lunes, 2 de febrero de 2009

Un día de tolos


Escribo esto un día despois de que rematase ese "día de tolos". É certo que nas campañas e nas precampañas andamos todos/as a cen, pero hai uns días que andamos máis a cen que outros.

No PSOE de Ourense levabamos tres días organizando unha cea cos douscentos empresarios/as máis "representativos" da sociedade ourensana para que escoitaran a Pepe Blanco, e toda esta organización xa nos levaba comidas moitas horas e moitos esforzos. Nunca se sabe o que hai que traballar nunha organización de algo hasta que se está no meollo.

Pero vouvos a contar, este día de tolos comezou arrincado cediño cara a Pontevedra onde tiñamos un acto todos/as os/as candidatos/as do PSdeG-PSOE ás vindeiras eleccións. O acto prolongouse, como é costume. Logo coller o coche e marchamos a 120 (respectando todas as sinais de tráfico, máis ou menos) para estar nun pequeno acto en Carballeda de Avia con Pepe Blanco. Rematamos rapidiño e fómonos a comer a San Clodio o Vicesecretario do PSOE e dez ou doce persoas. Teño que dicir que a comida boísima, pero rematamos ás 6 da tarde. Había moito tempo que non vía uns camareiros tan pausados para servir.

Co bocado na boca marchamos para o Balneario de Laias, en Cenlle, a unhas xornadas sobre termalismo, e cando estaban pola metade marchamos a toda presa para o Hotel Auriense no Cumial (San Cibrao das Vilñas) para comezar cos preparativos da cea.

A cea tiña a súa hora de comezo ás 9 da noite e na sala había 210 cubertos, todos contados e con nome e apelidos. Tiñamos unha organización do acto perfecta. 

Pero como todo o perfecto tende ó imperfecto, ás nove menos cinco preséntansenos quince persoas de máis que non tiñamos contabilizadas (non era hora de ver quen cometera o erro, eso era o de menos, era hora de solucionar o problema). Na sala, en princio, non cabía nin unha agulla máis. Pois non me preguntedes como, fomos quenes de meter a esas quince persoas, e a unha máis na mesa presidencial. E o máis bonito é que case ninguén se deu conta de todo este tinglado.

Despois de todo este día tan axetreado, nin me prestou a cea. Pero a verdade é que ó ver que todo sae a pedir de boca quédase un cunha satisfacción moi grande.

Quen me ía dicir a min hai cinco anos que nunha comida que preparase o PSOE en Ourense para invitar a 80 ou 100 empresarios teriamos que meter a 215 porque ninguén se querría perder a ocasión.

Como cambian as tornas.




4 comentarios:

xardonmanrofer dijo...

¿e porque no che prestou a cea?
¡Debes sentir orgullo! o que fai o que debe, ten cea de sobra; fai o que pensa e loita.
Xa sei...doutras maneiras...
Meu saudo e unha aperta.
Animo

Anónimo dijo...

Falei co meu pai pra tranquilizar o seu empeño: quixo ir pra lugo, queria estar cerca de Emilio e máis con ZP, ¡non puiodo! non por os anos (89) ¡Polo tempo!
Anda fodido pero ya tendra outra ocasion...¡seguro!

Anónimo dijo...

No ti, cando as contas, tamen as contas gordas...

Anónimo dijo...

Como se nota que estamos en campaña electoral. Durante 4 anos sen facer nada e agora non chegan as horas do día. A política faise durante os 4 anos e non no último mes.