jueves, 19 de junio de 2008

Moción de censura en Trives. Perdón, perdón, perdón...

Perdón, perdón e perdón. É o único que nos queda por pedir ós/ás socialistas ante os seus votantes de Trives.

A moción de censura entre os/as concelleiros/as do PP e os ex-concelleiros do PSOE non ten xustificación nin é entendible. O adversario natural dos/as socialistas en Galicia é o Partido Popular, e as persoas que encabezaron a candidatura do PSOE en Trives, agora pactan cos que levan 20 anos gobernando, inadmisible...

Como xa dixo onte o Secretario Provincial do PSdeG-PSOE en Ourense, Pachi Vázquez aquí saen a frote "os odios personaisque superan ós intereses dos cidadáns". Á "inconsecuencia política dos nosos ex-compañeiros" únese " a ineficacia absoluta dun alcalde que nunca entendeu que sen maiorías non pode gobernar, e que o está facendo moi mal". Por elo, todo o acontecido é un "fracaso colectivo".

É certo que o actual alcalde acadou tal posto gracias ós votos do PSOE, e que este expulsou do goberno ós concelleiros socialistas ós poucos meses. Non se pode gobernar un concello en minoría con arrogancia e prepotencia como se estaba a facer. Pero aínda así ó PSdeG-PSOE en Trives votouno xente progresista que non quería ter un alcalde do PP. Por esto, é inadmisible que dous socialistas apoien como alcalde a alguén do PP.

Paco de Río e Jaime Álvarez deberían entregar as actas de concelleiros e renunciar a seguir na corporación trivesa, e darlle a oportunidade a outros compañeiros socialistas de buscar unha saída a este problema.

Faltou diálogo en Trives, por todas as partes. Cando non hai maiorías hai que negociar todos os temas, pero en Trives non o souperon facer.

Tamén compre dicir que o PSOE xa amenazara a víspera da presentación da moción de censura ós concelleiros socialistas coa súa expulsión se asinaban a mesma.


Os dous concelleiros que ían na candidatura do PSOE, antes de asinar a moción de censura, déronse de baixa no Grupo Municipal Socialista e pasáronse o de non adscritos, polo tanto eu entendo que teñen que ser considerados tránsfugas. En consecuencia o PP non pode avalar esta censura por estar incumplindo o Pacto Antitransfuguismo.
De todos os xeitos, e aínda que nesta historia hai culpas para todos porque cometemos moitos erros dende todos os bandos e dende o inicio de toda esta andaina, eu como Secretario Comarcal do PSdeG-PSOE en Trives-Caldelas só quero acabar como comecei. Pido disculpas ós/ás triveses/as porque creo que non se merecen todo este culebrón.