecidos que militan no partido da gaivota, e mellor non volas reproduzo aquí porque algún tachariame de empregar insultos do meu cuño. Pero anímovos a que fagades unha pequena enquisa entre os vosos coñecidos do PP, xa veredes.

lunes, 2 de febrero de 2009

Un día de tolos


Escribo esto un día despois de que rematase ese "día de tolos". É certo que nas campañas e nas precampañas andamos todos/as a cen, pero hai uns días que andamos máis a cen que outros.

No PSOE de Ourense levabamos tres días organizando unha cea cos douscentos empresarios/as máis "representativos" da sociedade ourensana para que escoitaran a Pepe Blanco, e toda esta organización xa nos levaba comidas moitas horas e moitos esforzos. Nunca se sabe o que hai que traballar nunha organización de algo hasta que se está no meollo.

Pero vouvos a contar, este día de tolos comezou arrincado cediño cara a Pontevedra onde tiñamos un acto todos/as os/as candidatos/as do PSdeG-PSOE ás vindeiras eleccións. O acto prolongouse, como é costume. Logo coller o coche e marchamos a 120 (respectando todas as sinais de tráfico, máis ou menos) para estar nun pequeno acto en Carballeda de Avia con Pepe Blanco. Rematamos rapidiño e fómonos a comer a San Clodio o Vicesecretario do PSOE e dez ou doce persoas. Teño que dicir que a comida boísima, pero rematamos ás 6 da tarde. Había moito tempo que non vía uns camareiros tan pausados para servir.

Co bocado na boca marchamos para o Balneario de Laias, en Cenlle, a unhas xornadas sobre termalismo, e cando estaban pola metade marchamos a toda presa para o Hotel Auriense no Cumial (San Cibrao das Vilñas) para comezar cos preparativos da cea.

A cea tiña a súa hora de comezo ás 9 da noite e na sala había 210 cubertos, todos contados e con nome e apelidos. Tiñamos unha organización do acto perfecta. 

Pero como todo o perfecto tende ó imperfecto, ás nove menos cinco preséntansenos quince persoas de máis que non tiñamos contabilizadas (non era hora de ver quen cometera o erro, eso era o de menos, era hora de solucionar o problema). Na sala, en princio, non cabía nin unha agulla máis. Pois non me preguntedes como, fomos quenes de meter a esas quince persoas, e a unha máis na mesa presidencial. E o máis bonito é que case ninguén se deu conta de todo este tinglado.

Despois de todo este día tan axetreado, nin me prestou a cea. Pero a verdade é que ó ver que todo sae a pedir de boca quédase un cunha satisfacción moi grande.

Quen me ía dicir a min hai cinco anos que nunha comida que preparase o PSOE en Ourense para invitar a 80 ou 100 empresarios teriamos que meter a 215 porque ninguén se querría perder a ocasión.

Como cambian as tornas.