martes, 27 de febrero de 2007

Un asasino quérese converter en mártir.

Juan Ignacio de Juana Chaos, un asasino de ETA, un verdugo que foi quen de decidir sobre a vida dos demais, está en folga de fame.
Esta folga de fame é unha medida de presión para que sexa liberado da súa condea e así poder demostrar ó mundo abertzale que así pódese doblegar ó Estado.
Hai días os seus avogados grabaron un vídeo e realizaron unhas fotos (esta é unha delas) para demostrarlle ó mundo o ruín que é o Estado Español e como trata os presos de ETA.
Compre dicir que ata o de agora De Juana era alimentado por orde xudicial mediante unha sonda, pero hai uns días el mesmo arrincouna, para presionar máis todavía. E por eso polo que debe ser atado para poder cumprir a orde xudicial.
De Juana, baixo ningún concepto, debe ser liberado por motivos humanitarios, como se fai con otros presos. Esta situación foi provocada por el mesmo deliberadamente. Existen outros casos de liberacións pero de presos terminais ou moi graves de enfermedades non provocadas por eles mesmos.
O terrorista de ETA debe ser mantido, obligatoriamante, e empregando os métodos precisos con suero. Este desalmado o único que pretende é provocar a súa morte e converterse nun martir da esquerda nacionalista vasca. Por nada do mundo o Estado pode permitir que eso aconteza. De Juana debe cumprir a súa condea e logo ser liberado, pero este asasino non é quen de converterse nun mártir. Un asasino vil e cruel é sinxelamente eso un asasino.

lunes, 26 de febrero de 2007

"O Conseguidor"

Esta fin de semana podiamos ler nunha reportaxe do diario El Pais "unhas curiosidades" sobre o xenro de Aznar, Alejandro Agag.
Segundo o artigo: "Encantador, listo e un pouco frívolo. Educado polo Opus. Mestre do halago. Adicto a súa boa estrela. Pagado de sí mesmo. Subestimar a Alejandro Agag é un erro. Non é tonto. Detrás do seu sorriso escóndese un frío calculador envolto en boas maneiras. Ambicioso. Entusiasta dun modelo de sociedade á italiana na que se misturan política, negocios e medios de comunicación. Agag non quere ser Aznar; Agag quere ser Murdoch ou Berlusconi: ter cartos, poseer televisións e manexar a primeiros ministros. Para Agag é moitomáis influir que mandar."
"Agag nunca volverá á política, prefire gañar cartos. E facer que os gañe o seu sogro como conselleiro de News Corporation, o holding de Robert Murdoch, e como columnista dun dos seus xornais, The Wall Street Journal. No PP corren os chascarriños sobre a parella. "¿Quen é agora o axudante?". Pregúntase un histórico. Outro afirma: "En vez de chamar a Agag xenrísimo, teremos que comezar a chamar a Aznar sogrísimo".
Pois sí señor menudo personaxe "o yernísimo", non deixedes de ler a reportaxe porque ides descobrir moitas lindezas do cabeza do clan de Becerril

jueves, 22 de febrero de 2007

Madredeus - Oxalá (Hoping)

Nunca esquecerei as dúas veces que puiden ver e escoitar en directo a Madredeus. Son un fiel seguidor do grupo dende os seus comezos e non deixa de sorprenderme máis e máis cada día. Son un grupo que infunde unha grande tranquilidade e paz interior..Madredeus beben do fado, ou da música e poesía popular portuguesa dos últimos tempos (claveis e movimento, José Afonso e Pessoa...) Téñenos definido como minimalistas, clásicos e modernos... pero creo que escoitando a música de Madredeus o tema case é trivial... o que me volve tolo é a voz de Teresa, escoita como susurra...Madredeus naceron nunha igrexa lisboeta e tomaron o seu nome dela, son Pedro Ayres Maglhâes, Teresa Salgueiro, Francisco Ribeiro, José Peixoto, Carlos Trindade, Gabriel Gomes e, paralelamente, Rodrigo Leâo; pero tamén son a cidade. Disfruta da súa música neste vídeo, pero se os queres desfrutar de verdade telos que escoitar pola Alfama, pola Baixa ou calquera outro barrio lisboeta.

martes, 20 de febrero de 2007

Arranxo da estrada Castro Caldelas - Monforte de Lemos

Durante a campaña das Eleccións Autonómicas de 2005 o PSdeG-PSOE adquiriu un compromiso cos veciños e veciñas de Castro Caldelas, o arranxo da estrada dende a vila ata Monforte de Lemos. O cabeza de lista Manuel "Pachi" Vázquez e máis eu fixemos nosa a reivindicación que viñan reclamando os membros da Asociación de Empresarios da Terra de Caldelas. Hai uns meses saiu a obra a concurso, e xa foi adxudicada. Segundo a información que teño, as obras comezaran antes do fin do mes de marzo. A mellora desta estrada era unha vella reivindicación dos habitantes dos concellos de Monforte de Lemos, Sober, A Teixeira e Castro Caldelas. Esta vía de comunicación sérvenos os caldelaos para acceder a N-120, pero tamén é aque empregan os centos de visitantes que se achegan a coñecer a Ribeira Sacra e a viaxar nos catamaráns polo Canón do Sil. A verdade é que nós asumimos este reto posto que creíamos que era de vital importancia para o desenvolvemento da bisbarra o seu arranxo, elogo de asistir atónitos ó paso de dezaséis anos de goberno de Fraga e observar como esta vía de comunicación seguía sumida no seu máis total abandono. Hoxe creo que é un día de ledicia e satisfacción para todos os caldelaos, posto que pronto poderemos ver o inicio destas obras.

jueves, 15 de febrero de 2007

¿Pero e este home pode durmir tranquilo?

Estate sinalando a ti. Di que el non foi, que ó mellor fuches ti. Di que el non meteu a ninguén en guerra. ¿E eso das armas de destrucción masiva que é...? Si señor, José Mari ven de dicir que el hoxe sabe que en Iraq non hai armas de destrucción masiva. A boas horas.... ¿Pero e este home pode durmir tranquilo?. Este señor é un dos culpables de que a día de hoxe segan a morrer centros de iraquís e ducias de soldados de varios países todas as semanas, Este é o home que provocou as iras duns desalmados terroristas segando a vida de 191 persoas en Madrid e logo un Geo. E este "getas" ten o santo valor de dicir que agora se dá conta de que non había todas aquelas armas que el, Bush, Berlusconi e Blair nos aseguraban que tiña Sadam. Dende logo eu creo que se poden cometer moitos erros na vida, pero levar a un país a guerra para que che deixen facer unha foto cos pes en riba da mesa e acompañado dun ignorante e atrevido que cre gobernar todo o mundo, eso é moito. Por eso señor Aznar deséxolle, de todo corazón, que agora que xa sabe que en Iraq non hai armas de destrucción masiva sexa incapaz de conciliar o sono pensado en todas esas mortes das que vostede tamén é responsable.

"Puede estar usted seguro, y pueden estar seguras todas las personas que nos ven, que les estoy diciendo la verdad. El régimen iraquí tiene armas de destrucción masiva, tiene vínculos con grupos terroristas y ha demostrado a lo largo de su historia que es una amenaza para todos. Justamente ahí reside la dureza de las responsabilidades que hay que asumir"
"Cualquier persona que leyese por esas fechas los diarios internacionales más prestigiosos sabía que existían o podían existir fundadas sospechas de conexiones del régimen iraquí con elementos terroristas" ( Porto Rotondo (Cerdeña).- 05.09.03)
" Todo el mundo pensaba que en Irak había armas de destrucción masiva y no las había, yo lo sé ahora. Tengo el problema de no haber sido tan listo de haberlo sabido antes. Cuando yo no lo sabía, nadie lo
sabía "( Aznar. Pozuelo.08.02.07 )
" Parece que no había tales armas (de destrucción masiva) y que la ONU se equivocó..."(Dixit ahora Mariano Rajoy. El Mundo. 07.10.04)
" Mire usted
, que Irak tenía armas de destrucción masiva y que las tiene es casi un hecho objetivo. Yo tengo la convicción de que aparecerán las armas de destrucción masiva " (Dixit Mariano en pleno ataque compulsivo.27-04-03)


1. DECLARACIONS NO CONGRESO DOS DIPUTADOS
O presidente do Gobierno, José María Aznar, esgrimiu nas súas tres comparecencias no Congreso dos Diputados que o réxime iraquí tiña armas de destrucción masiva e negábase a destruilas. Esas armas, que aínda non apareceron, e a súa destrucción para que non caíran en mans do terrorismo internacional, foron o seu principal argumento para xustificar a guerra de Iraq.
5 DE FEBREIRO. PRIMERA COMPARECENCIA : " Que Sadam renuncie a sus arsenales de ADM "
"Es imprescindible el cumplimiento de las resoluciones de las Naciones Unidas que obligan a Irak a desarmarse, eliminando los arsenales de destrucción masiva que ya se ha comprobado que posee".
"El objetivo que persigue el Gobierno es el de la comunidad internacional: que Sadam Husein se desarme, que renuncie a sus arsenales de armas de destrucción masiva ante los inspectores".
"Todos sabemos que Sadam Husein tiene armas de destrucción masiva. (...)
Todos sabemos también que Husein tiene armas químicas. Los informes de enero de 1999 de los inspectores de las Naciones Unidas expulsados por Irak no dejan lugar a dudas: sus arsenales contenían más de 3.000 toneladas de precursores químicos, 300 toneladas de agentes químicos en bruto y 30.000 municiones especiales para la guerra química".
"En su informe al Consejo de Seguridad, el pasado 27 de enero los inspectores han enumerado con claridad los puntos en los que Irak ha incumplido sus obligaciones impuestas: no ha dado cuenta del agente nervioso VX producido y no declarado; no ha explicado el destino de mil toneladas de agentes químicos que conservó tras la guerra con Irán; no ha dado cuenta de 6.500 proyectiles para carga química; no ha demostrado la destrucción de 8.500 litros de ántrax; no ha detenido la producción de misiles con un radio de más de 150 kilómetros; no ha revelado el destino de 380 propulsores de misiles con agentes químicos que fueron introducidos de contrabando el mes anterior en el país".
"El de Sadam es un régimen de terror que no ha dudado en emplear armas de destrucción masiva en las guerras que ha promovido contra sus países vecinos y contra su propio pueblo. Existen vínculos con grupos terroristas como Abú Nidal, como la organización de Muyahidines Khalq, como el grupo Ansar-el-Islam o como la fracción de Abú Abbas. También es sabido con qué generosidad recompensa a los terroristas suicidas de Hamás".
"Sabemos que diversos grupos terroristas en todo el mundo están intentando obtener los materiales químicos y bacteriológicos, y sabemos que el régimen de Bagdad está en condiciones de ofrecérselos. El uso de armas químicas o bacteriológicas por estos grupos, desgraciadamente, no es una ficción".
18 DE FEBRERO. DESPOIS DA MANIFESTACIÓN : " El mundo espera el desarme de Irak
"
"Sadam Husein es el único gobernante en el mundo que ha utilizado armas químicas, tanto contra sus enemigos exteriores como contra su población".
"Sadam Husein tiene la llave para resolver esta crisis. El mundo espera el desarme de Irak. Millones de personas lo han pedido en las calles de todo el planeta este fin de semana. Es lo que todos queremos".
"La presión internacional y la amenaza del uso de la fuerza producen resultados. Nos encontramos cada vez más cerca de alcanzar el necesario desarme de Irak en armas de destrucción masiva, que es el objetivo fundamental de la comunidad internacional".
6 DE MARZO. A DUAS SEMANAS DA GUERRA : " El régimen iraquí miente sobres sus armas "
"Lo que se le ha exigido a Sadam Husein no son gestos, es el desarme completo, incondicional e inmediato".
"Ya le digo que de aquí al viernes o sábado aparecerán misiles traspapelados, o bidones cuya existencia nadie conocía, pero todo eso no hace sino ratificarnos y abrigar los peores temores".
"El régimen iraquí miente sistemáticamente sobre sus arsenales de destrucción masiva".
"Que Sadam deje de ser una amenaza, que desaparezca el riesgo de que sus armas de destrucción masiva caigan en manos de terroristas son intereses nacionales de nuestro país".
"Los nuevos riesgos no son sólo una amenaza. Lo ocurrido el 11 de septiembre en EE UU o la matanza de Bali así lo demuestran".
2. DECLARACIONS EN TV
Además de en sus comparecencias en el Congreso, el presidente José María Aznar, utilizó
el argumento de las armas de destrucción masiva en las entrevistas que concedió a diversos medios de comunicación. Lo que sigue es un extracto de sus declaraciones a las tres principales cadenas de televisión, así como de su declaración institucional al inicio del conflicto bélico.
- Antena 3. (13 de febrero)
"El régimen iraquí, porque contra el pueblo de Irak no hay nada, tiene armas de destrucción masiva".
"Puede estar usted seguro, y pueden estar seguras todas las personas que nos ven, que les estoy diciendo la verdad. El régimen iraquí tiene armas de destrucción masiva, tiene vínculos con grupos terroristas y ha demostrado a lo largo de su historia que es una amenaza para todos. Justamente ahí reside la dureza de las responsabilidades que hay que asumir".
- Tele-5. (10 de marzo)
"Sadam Husein es un dictador; es un dictador sanguinario; es un dictador que tiene armas de destrucción masiva; es un dictador que tiene relación con grupos terroristas; es un dictador que vulnera las Resoluciones de las Naciones Unidas; es un dictador que ha gaseado a su pueblo; es un dictador que ha invadido países vecinos; es un dictador que asesina a sus ciudadanos. No confío nada en Sadam Husein".
"Sadam Husein debe recibir un mensaje muy claro. Él y todos los dictadores en el mundo que puedan almacenar armas de destrucción masiva, que puedan tener conexiones con los terroristas, todos los grupos terroristas, tienen que recibir un mensaje y es que la legalidad internacional va a ser respetada".
- TVE. (21 de abril)
"La mejor noticia que ha podido pasar es que el conflicto ha terminado".
"Estamos descubriendo muchas cosas en Irak, no se ha hecho nada más que empezar y estoy absolutamente convencido de que esas armas, que existen, acabarán apareciendo".
"Si el mundo puede caer dominado por dictadores, con conexiones terroristas, con armamento de destrucción masiva, el mundo será mucho más peligroso".




Agora farán como no tema das negociacións con ETA e dirán que eles nunca afirmaran que Iraq tiña armas de destrucción masiva. Este é o PP e eles son así.......

miércoles, 14 de febrero de 2007

O Blog de María Amelia

Quixera inaugurar o meu blog invitándovos a todas e todos a visitar unha das experiencias na rede máistenras e bonitas que nunca vin. María Amelia cumpliu 95 anos hai uns días, e o seu neto regaloulle un blog. Como María Amelia non pode escribir díctalle o seu neto os seus comentarios, reflexións e vivenzas. María Amelia é de Muxía e é socialista ata a médula. A súa páxina non ten desperdicio, é do mellorciño que teño visto pola rede. Para elo xulgade por vos mesmos. http://amis95.blogspot.com

martes, 13 de febrero de 2007

Benvid@s tod@s

Hoxe nace un novo blog. A partir de hoxe esta será a libretiña virtual na que vaia anotando todas as miñas inquedanzas. Estas notas xirarán, en principio, sobre dous grandes temas, a comarca de Caldelas e a política. Máis adiante irei engadindo algunhas outras cousas, xa veremos. Gustaríame que aquí poidese escribir quen quixera con total liberdade, pero eso sí e co maior respecto as persoas. Espero que neste espazo se poida respirar liberdade e tamen fraternidade. Unha aperta a todas e todos e gracias por visitarme.